Rolda de prensa Martes 8/10

Aquí vos deixamos o video e unha imaxe da rolda de prena que se deu para dar a coñecer nos medios as actividades que se están levando a cabo en Ourense co gallo da SEMANA DE ACCIÓN GLOBAL CONTRA A DÉBEDA:

Tamén vos deixamos unha imaxe da mesa informativa que estamos a colocar todos os días maña e tarde na rúa do Paseo: de 11 a 13 hrs. e de 18 a 20 hrs.

SEMANA DE ACCIÓN GLOBAL CONTRA A DÉBEDA

Dende AAO estamos a preparar unha serie de actos co gallo da SEMANA DE ACCIÓN GLOBAL CONTRA A DÉBEDA, que se celebrará en todo o mundo.

A continuación vos deixamos o cartaz cos actividades que temos planificadas, e vos convidamos a participar activamente nelas.

Evento no Facebook: https://www.facebook.com/events/173611459498501/

NON DEBEMOS…NON PAGAMOS!!!

Acta Asemblea – 29/09/2013


19:00h  Praza Maior (Praza 15M):


ORDE DO DÍA:

1.- SEMANA MUNDIAL DA DÉBEDA:

(do 8 o 15 de octubre)
Roberto comeza. Proponse facer unha concentración coa xente que hai na asemblea, e proponse chamar a máis xente.

Marisela propón facer algo máis grande, incluíndo ó Liceo, que xa temos fresco o contacto cando fixemos as Palestras.

Dubídase da efectividade das concentracíons dado que a convocatoria é seguida por case sempre, a mesma xente. Coméntase que Manola fale con xente para organizar mellor a publicidade, para que mova contactos e se fagan proxeccións, cartaces para repartir na rúa, algo un pouco máis elaborado. 
Sela falará con Nolas.

Roberto comenta que a xénese de todo o problema é a débeda, na que repercute todo o que acontece. Proponse facer estatuas de cartón con referencia ós políticos culpables.


Roberto (Pichu) falará sobre a débeda nesa semana (confirmar data con el).
Roberto falará con xente de Santiago de Compostela para que dean charlas tamén.


Roberto fala dos inicios de “Auditoría da débeda”. Fala de aproveitar esta “Semana da débeda” para resurxir e facer un traballo didáctico para a xente, e facer fincapé da “débeda odiosa”.

Sela pregunta se as datas están confirmadas, xa que a o enlace (http://semanadeuda.wordpress.com/) parece que non está actualizada dende fai un ano.
 Confírmanse as datas na web da plataforma: http://auditoriaciudadana.net/.

Existe un libro que falará sobre a débeda, que posiblemente se presentará nesta semana. Será de descarga libre, a nivel estatal.

MÉRCORES 2 DE OUTUBRO ÁS 20:00h PARA O GRUPO DE TRABALLO.
 ÁBRESE UN PIRATEPAD NO FACEBOOK PARA METER INFORMACIÓN E TODO O QUE SE POIDA APORTAR SOBRE O TEMA. ESTE DÍA APROVEITASE PARA CONFIRMAR O QUE CADA UN PODE APORTAR (FUNCIÓNS).

2.- STOP DESAFIUZAMENTOS OURENSE:
Sela fixo lista de contactos, o sábado foise de rolda ós supermercados con Antonio, Celia e Manuel.

O único que colaborou foi o supermercado Claudio de Marinhamansa. Xoves, venres e sábado sacan cousas. 
Manuel irá o sábado próximo para recoller máis e xa tenhen o teléfono de Sela.

DIA di que hai que falar coa central en Santiago.

EROSKI Center de Seixalvo xa llo dan á Fundación San José; o de San francisco di que falemos coa central. 
Manhán ou pasado (LUNS 30 de setembro , MARTES 1 de outubro) deberíamos ir a buscar e falar co delegado de EROSKI de Marinhamansa, a encargada está disposta a darnos excedentes se o encargado de Zona llo permite.

PINCHA PRECIOS: hai que chamar a Carfaxinho, onde está a central, para ver se se poden retirar excedentes.


LIDL ten un contrato con REMAR.

GADISA di que temos que facer unha proposta formal para poder presentar un “carrinho solidario” e facelo, para poder presentalo en moitos máis supermercados da cadena GADISA. Faluse na reunión de PAH-STOP galegas; presentarase un escrito para mandar a supermercados de toda Galiza e facer unha campaña xeral.


Damos o contacto a Emiliano para que nos avise de posibles productos perecedeiros, para recollelos e repartilos ó momento. Emiliano ten un irmau que traballa no Banco de Alimentos, e algúns alimentos, por ser demasiado perecedeiros, non se poden repartir, xa que venhen de xente que non puido vendelos e para que non se estropeen, é mellor repartilos.

Existe un novo caso en Carballinho, e Roberto e máis Oscar quedarán para falar con el. Quedou de chamar el o martes 2 de setembro. Sela envía o martes correo a todos para ver quen pode ir con Roberto e Oscar e a que hora se queda.

Resumo e acta subida sobre o Pacto Cívico celebrado este pasado martes 24 de setembro (http://stopdesafiuzamentosourense.blogspot.com)


Súbese o teléfono da Oficina de Intermediación Hipotecaria (Colexio de avogados de Ourense) ó blogue oficial de STOP DESAFIUZAMENTOS OURENSE: 988370746.

Na próxima Comisión técnica do Pacto Cívico plantéxase de proporlle ó Concello que faga unha mención ou recoñecemento ós supermercados que colaboran con Stop Desafiuzamentos.

Plantéxase facer máis camisolas de Stop Desafiuzamentos Ourense e panfletos para seguir informando do problema de execucións ilegais amparadas por un goberno que non plantexa acabar co problema senón que pon máis trabas.

Sobre os panfletos, espérase a resposta de Martinho e hai que chamar a Camilo sobre os xa feitos. Hai que ir a recollelos. Unha vez saibamos o que temos revisamos facer máis ou non.

Sobre as camisolas, a xente opina en que hai vontade de ofrecela tanto para vendela como para chamar a atención do problema. Preguntar precio e modelo de camisolas (S-M-L) (Verde, vermella e negra). Preguntarán precios Emiliano, Dani e Oscar.
 Os deseños están no blogue de STOP.

3.- Comentarios en “AcampadaOU Debate” (Facebook) e demais páxinas públicas nas redes.
Moderación: pénsase que non é de moderar a páxina libre de AAO nin borrar os comentarios.

Coméntase de publicar no blogue as contas públicamente para que todo siga máis transparente e para que todo o mundo poida acceder e saber en que se gastan o recadado nos concertos e Palestras.

Acordase redactar un comunicado no que se mostre as contas, a actividade no blogue de Stop Desafiuzamentos e na páxina de AAO, así como facer unha aclaración dende o perfil de AAO sobre o funcionamento do grupo de debate do facebook.

4.- Proposta ciclo maio 2014
Queda adiada para a PRÓXIMA ASEMBLEA O XOVES 3 de outubro por falta de tempo para tratalo.

Novas en Stop Desafiuzamentos

Nos últimos días estivemos a actualizar e por en marcha o blogue de Stop Desfiuzamentos, onde podes atopar toda a información das xuntanzas coas afectadas, a Comisión Técnica enmarcada no Pacto Cívico do Concello, e as diferentes quedadas e actividades que se vaian realizando:

Asemblea Aberta Ourense – nova asemblea

Tras o parón veraniego por falta de xente, tentaremos volver a por en marcha as asembleas. A desta semana, por disposición da xente que colabora habitualmente, terá lugar O PRÓXIMO DOMINGO DÍA 29 ÁS 19 HORAS.

Nova xuntanza de Stop Desafiuzamentos

Este sábado houbo unha nova xuntanza de Stop Desafiuzamentos Ourense.

No seguinte enlace podedes ver a acta do falado na mesma: http://stopdesafiuzamentosourense.blogspot.com.es/2013/09/acta-asemblea-sabado-21-09-2013.html

QUE LISQUEN TODOS XA!!!

Por unha #DemocraciaSinMafia este #18J imos a facer unha CHOURIZADA fronte á sede do PP #Ourense na Rúa do Progreso hoxe ás 20:00 hrs.

18J2013

Evento no Facebook: https://www.facebook.com/events/398957800224891/399473713506633/?ref=notif¬if_t=plan_mall_activity

ACUDE e DIFUNDE!!!

ACTA DA ASEMBLEA DO 11/7

Asistentes: 11 persoas

Hora de comezo: 20:45

ORDE DO DÍA:

1- Informe sobre a ADUCAB

2- Stop Desafiuzamentos

3- Carriños de alimentos

CONSENSOS ACADADOS:

2- Stop Desafiuzamentos

Acórdase pagar cos cartos recadados nas diferentes actividades o transporte ate Vigo o 27 para un encontro de plataformas de Galicia.

Acórdase que Roberto, Bea e Diego según as súas dispoñibilidades, sexan os representantes da plataforma nas vindeiras reunións do Pacto Cívico.

Acórdase deixar para setembro, dada a baixa participación presumible en verán e para coordinarse con outras plataformas na xuntanza, a realización de accións concretas.

3- Carriños de alimentos

Decídese tentar implicar ás pequenas tendas de barrio e comezar a falar con elas.

DETALLE DOS PUNTOS TRATADOS

1- Informe sobre a ADUCAB

Robeto informa sobre a reunión da ADUCAB onde se trataron temas coma a creación dunha páxina web que substitúe ó blogue, a redacción dunha nota de prensa amosando o desacordo coa venda das caixas. Estase a tratar de fixar unha reunión para elaborar unha denuncia colectiva contra as xuntas directivas das caixas por mor das preferentes e ponse de manifesto que fai falta formar unha equipa que poida ofrecer información para respaldar esta denuncia.

2- Stop Desafiuzamentos

Carmen expón un caso persoal sobre un crédito persoal avalado cun baixo comercial e un garaxe da súa propiedade e pregunta sobre a posibilidade de que a Asemblea Aberta de Ourense lle preste asesoría a través de Stop Desafiuzamentos. Explícaselle que Stop Desafiuzamentos céntrase en casos de primeiras vivendas en risco de desafiuzamento e sen recursos.

Roberto informa de que hai unha convocatoria dun encontro das plataformas Stop Desafiuzamentos galegas os días 26 a 28 de xullo en Vigo, para facer unha mellor coordinación entre elas. Faise un chamamento para comprometerse a ir ás reunións ó cal responden diferentes integrantes para poder ir o día 27.
Diego está dispoñible todo o día e Manuel se hai dispoñíbel un coche para ir. Bea só podería ir pola tarde e dispón de coche para o desprazamento. Roberto pode estar dispoñíbel todo o día e contaría con coche pero non o pode confirmar até máis adiante.

Acórdase pagar os desplazamentos co diñeiro recadado para a plataforma.

Roberto le a carta do Concello de Ourense como conclusión das reunións polo Pacto Cívico na que se reclama o nomeamento de representantes para futuras reunións sen precisar datas.

Acórdase que Roberto, Bea e Diego según as súas dispoñibilidades serán os representantes da plataforma.

Diego explica que queda pendente o pago e a recollida dos cartaces, pegatinas e folletos da plataforma. Asunto que queda pendente a que os encargados desta tarefa poidan facelo.

Infórmase de que a reunión para facer unha acción reivindicativa en contra das caixas non se puido levar a cabo xa que non había quorum. Acórdase deixalo para máis adiante, presumíbelmente setembro, debido a pouca actividade dos meses estivais e para aprobeitar o Encontro de Stop Desafiuzamentos galegas en Vigo para coordinarse con elas e sumar ideas de outras plataformas.

3- Carriños de alimentos

Roberto informa do contacto con Gadisa no que se mostra disposta á colaboración na entrega de alimentos e requiren unha petición formal para comezar a recollida.

Daniel informa de que o Banco de Alimentos fornece só a asociacións, casas de acollida ou entes similares e Diego preguntará a un coñecido que traballa no Banco se a plataforma podería optar ó reparto destes alimentos.

Daniel informa de que hai un conxunto de xente que a nivel individual vai a comezar a facer unha recollida de alimentos para proceder ó seu reparto a partires de setembro. Ademais explica que contarán cun psicólogo para axudar nos casos que o precisen. Pola súa banda a un dos sindicatos fará o propio para os afiliados ao mesmo que precisen axuda alimentaria.

Manuela propón falar coas pequenas tendas da vila que, segundo a experiencia de diferentes asembleas dos barrios de Madrid, normalmente son máis propicias que as grandes superficies a colaborar. Cómprométese a comezar a seguinte semana a preguntar nas tendas das Lagoas e invita ó resto a facer o propio en cadanseu barrio.

ACTA DA ASEMBLEA DO 20/7

Asistentes: 9 Persoas

Hora de comezo: 20:20 hrs.

ORDE DO DÍA:

1- Lectura da anterior acta de asemblea

2- Stop Desafiuzamentos

3- Debe continuar AAO nun movemento que inclúe partidos, neste caso Marea Cidadá?

4- Plesbiscito 23-30 de Xuño

5- Consulta para a inclusión de novos puntos á orde do día

CONSENSOS ACADADOS:

1- Lectura da anterior acta da asemblea

  • Deberase na medida do posible detallar nas actas quen realiza cada aportación.
  • Así mesmo acórdase incluir un apartado de “Consensos” para facilitar a lectura.

2- Stop Desafiuzamentos

  • Comezarase esta semana que entra coa campaña de sifusión.
  • Acordase realizar una acción o día X á hora Y.
  • Acordase que as reunións propias de Stop se fagan na medida das necesidades e posiblidades da xente, sen ter por qué ser estrictamente todos os Domingos, irase quedando na medida que se precise.

3- Debe continuar AAO nun movemento que inclúe partidos, neste caso Marea Cidadá?

  • Tras un intenso debate AAO chega a un consenso e decide deixar de formar parte de Marea Cidadá como colectivo, deixando aberta a posibilidade de que cada persoa o faga a título individual

4- Plesbiscito 23-30 de Xuño

  • Tras decidir non seguir en Marea Cidadá, e dado que é unha acción promovida polo movemento, decidese que se acudirá a nivel persoal.

5- Consulta para a inclusión de novos puntos á orde do día

  • Inclúese na orde do día o punto do “Comedor social”

DETALLE DOS PUNTOS TRATADOS:

1- Lectura da anterior acta de asemblea

Martiño propón que nas actas se poña un punto inicial de consensos da asemblea para facilitar a lectura, e logo se inclua o detalle dos puntos tratados.

Tamén propón que se tente por nas actas quen comenta cada punto.

Ambos puntos son aceptados por asentimento de todas as asistentes.

2- Stop Desafiuzamentos

Martiño refresca o lido na acta anterior e que debería tratarse: campaña publicitaria, premio Asociación Seixalbo, pleno do Concello do 7/6, recicle, accións, blog,

Campaña publicitaria:

Diego comenta que subiu os borradores dos carteis. Sela comentan da necesidade de facer pequenas rectificacións nos textos. Martiño consulta polo texto dos trípticos a Diego, que comenta que é o texto das PAH traducido e adaptado a  Ourense, que por asentimento se considera válido.

Decídese facer 50 pegatinas en A4 das verdes, 50 A4 do de difusión e 200 volandeiras. Diego será o encargado de remitirlle as imaxes correctas a Oscar para que este as mande imprimir canto antes.

Acción:

Farase unha acción o día X á hora Y. Quédase uns días antes para rematar a planificación, que inclúe: protocolo de actuación e non violencia, a acción en si, imprenta, texto a ler e voluntaria para facelo, fotos e video para a súa difusión posterior.

Premio Asociación Seixalbo:

Roberto confirma que ao final a Plataforma non recibe o premio.

Pleno do Concello do 7/6:

Sela fai un resumo do falado no Pleno, comenta que a moción era conxunta, polo que non houbo moito debate, destacando que o BNG pediu que se comezara canto antes a cumprir cos puntos acordados, sendo moi neceario que os 5 primeiros se estableceran xa antes do mes de Agosto.

Roberto comenta que lle chamaron do Concello para pedir unha dirección física para convocar á plataforma para a Comisión Técnica. Así mesmo comenta que actualmente aínda non chegou nada.

Martiño comenta que se debería estar atentos para que se cumpra o pactado, que a Plataforma debe exixir punto por punto o acordado e seguir insistindo para que se leven a cabo.

Manuel comenta que de non recibir notificación teríamos que estar no seguinte pleno para lembrarlles o seu compromiso.

Roberto comenta que hai que ser cautos e dosificar esforzos na loita, xa que na realidade non todas as persoas afectadas estan contactando coa Plataforma,  eaínda que se deixara claro que non é unha cuestión de cifras de afectadas senón de dereito á vivenda, a realidade e que a Plataforma non ten una grandísimo número de reclamacións nin de apoios e á hora de facer accións non sempre son suficientmente contundentes e poden ser contraproducentes. Tamén comenta que hai que plantexalo como un problema de dereito á vivenda, non só de afectadas por desafiuzamentos.

Blog:

Roberto comprométese a pasar información a Sela para actualizalo de cara á campaña publicitaria.

Recicle:

Sela foi a consultar a Mercadona e creou un pirate para ir actualizando información dos supers consultados e o resultado acadado.

Manuel comenta que foi ao Gadis e lle comentan que para facelo en todos temos que poñernos en contacto con Gadisa e falar con eles para facelo dende unha campaña “oficial”. Oscar vai chamar á central para ver como se ten que facer. Comenta tamén que está en contacto co Árbol de Curros Enriquez e o Aquí do 21, e que están pendentes de contestarlle.

Oscar comenta que foi ao Eroski e lle aseguran que xa dan a Cáritas, e que o que tiran non é comestible. Manuel comenta que en Eroski hai colas de 20 persoas para recoller dos contenedores.

Martiño pregunta para quen e que demanda temos de alimentos, comentase que nun principio para as persoas afectadas da Plataforma, e se temos excedentes para repartir entre quenes teñamos constancia de que ten necesidade, e se nun futuro hai abondo se podería plantexar un xeito de repartilo para que chegue a máis xente.

Oscar comenta o funcionamento do tappuer solidario en Madrid. Roberto comenta de outras opcións, como comedores sociais, pero a realidade da implicación aquí non é suficiente.

Reunións Stop:

Roberto comenta que nas asembleas de AAO deben seguirse facendo as reunións ordinadiras de Stop, e as reunións extraordinarias ir quedando segundo se vexa, baixo convocatoria previa, non por datas periódicas. De momento non hai reunión plantexada.

3- Debe continuar AAO nun movemento que inclúe partidos, neste caso Marea Cidadá?

Emilio pregunta se se falou en Marea deste tema, dado que en anteriores asembleas de AAO xa se falara.

Roberto comenta que si o falaron na reunión do mércores e a consteación foi que xa se decidiu no seu momento e agora non é coherente replantexalo.

Comezase unha rolda de opinións para saber cal é a postura de cada unha das persoas que asiste á asemblea:

Sela opoense a que AAO estea en Marea se hai partidos.Comenta que esta tamén é a postura de Nolas, e que así o trasmitiu esta noutras asembleas e llo trasmitiu para que o dixera na asemblea.

Miguel considera que AAO debe estar en Marea existan ou non os partidos.

Diego considera que AAO debe estar en Marea existan ou non os partidos.

Martiño comenta o complicado do consenso neste tema, comenta que igual agora non hai manexos visualizados, pero a experiencia di o contrario. Tamén comenta a necesidade de unión. Non se manifesta nin a favor nin en contra.

Oscar opoense a que AAO estea en Marea se hai partidos.

Emilio oponse a que AAO estea en Marea se hai partidos.

Manuel opoense a que AAO estea en Marea se hai partidos.

Idoia matiza que debe haber unión pero non está de todo de acordo con que existan partidos. Non se manifesta nin a favor nin en contra.

Montse concorda que é boa a construcción en común con outros colectivos, aínda que se declara totalmente apartidista, oponse a que AAO estea en Marea se hai partidos. Plantexa manter o contacto igualmente coas organizacións que a forman, a excepción dos partidos.

Roberto concorda en que AAO sexa apartidista, pero considera que construir dende dentor é o axeitado, pero restar forzas non é a opción. Considera que AAO debe estar en Marea existan ou non os partidos. Considera que se nun futuro se manipula sería o momento de irse.

Antonio considera que AAO debe estar en Marea existan ou non os partidos e concorda nos plantexamentos de Roberto.

Tras a rolda de opinións abrese un pequeno debate para tentar chegar a un consenso.

Miguel e Roberto comentan que ante esta situación prefiren desvincularse de AAO dentor de Marea Cidadá , estarán a título persoal, porque senon se senten confusos e incomodos. Roberto indica que concorda pelenamento co debate aberto, pero non en como se iniciou.

A raiz do debate aberto, Oscar e Roberto insisten en que quede constancia da necesidade de defender os puntos plantexados asistindo as asembleas, que no chega con plantexalos polas redes sociais e logo non defendelos nas asembleas dos Xoves na Praza.

Finalmente, e tras as posturas expostas polas persoas que estaban a favor de seguir en Marea ainda que houbese partidos, chégase a consenso e decidese que AAO deixará de formar parte de Marea Cidadá, decidindo mandar un correo electrónico a dito movemento para poñelo no seu coñecementos. A partires de agora as persoas vinculadas a AAO que asistan á Marea Cidadá o farán a título individual.

4- Plesbiscito 23-30 de Xuño

Dado que no punto anterior se decidu que AAO xa non formará parte de Marea Cidadá este punto xa non foi tratado por ser un evento organizado por Marea, só para comentar que quen queira pode participar a nivel individual.

5- Comedor social

Este punto finalmente non foi tratado dado o que se alargaron o resto de puntos, polo que queda para a vindeira asemblea.

Pospoñemos a asemblea para loitar polo DEREITO AO ABORTO

 ABORTO LIBRE E GRATUÍTO: As mulleres decidimos!

Este Xoves día 13 de Xuño non haberá asemblea do 15M en Ourense xa que se decidiu na anterior pospoñela para acudir ao acto Rodeamos a Catedral!! convocado pola Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto en Ourense que terá lugar ás 20:30.

Lembramos tamén que dita plataforma convoca este Domingo 16 de Xuño ás 17:00 hrs. en Compostela unha manifestación que sairá dende a Estación de tren.

Dende Ourense estanse a organizar autobuses para ir a dita manifestación, aquí vos deixamos máis información: