ACTA DA ASEMBLEA DO 7/06/2013

ORDE DO DÍA:

1. Avaliazón do ciclo de palestras. Contas públicas do recadado, así como uso actual e futuro do obtido no Concerto.

2. Avaliazón da manifestación contra a Troika.

3. ¿¿AAO15M Constituímonos como “Nodo da Auditoría da Débeda”??.

4. Falar da proposta do comedor social. Deixo o informe que presentou cáritas.

5. ¿¿AAO15M sumamonos á “Plataforma ContraMINAción” e á “Plataforma polo Aborto Gratuíto” (e libre e na sanidade pública)??

6. Stop Desafiuzamentos: estado, “Pleno no Concello” o venres 07/06/2013.

7. Pleviscito do 23 o 30 de Xuño

8. Quere seguir AAO15M Ourense en Marea Cidadá Ourense.

1º-Avaliazón do ciclo de palestras. Contas públicas do recadado, así como uso actual e futuro do obtido no Concerto.

(Respecto deste punto, queda pendente reunirse o grupo de traballo e levar as valoracións, as contas e as propostas á asemblea).

Toda a xente garda un bo sabor de boca, pero hai cousas como internet, como o son e como o cambio de sala nas últimas palestras que se deben avaliar para tentar mellorar.

Pénsase en repetir posiblemente outro ciclo, para inverno.

Acábanse de comprar 30 camisolas de Stop Desafiuzamentos cun custe de 150€.

Total de contas: algo máis de 800€ (será definido cando se reuna o grupo de traballo)

2º-Avaliazón da manifestación contra a Troika.

Roberto deixa iste plantexamento da plataforma conta a minería (ContraMINAción) no tocante a inclusións de formacións políticas nesa platafoma, paréceme moi interesante:

A rede está aberta a tódolos colectivos que queiran participar, agás aos partidos políticos. Entendemos que hai partidos políticos que desexan participar dun xeito honesto da rede, mais son numerosos os intentos de apropiación partidaria e manipulación deste tipo de redes  por parte dos partidos políticos e non queremos correr o risco.

As persoas que pertenzan a un partido político poderán participar a titulo individual sen facer mención expresa do seu partido. Tamén damos a benvida ao apoio dos partidos políticos ás accións da rede.   

Unha plataforma non é un un movemento. As plaformas son puntuais, os movementos son de outro calado e outra duración no tempo. Non se poden confundir“.

 De acordo co punto, AAO15M considérase totalmente apartidista.

 

Procédese á lectura da carta de Celine.
Sela plantéxase e posiciónase a favor da carta de Celina, na que se pide un apartidismo total do movemento.
Dani comenta que no momento da rolda de prensa de Marea Cidadá, por el non sigue como portavoz, xa que é un problema menos para el.
Concorda con moitas cousas do texto, pero non lle parece que estén buscando rédito partidista.

Manuela comenta que está a favor do texto tamén, e de que unha iniciación deste debate salta por culpa da noticia, considerando o titular de dita noticia bastante sensacionalista.

Roberto opina que esto pode ser un bo plantexamento de cara a AAO15M e MAREA CIDADÁ.

Posible nota de imprensa aclarando istes puntos nas dúas, ante a recente polémica xurdida na imprensa. O artigo no diario “La Voz de Galicia”, cun titular claramente tendencioso, no seu interior non mentía, os partidos políticos están en Marea, eso é así. Está claro que ó fan para meter merda e debilitar, o cal non quita que teñamos que replantexar a existencia de partidos como tal no movemento. Baixo a máxima de que o importante e facer cousas e non quen as fai ou visualizar quen as fai, entendo que se alguen quere participar na plataforma pode facelo, sexa dun partido ou non, pero sen necesidade de visualizar esa pertenencia a unhas siglas.

3º-¿¿AAO15M Constituímonos como “Nodo da Auditoría da Débeda”??.

Roberto explica, novamente, como funciona o nodo. Unha rede a nivel nacional, e ADUCAB forma parte deste nodo, pero non naceu del. Búscase facer denuncia por vía xudicial para lograr unha auditoría das contas e da actual débeda pública. Crérase para falar, facer charlas, publicitar información sobre a débeda real… Xa existen nodos da auditoría no resto do país.
Búscanse opinións do resto de integrantes da asemblea, chégase a un acordo unánime.
Constitúese a AAO15M como “Nodo da Auditoría da Débeda”.

4º-Falar da proposta do comedor social. Deixo o informe que presentou cáritas.

Estamos madurando a idea de actuar, creando un comedor social, ou unha acción que permaneza no tempo acerca de crear un lugar ou punto en común, onde se poida dispor de comida e axudar a quen o precise. Non se pretendería que só fora AAO15M senón tamén á xente que participe para que eles se sintan útiles. Non se pretende só dar comida, senón invitar e actuar en común, invitar á cidadanía a que actúe.
Tamén se fala de facer unha recollida de comida para familias que xa conhecemos directamente con necesidades, sen precisar de ningún comedor social, ou tratos con Cruz Vermella, Cáritas…
Proponse facer algo como a recollida na nosa propia asemblea, chamando á cidadanía a que venha e deixe algo.
Preguntarlle a Martinho para poder facer os cartaces, ou Idoia ou Diego.
Publicidade en Facebook, imprimir panfletos, cartaces, octavillas e repartilas.
Proponse facer unha Rolda de prensa para publicitar a acción.

Finalidade do evento: familias con necesidades afectadas por desafiuzamentos ou problemas hipotecarios.

5º-¿¿AAO15M sumamonos á “Plataforma ContraMINAción” e á “Plataforma polo Aborto Gratuíto” (e libre e na sanidade pública)??

( http://www.mineriagalicia.org/ ) ( http://feminismo.eu/PlataformaAborto/?p=72 )

AAO15M súmase as plataformas “ContraMINAción” e “Plataforma polo Aborto Público”.
Máis que nada porque os motivos e finalidades son loables e búscanse en común.
Xoves 13 xunho 20:30h., proponse unha acción de “Rodea a catedral” en Ourense a AAO15M apoia a acción.
Domingo 16 de xunho ás 17:00, Manifestación en S. Compostela, polo tema do aborto ,con autobuses a 7 €.

 

6º-Stop Desafiuzamentos: estado, “Pleno no Concello” o venres 07/06/2013.

Mobilización e campanha de visibilación do problema dos desafiuzamentos.
Campanha publicitaria co obtido no concerto, e posible celebración de outras iniciativas para recadar máis fondos para este tema.

Esto todo xa se falou na asemblea do outro día e neso se quedou, en facer unha campaña de visualización e difusión, para que a xente se sume e apoie, cos cartos recadados que para eso se recadaron principalmente, aceptouse e púxose en marcha, vaise facer cartelería, camisolas, unha rolda de prense mañá, así como ir ó pleno do venres.

Companheiros de AAO15M comprométense a donar o seu tempo para chamar, falar ou preocuparse polos afectados.
Normas claras de Stop Desafiuzamentos Ourense, no que poidamos expresar a nosa posición contraria ó uso da plataforma con fins partidistas, ou de partidos.
Acordamos falalo noutra asemblea.
Abrimos PIRATEPAD e falámolo con máis calma, xa que temos bastantes puntos a falar.
Camisolas ós afectados son de balde, e o resto, se se pode costear as camisolas, mellor que mellor.

7º-Pleviscito do 23 o 30 de Xuño

Se se pode apuntar xente, que o faga a título individual.
Exponse que se fale na asemblea da Marea Cidadá.

A próxima asemblea de Marea Cidadá será o martes 18 de xunho, invítase e búscase colaboración de alguén para axudar para o plebiscito, a título individual.

8º-Quere seguir AAO15M Ourense en Marea Cidadá Ourense.

Cuestionase que si hai partidos políticos en Marea, AAO15M non debería seguir na Mareca Cidadá.
Os partidos teñen as súas propias plataformas, isto debe ser algo da cidadanía.
Outra cousa será que xente de partidos políticos participe ou non do AAO15M a nivel individual, ahí cada quen xa que faga como lle pete, e incluso é razoable dado que se supón que certos partidos teñen certas conviccións, pero non debería haber siglas partidistas en Marea.

Abrirase un PIRATE PAD para falar sobre o punto de si se pertence ou non. Alí, preténdese que cada un defenda, non diga que si ou non simplemente.

Video coa 6ª palestra do Ciclo Creando Alternativas II

 

Aquí vos deixamos un enlace co video da sexta palestra do Ciclo Creando Alternativas II que tivo lugar este Mércores 5 de Xunio ás 20:00 no Liceo de Ourense, onde se falou sobre Soberanía Alimentar con Tereixa Otero Dacosta:

Ciclo de Palestras – Creando Alternativas II

 

6º palestra do ciclo “Creando Alternativas II”

Soberanía Alimentar e Feminismo
Mércores 5 de Xunio ás 20:00 hrs.
Salón Noble do Liceo de Ourense.

PONENTE:

Tereixa Otero Dacosta
É activista da Marcha Mundial das Mulleres, foi delegada europea e fixo parte do Comité Internacional da Marcha Mundial representando a Europa. Na Galiza fai parte da Coordenadora local de Vigo.
Activista da Plataforma Ecoloxista Salvemos Monteferro e do STEG é unha mestra comprometida cun ensino público, de calidade e con perspectiva feminista.
Falará: de Soberanía Alimentaria e o papel das mulleres na construción de alternativas.

 

Video coa 5º palestra do Ciclo Creando Alternativas II

 

Aquí vos deixamos un enlace co video da quinta palestra do Ciclo Creando Alternativas II que tivo lugar este Mércores 29 de Maio ás 20:00 no Liceo de Ourense, onde se falou sobre Desobediencia Civil  con Jorge Álvarez Yagüez:

ACTA DA ASEMBLEA DO 30/05/2013

ORDE DO DÍA:

 1. Manifestación do 1 de xunho contra a TROIKA.

2. STOP DESAFIUZAMENTOS OURENSE

3. MANIFESTACIÓN DA “MARCHA DAS MULLERES”

4. PALESTRA TAREIXA OTERO, MÉRCORES 4 DE XUNHO.

Comparecen 9 persoas e únense á asemblea dous rapaces de Logronho)

 1. Manifestación do 1 de xunho contra a TROIKA.

A manifestación terá un percorrido que comeza no Parque de San Lázaro ás 19:00h.

Fálase de que alguén se encargue da megafonía (3 megáfonos).

O cartel xa está feito, e está gardado no Bar Trampitán. Hai que pagar as cartaces previas.

Fálase de facer unhas contas definitivas das postáis e marcapáxinas.

Tamén se propón que se inventen e se proponhan “berros” para levar á manifestación.

O manifesto para leer xa está colgado nun Pirate Pad na páxina de facebook de AAO15M.

Fálase de facer en común un hashtag para twitter (“#RAZONES1J“).

No parque de San Lázaro quedouse previamente ás 18:30h.

Acordouse cantar o “Grándola” e o himno galego.

Falouse de intentar recopilar información acerca das empresas que tenhen as súas franquicias na rúa do Paseo de Ourense, e soltalas ós presentes (preferentes ou desafiuzamentos en NGB, escravitude laboral en Inditex…)

2. STOP DESAFIUZAMENTOS OURENSE

Fálase de contituír ben a plataforma, para que o peso de todo o traballo non siga recaen do dúas persoas, e se poida repartir, que cada un ponha o que poida da súa parte.

Elena, unha das rapazas de Logronho, ofrécese, xa que é estudante de psicoloxía.

Búscase unha campanha de difusión e visibilización para a sociedade ourensana, que sepan que o problema está máis preto ca nunca, e que a calquera lle pode suceder.

A campanha de publicidade baséase en repartir trípticos con información sobre os casos, sobre como enfrontalos e sobre a pouca implicación administrativa.

Fálase de facer unha reunión de tódolos afectados dos que se ten constancia na cidade e arredores de Ourense. Tamén se fala de recopilar todas as persoas que nalgún momento, enviaron mensaxes, tanto por facebook como por email,  e retomar contacto con eles, para ver se realmente poden dar o seu tempo.

Marisela fala de conseguir que se una xente para colaborar mediante un empapele de todo Ourense.

Tamén se comenta a posibilidade de facer unha rolda de prensa, na que previamente se terían recopilado tódolos casos e as súas circunstancias particulares de cada un.

Tamén sobre aproveitar a manifestación e falar desto á xente que venha.

Fálase de facer listas de implicados, para poder enviar emails masivos cando se precise.

O venres 7 de xunho celebrarase o pleno ordinario do Concello de Ourense, no que se levarán os puntos acadados no Pacto Cívico (3 reunións).

Fálase de facer unha protesta se non levan a cabo os mínimos que tódolos grupos acadaron e falaron, e sobre todo para que vexan que non é un problema para tomalo á lixeira.

Fálase de intentar facer unha rolda antes do pleno, se nese momento temos os datos reais de cada caso, para levar ben preparada a información que poidan preguntar os periodistas e meter presión así.

Facer as cartaces para a campanhan de búsqueda de implicados en Stop Desafiuzamentos.

Pídese información do premio ó que, supostamente, optamos por medio dunha asociación de Seixalbo. Parece ser que só é unha candidatura presentada a futuro sorteo.

3. MANIFESTACIÓN DA “MARCHA DAS MULLERES”

Organiza a Plataforma polo dereito ó aborto, será o 16 de xunho en Santiago de Compostela.

O 13 de xunho en Ourense farase unha manifestación protesta “Rodea a Catedral” e organizada entre outras por “Marcha Mundial das Mulleres”. Pedían axuda para facela.

O martes 4 de xunho farase unha rolda de prensa ás 10:30h na Praza de San Martinho.

O xoves 6 de xunho na Praza da Estrela quedaron para elaborar as pancartas ás 20:00h.

Fálase de intentar vir e apoiar a rolda de prensa, tamén facendo as pancartas e no “Rodea a Catedral”.

Parece ser que o 16 de xunho, para a Marcha das Mulleres, hai autobuses a Santiago a 7€, pero está por confirmar.

Fálase de recordar na palestra do mércores (Tareixa Otero: Feminismo e soberanía alimentar) sobre as manifestacións.

 

4. PALESTRA TAREIXA OTERO, MÉRCORES 4 DE XUNHO

Fálase de asegurarnos que non pase como na última vez, que nos encontramos coa aula cultural na zona de embaixo, e non está publicitada de antemán. Tamén controlar o son e intentar facer o streaming-online da palestra.

Tareixa pretende proxectar e hai que levar e ter previsto esto.

 

Finalízase a asemblea.

Ciclo de Palestras – Creando Alternativas II

5º palestra do ciclo “Creando Alternativas II”

Desobediencia Civil
Mércores 29 de Maio ás 20:00 hrs.
Salón Noble do Liceo de Ourense.

PONENTES:
null

Jorge Álvarez Yágüez é doctor en Filosofía e catedrático de Instituto.

Traballou especialmente no campo da Filosofía Política contemporánea en xeral. Foi invitado por algunhas universidades a dar cursos e conferencias: A&M University de Texas, USA, pola Universidad de Braga, pola Complutense de Madrid, pola UNED, a U. de Santiago.

Colabora con revistas como Isegoría , R.I.F.P., Claves, Debats, Pasajes. É autor de: Michel Foucault: verdad, poder, subjetividad : la modernidad cuestionada (1995), Individuo, liberdade e comunidade: liberalismo e republicanismo, dous modos de entender a cidadanía (2000), Liberalismo, comunitarismo, republicanismo (2002), A convivencia plural: dereitos e políticas de xustiza (2008), editado tamén en castelán por Ed. Bellaterra (2009), Política y República: Aristóteles y Maquiavelo, (2012).

Está a piques de saír o seu último libro: El último Foucault en Biblioteca Nueva.

1X: “POBOS UNIDOS CONTRA A TROIKA”

Asemblea Aberta Ourense se une á chamada internacional á movilización, convidando a tod@s a unirse á  manifestación o vindeiro 1 de Xunio.

A continuación vos deixamos o MANIFESTO:

null

POBOS UNIDOS CONTRA A TROIKA: 1 DE XUÑO MANIFESTACIÓN INTERNACIONAL MAREA EUROPEA CONTRA OS RECORTES E POR UNHA VERDADEIRA DEMOCRACIA.

As brutais e inhumanas políticas de axuste impostas pola odiosa Troika (o Banco Central Europeo, o Fondo Monetario Internacional e a Comisión Europea) coa axuda dos gobernos cómplices, están a causar en Europa a maior crise da democracia das últimas décadas. Millóns de persoas estamos a ser condenadas ao paro, á pobreza e mesmo á morte por unha débeda ilexítima e impagábel, que na súa maior parte é privada; de bancos, grandes empresas e entidades financeiras. O rescate Europeo á banca, avalado e garantido polo Estado, unha vez máis privatiza os beneficios mentres socializa as perdas e a cambio esixe recortes sangrantes.

Coa escusa da crise da débeda modificaron a Constitución (Art.135.3) sen escoitar a nosa voz en referendo, impoñéndonos o desmantelamento dos servizos públicos como a Sanidade ou a Educación que é entregado ao sector privado como “oportunidade de negocio”, vulnerando así os dereitos sociais e laborais conquistados nas últimas décadas. Con iso provocouse, ademais, que miles de familias dos países afectados perdan a súa vivenda e a súa vida diaria.

A disolución das fronteiras entre o público e o privado alimenta unha corrupción impune que envilece a nosa sociedade e perverte a política no seu papel insubstituíbel de instrumento de acción cidadá. O obxectivo das privatizacións é o espolio, a concentración da riqueza e o afondamento nas reformas neoliberais.

Xa sexa a través dos memorandos impostos pola Troika a Grecia, Irlanda, Portugal ou Chipre ou do rescate financeiro no caso do Estado Español estase a producir un transvasamento de diñeiro público ás entidades financeiras a custa da perda de dereitos básicos, o empobrecemento xeneralizado da poboación e o aumento da desigualdade social en toda Europa.

Sabemos que o modelo de desenvolvemento insostíbel das últimas décadas baseado nun alto consumo de recursos enerxéticos e materias primas chegou á súa fin. Fronte ao crecemento ilimitado da economía financeira e especulativa é necesario un cambio de rumbo, pero non para salvar os bancos senón as persoas, as xeracións futuras e o planeta.

Este cambio de rumbo debe partir dunha democratización de Europa, dende os seus cidadáns/ás, para que os dereitos das persoas e as decisións políticas democráticas se impoñan á avaricia das institucións e mercados financeiros e das grandes multinacionais.

Cando celebramos o segundo aniversario do 15 M, da toma de conciencia política da cidadanía, dos novos movementos sociais que están a construír dende abaixo alternativas ás políticas neoliberais a través das asembleas, as mareas e as plataformas, sabemos que a nosa loita é internacional e esixe a converxencia da cidadanía de todos os países afectados.

En Europa, diversos colectivos procedentes do Estado Español, Francia, Italia, Grecia, Chipre, Irlanda, Inglaterra, Escocia, Alemaña e Eslovenia reunidos en Lisboa o pasado 26 de abril invitados polo movemento portugués ‘Que se Lixe a Troika’ facemos un chamamento a unha protesta internacional descentralizada o próximo 1 de Xuño contra as políticas de axuste do déficit baixo o lema “Pobos Unidos contra a Troika”.

Este é o comezo dun proceso descentralizado, inclusivo e participativo. Queremos construír colectivamente, unindo as nosas forzas e accións, protestando internacionalmente contra a Troika. Chamamos a todas as persoas, con ou sen partido, con ou sen traballo, con ou sen esperanza, a unirse a esta proposta o próximo 1 de Xuño. Aprememos a todas as organizacións políticas, movementos sociais, sindicatos, partidos, colectivos, grupos informais, a unirse nesta xornada internacional.

Queremos seguir ampliando as nosas alianzas, tanto a nivel nacional como internacional, xa que somos conscientes de que só a suma das nosas voces poderá deter as novas vagas de recortes que se están a preparar. Os pobos de Europa demostraron que non están dispostos a asumir máis sacrificios inútiles. Chegou o momento de demostrar a nosa capacidade para coordinar a loita por outra Europa, a Europa das persoas.

De norte a sur, de leste a oeste tomemos as rúas en toda Europa contra a Troika

Pola Democracia, a Liberdade e os Dereitos sociais.

Non ao golpe de estado financeiro. Non debemos, non pagamos

Hai alternativas. Hai solucións:

– Pola Xustiza social e ambiental

– Pola Transparencia e a Democracia Participativa

– En defensa duns Servizos Públicos e Universais

– Por unha Auditoria Cidadá da Débeda. Contra a Débeda ilexítima

Podedes atopar máis información no evento do Facebook: https://www.facebook.com/events/192329620920601/

Video coa 4º palestra do Ciclo Creando Alternativas II

 

Aquí vos deixamos un enlace co video da cuarta palestra do Ciclo Creando Alternativas II que tivo lugar este Mércores 22 de Maio ás 20:00 no Salón Noble do Liceo de Ourense, onde se falou sobre Decrecemento  con Carlos Taibo:

Ciclo de Palestras – Creando Alternativas II

 

4º palestra do ciclo “Creando Alternativas II”

Por qué o decrecemento?

Mércores 22 de Maio ás 20:00 hrs.

Salón Noble do Liceo de Ourense.

 

PONENTE:

Carlos Taibo (Madrid, 1956)

É professor de Ciencia Política na Universidade Autónoma de Madrid. Os seus últimos libros son ‘Decrescimento, crise, capitalismo’, ‘El decrecimiento explicado con sencillez’, ‘España, un gran país’ y ‘Que no se apague la luz. Un diario de campo del 15-M’.

Video coa 3º palestra do Ciclo Creando Alternativas II

 

Aquí vos deixamos un enlace co video da terceira palestra do Ciclo Creando Alternativas II que tivo lugar este Mércores 15 de Maio ás 20:00 no Salón Noble do Liceo de Ourense, onde se falou sobre Finanzas Éticas con Raquel Do Allo de Fiare, Mª Jose Vázquez de Coop 57 e Ricardo Paz do AIS O Peto: