Arquivos da categoria: Sin categoría

Novas en Stop Desafiuzamentos

Nos últimos días estivemos a actualizar e por en marcha o blogue de Stop Desfiuzamentos, onde podes atopar toda a información das xuntanzas coas afectadas, a Comisión Técnica enmarcada no Pacto Cívico do Concello, e as diferentes quedadas e actividades que se vaian realizando:

Nova xuntanza de Stop Desafiuzamentos

Este sábado houbo unha nova xuntanza de Stop Desafiuzamentos Ourense.

No seguinte enlace podedes ver a acta do falado na mesma: http://stopdesafiuzamentosourense.blogspot.com.es/2013/09/acta-asemblea-sabado-21-09-2013.html

ACTA DA ASEMBLEA ABERTA OURENSE 21 DE MARZO 2013

ORDE DO DÍA:

1.- Acción escrache contra os deputados electos por a provincia de Ourense ao Parlamento de España, para instalos a que voten a favor da ILP presentada pola PAH.

2.- Posibles accións para a convocatoria estatal ASEDIA O CONGRESO do 25 de abril.

3.- Loxística/finanzas para as palestras, concertos e accións do 2º aniversario do movemento 15M Ourense.

4.- Grupo de traballo para o debate sobre o horizonte da transformación política do país.

5.- Valoración da Comisión de seguimento dos desafiuzamentos do Concello de Ourense.

6.- Valoración da acción no congreso provincial do PP de Ourense.

7.- AAO nas redes sociais. Algúns temas puntuais.

ACORDOS, DEBATE E DESENVOLVEMENTO DESTES PUNTOS:

1.- A asemblea consensuou desenvolver esta acción o día “D” á hora “H” no lugar “L” e ao deputados “X” . Para elo distribúense as tarefas como a continuación se describen:
- Ruben fará os botóns grandes.
- Celine redactará o manifesto
- Cada un dos participantes levará 4 ou 5 fotocopias a cor cos botóns en pequeno e celo para pegalos.
- Roberto traerá o megáfono.
Acordouse así mesmo evitar toda confrontación e linguaxe ofensivo, o espírito da acción será pacífico, dialogante e persuasivo.

5.- Acórdase alterar a orde no tratamento dos puntos e pásase ao punto 5, porque nese momento saen da reunión da Comisión de seguimento dos desafiuzamentos do Concello as persoas de AAO e STOP DESAFIUZAMENTOS que estaban presentes, as que pasan a informar do alí falado. 
Resáltase o mutismo da representación do PP; a intervención de Democracia Ourensá que pregunta pola cantidade orzamentaria que o Concello vai a destinar a este tema; o escrito con varios puntos que presenta a representante do BNG; a intervención de Cruz Vermella que informa da súa participación na recollida e distribución de alimentos. Chama omito a atención e causa indignación xeral a intervención do representante de NGB que non recoñece o problema, chegando a dicir que en dous anos non tiveron ningún caso, aínda que non lle quedou máis remedio que recoñecer os casos xudiciados.
Membros do Colexio Oficial de Avogados, en concreto da Oficina de Intervención Hipotecaria din que xa non hai entidades que colaboran (as compañeiras presentes comentan que neste punto houbo discrepancias).
O Alcalde non so non fixo intervención algunha, senon que nun momento dado abandonou a Comisión. As persoas representantes de Stop Desafiuzamentos interviron para lembrar o artigo 47 da Constitución.

Despois desta información, faise unha rolda de palabras para valorar e facer propostas.
Dani propón a creación dun grupo de traballo dentro de STOP D. Para elaborar propostas concretas mínimas á próxima reunión da Comisión que se realizará o día 3 de abril ás 19h.
Rubén propón acceder ás accións concretas que se fixeron noutros concellos do estado respecto a este tema.
Martiño valora coma ofensivo a intervención da representación dos bancos e coma positiva, en xeral a creación desta Comisión, e propón a elaboración dunha nota de prensa aos medios cunha valoración positiva da creación da Comisión e instando a que non se quede nunha mera declaración de intencións.
Cristina propón instar á Comisión a crear alternativas válidas para as familias que están en situación límite.
Oscar propón que sería bo copiar as cousas que se fan ben noutros concellos e pon o exemplo de Pereiro de Aguiar, Tui ou Castrelo do Miño; por outra banda expón as súas dúbidas a que a Comisión se pronuncie e que faga algo e valora a Comisión de hoxe coma electoralismo. Tamén informa de que ten a acta gravada e, despois dunha breve discusión,decídese que o audio se publique nas redes sociais.

3.- Pola urxencia do tema pásase a tratar este punto.
Miguel informa da presión da sala a confirmar os grupos que van a participar no concerto do 2º aniversario. Martiño comenta que isto é o normal en todas as salas e propón que se lle confirme a data, pero que os grupos son lentos en tomar decisións, sobre todo aqueles que o fan asembleariamente e que hai que darlles tempo. 
Fálase da proposta de Miguel de aproveitar o concerto para crear un banco de alimentos e que as persoas que os traian faráselle un desconto dun euro no prezo da entrada e que os alimentos que se recollan se lles entreguen á Cruz Vermella. 
Brállanse nomes de Bandas: Swiss Cottage (confirmada), Hora Meiga ( folk) Sonoro Maxín (por confirmar) Os Guezos (posible problema coa coincidencia con Reperkusión) e o trío Terra Morena.
Respecto ao tema das palestras e dado que non hai momento nin posibilidade de reunir ao grupo, Óscar eríxese en coordinador e insta, a todas as persoas implicadas, a que lle pasen os datos na maior brevidade posible sobre o custe aproximado de cada unha delas, para facer xa unha previsión orzamentaria.

2.- Respecto a acción do 25 de Abril acórdase asumir a proposta de Rubén de facer un “In-Out” polas rúas de Ourense e proporlle as persoas que conforman a maré cidadá a súa participación activa. Para esta acción o material necesario sería un megáfono e unhas volantinas. O texto das volantinas sería elaborado pola propia maré cidadá, no caso de que acepten participar. Esta acción perfilariámola en próximas asembleas.

6.- Neste punto valórase moi positivamente o traballo de organización das persoas que participaron nesta ben dura acción debido á que tiveron que exporse a actitude prepotente e claramente antidemocrática das persoas afiliadas ao PP asistentes ao seu congreso.

4.- Recoñecese a necesidade de traballar nesta proposta elaborada por Mario e desenvolver iniciativas que levan sobre o tapete hai tempo, pero recoñécese que ten que haber unha persoa que tire do tema. O punto non chega a tratarse xa que Mario non asistiu a asemblea e esta se está a facer moi longa.

7.- AAO nas redes. Neste punto Celine propón facer unha cabeceira para o grupo de debate no Facebook na que figure claramente que é un grupo de AAO, proposta na se acada consenso. Tamén se comenta que nel hai moita xente que non coñecemos nin participa en absoluto é que sería necesario facer unha purga.

E así remata a asemblea cando son ás 23h.

FOLGA XERAL!!!

FOLGA DE CONSUMO!!!

TOD@S Á RÚA, A LOITA CONTINÚA!!!

CRIANDO ALTERNATIVAS. UNHA RESPOSTA CIDADÁ ANTE A CRISE

Dende Asemblea Aberta de Ourense, de cara a tentar criar alternativas á situación actual, estamos a organizar un ciclo de charlas, mesas redondas e debates sobre os medios de comunicación, o cooperativismo, o asemblearismo e a crise financeira.

Todas as charlas terán lugar na Sala 2.4 do Edificio de Ferro do Campus de Ourense ás 20:00 hrs.

A continuación detallamos as charlas que terán lugar nas vindeiras semanas:

XOVES 15N – A DESTRUCCIÓN DAS CAIXAS DE AFORRO
Miguel Quinteiro – Plataforma pola Banca Pública
Maria Gago – Plataforma Afectados polas Preferentes
Encarna Estevez e Sinzan – Plataforma afectados pola hipoteca

XOVES 22N – DEMOCRACIA, RAZÓN DIALÓXICA E CONSTRUCCIÓN DE CONSENSOS
Miguel Vázquez Freire – Profesor de Filosofía e Escritor

MÉRCORES 28N – COOPERATIVISMO INTEGRAL
Rafael García Alonso
Marcos Gay Varela – Cooperativa Integral Galega

MÉRCORES 5D – OS MEDIOS E O PODER DA ACTUALIDADE
Manolo Outeiriño – Facultade de Ciencias da Comunicación USC

Manifesto 12 de Outubro do 2012

O sistema é un marido maltratador.

O sistema fainos crer que somos especiais, quérenos, pensamos que podemos ser felices con el. Despois, aos poucos, vainos dicindo: vivías por riba das túas posibilidades, o estado do benestar é insostible, a débeda é a nosa responsabilidade e temos que pagala, hai que calmar aos mercados, abaratar o despido xenera emprego… E nós cremos e baixamos a cabeza.

E logo comezan os golpes: aumenta a pobreza infantil, desaparecen médicos e mestres, desaparece o traballo, quen traballa gaña menos, aniquilan dereitos de todas que tardaron décadas en ser conseguidos. E nós baixamos a cabeza, e sentímonos culpables. Mirámonos a nós mesmas con desconfianza. Aínda cremos que nos merecemos o que nos está á pasar. Coma se un Deus/Troika baixara a castigarnos: Ahhhhhh compraras un piso… aaaahhhh tiñas un traballo fixo…. agora vas saber o que é bo! Prepárate para o austericidio pecador impuro.

E nós cremos que é hora de levantar o teléfono. É hora de abandonar esa casa na que se nos maltrata, na que non podemos vivir dignamente. É hora de crer que hai outro sistema. Un sistema que poña por riba ás persoas e os seus dereitos. Un sistema no que o 99% lle plante cara ao 1%. É hora dun pais, dun mundo no que a xente mande. No que o pobo gañe. E ademais cremos que é posible. Coñecemos outros casos, outros países nos que se fixo. Non é un disparate.

Pero temos que dar o paso. Temos que coller as chaves e abrir a porta para marchar. E a porta que non nos deixa saír chámase débeda. DÉBEDA. Nós chamámoslle Débeda Odiosa. Débeda ilexítima. Porque esta débeda, non é nosa. Nosa é só unha pequena parte. E queremos que se demostre. Queremos unha auditoría cidadá da débeda. Menos homes de negro e máis procesos democráticos. Queremos á xente controlando o diñeiro que se debe. E só nos faremos cargo, como cidadáns, da parte que nos corresponde.

Por que berramos culpables cando pasamos diante dos bancos?. Porque berramos a nosa solución os banqueiros a prisión? Porque berramos esta crise non a pagamos. É polos 255.000 millóns de € que se lle están a dar á banca para tapar as súas perdas no casino financeiro. Ese diñeiro é noso e ten que ser devolto. Eses cartos xeneran un déficit brutal, unha débeda odiosa. Débeda que queren pagar recortando os nosos dereitos, a nosa condición humana. Condenándonos á miseria. É isto xusto? En verdade pensan que o imos aturar?

Hai que recompoñer as nosas vidas, apostar por un futuro para a sociedade. Esta débeda non a pagamos. Hai que rematar coa pobreza, coa miseria, co paro, coa fame do país. Esta débeda non a pagamos. Hai que limpar as institucións de corrupción. A Todas. Hai que sacar aos lobbistas dos parlamentos. Hai que recompoñer a democracia. Esta débeda non a pagamos. Poñer o diñeiro de todas ao servizo de todas e non só duns poucos. Esta débeda non a pagamos.

E que está a facer o sistema no lugar disto. Criminaliza ao pobo, o reprime, o intoxica, o ameaza, infíltrase nas súas demostracións pacíficas de desconformidade… Como se fai nun auténtico estado democrático de dereito.

É por iso que non nos representan. Non nos pode representar un estado bipartidista que reforma a constitución para privatizar os nosos impostos. Que antepón por lei o pago a un banqueiro alemán por diante dos servizos básicos para atender ás necesidades da poboación. O goberno español está actuando con valentía, aplicando reformas estruturais de calado. Dinos a troika. Valentía? Valentía contra quen. Contra o seu propio pobo? Non señores da Troika non. Iso nas nosas casas chámase COBARDÍA. Así que, usando as verbas das nosas irmas portuguesas berramos: QUE SE LIXE A TROIKA. TROIKA, VAI Á MERDA. Aquí tes ao pobo unido. Que non dá un paso atrás. Que sí é valente e plántase contra a codicia e a inmundicia dos banqueiros gobernantes. Aquí nos tes TROIKA. Estamos preparadas para facerche unha reforma estrutural de calado cando queiras.

ABSOLUCIÓN DOS ORGANIZADORES DO #25S

Auto do xuiz Pedraz absolvendo aos organizadores do #25S

http://ep00.epimg.net/descargables/2012/10/04/4c7e127344c66adeefe4354a11a7f622.pdf

SEGIMOS NA LOITA!!!

TODO O PODER PARA O POBO!!!

#12M15M. TOMA A RÚA!!!

Hoxe, non somos as únicas persoas que están na rúa, moit@s mulleres e homes de todo o mundo decidimos libre e fraternalmente facer ouvir a nosa voz este 12 de maio, para denunciar o estado actual do noso planeta e esixir a aplicación de políticas axeitadas ao fomento e promoción do ben común.

 

E estamos aquí porque tomando a rúa, tomando a palabra,  tomamos conciencia do noso propio poder, vencendo as barreiras do terror psicolóxico que usan para bloquear a nosa capacidade de resposta. Porque co noso empoderamento facemos que toda doutrina do shock sexa inútil. Incluso a reforma do Código Penal que forma parte desta estratexia.

Pero contra a censura, as mellores armas son a intelixencia e o inxenio e teremos que demostrar mestría na nosa capacidade de improvisación. Se incluso a resistencia pacífica pretende ser criminalizada, e xa que a violencia non é o noso camiño, teremos que inventar.

Vindicamos a solidariedade e o apoio mutuo como valores esenciais da humanidade fronte á competitividade, o egoísmo e a avaricia, promovidos pola ideoloxía inmoral dos mercados e reforzada pola hexemonía cultural dos grandes medios de comunicación, auténticos instrumentos deste sistema inxusto e insolidario.

 

Un sistema no que a actual distribución dos recursos económicos é tal que condea a unha inmensa maioría da poboación mundial á pobreza ou á incertidume diaria, e as xeracións do futuro a unha herdanza marcada polos riscos medioambientais provocados para o beneficio duns poucos.

 

Reclamamos a xustiza social e non imos dar nin un só paso atrás na defensa dos nosos dereitos e os nosos representantes teñen a obriga de facer valer as nosas necesidades.

 

O #12M15M non debe quedar nunha manifestación, senón que é un novo comezo: debemos  retomar a participación cidadá non violenta, activarnos coma sociedade civil ata cotas que esta democracia aínda non ten coñecido. Por iso chamamos a tomar as prazas e que estas sexan recoñecidas coma lugar primordial na base da democracia. Chamamos a tomar os barrios, as escolas, as universidades, os centros culturais… para transformar a sociedade e vivir nun mundo mellor.

 

Hoxe espertamos, estamos informados e vimos aquí non só para protestar, senón para propor alternativas que permitan remediar a situación e avanzar cara un mundo máis democrático, onde reinen os valores humanos e os soños d@s anterg@s que nos precederon na loita contra a opresión en todo o planeta. Un mundo no que, en vez de privilexiar a dimensión monetaria, cada home e muller teña garantido o dereito á libre procura da felicidade persoal e comunitaria.

Por dun desenvolvemento economico e social sostible e equitativo.

Pola  conservación estricta do medio ambiente natural e a non privatización dos seus recursos.

Pola preservación da nosa identidade cultural,

Por un bo goberno que garanta a estabilidade social,  base da armonía nas nosas relacións e nosas vidas

Acta da Asemblea do día xoves 16 de febreiro de 2012

Acta da Asemblea do día xoves 16 de febreiro 2012-02-17
Trampitán, 20:45 hrs.

Roberto expón unha serie de puntos que considera oportuno tratar na reunión, os cales abórdanse por orde de urxencia:

Continuar lendo

Acta da Asemblea celebrada na Praza Maior o luns 14 de novembro de 2011.

Orde do día:
O único punto a tratar é fixar o calendario de accións da semana do 14 ao 19 deste mes.
Despois dun breve debate e tendo en conta o factor tempo, medios e persoas no contexto do movemento na cidade, pensamos centrarnos en dúas accións: A do día 17 coa charla de Mario e a do día 19 coa xornada de reflexión.
  1. Para o día 17: Magos propón que xunto con Mario, interveña tamén Rober. A intervención de Rober levaría por título: “Elementos clave dun sistema electoral”. Aínda que hai discrepancia en determinados aspectos dos discursos que presentan cada un dos poñentes (democracia participativa/representativa) hai CONSENSO en que os dous participen. Respecto a esta acción xa están os carteis e os trípticos en Acero Plus para que cada quen vaia a por eles e os distribúa na medida das súas posibilidades. Se comenta que es mesmo día esta convocada unha xornada de loita na Universidade e se propón establecer contacto con Estudantes sen Futuro para invitalos a este acto.
  2. Para o día 19: Idoia lee o programa de actos que para o 19 elaborou o 15 M de Santiago e decídese adaptalo ás nosas posibilidades quedando, de momento, como se describe a continuación:
  • 12 h.- Charla coloquio (sería a mesma do 17 deixando máis tempo para micro aberto)
  • 14 h.- Comida Pícnic na Praza Cada quen traería a súa comida e se compartiría. 
  • 16 h.- Rí do sistema: Concurso de chistes con contido político-satírico do sistema actual
  • 17 h.- Lecturas e recitados de textos que faciliten a reflexión. 
  • 18 h.- Minuto de ruído
  • 18’3 h.- Liturxia reflexiva con velas e lectura do manifesto.

Considérase que este programa é un esbozo a perfilar e encher de contido nas sucesivas reunións, polo que se fai unha chamada a toda a xente que queira participar a que aporte suxerencias e contidos.
Todo o acto celebrarase con megáfono/s.

Quedouse en convocar aos medios para facer unha rolda de prensa o mércores na que se lerá o comunicado de Santiago e o programa de actividades. Estarán encargados de atender aos medios Roberto e Magos.
Idoia comprometeuse a facer cartel co programa do 19 e envialo a Acero Plus, a ver si mañá xa se pode recoller e se pode chegar a Praza con el para facer unha pegada conxunta cos dous ( O da Conferencia de Mario e Rober e o do 19 )
Tamén se pensou nas necesidades para o acto do 19: Velas, pilas para o megáfono, textos e poemas, artiluxios para facer ruído…
En outra orde de cousas, Idoia comentou que no foro de acampadas celebrado en Vigo se dixo que os de Cash de Madrid veñen a Pontevedra a falar da plataforma contra o copago da Seguridade Social e que sería interesante contactar con eles, para que aproveitando a viaxe fagan bolo tamén por Ourense. Encárgase Celine de contactar.
Tamén se informa de que Mayte chamou para comentar que non pode asistir pero que está traballando nos textos de Roberto sobre o tema da bancarización das Caixas.
Sen máis levántase a sesión ás 21’30 h.