Arquivos da categoria: Marea Cidadá

1X: “POBOS UNIDOS CONTRA A TROIKA”

Asemblea Aberta Ourense se une á chamada internacional á movilización, convidando a tod@s a unirse á  manifestación o vindeiro 1 de Xunio.

A continuación vos deixamos o MANIFESTO:

null

POBOS UNIDOS CONTRA A TROIKA: 1 DE XUÑO MANIFESTACIÓN INTERNACIONAL MAREA EUROPEA CONTRA OS RECORTES E POR UNHA VERDADEIRA DEMOCRACIA.

As brutais e inhumanas políticas de axuste impostas pola odiosa Troika (o Banco Central Europeo, o Fondo Monetario Internacional e a Comisión Europea) coa axuda dos gobernos cómplices, están a causar en Europa a maior crise da democracia das últimas décadas. Millóns de persoas estamos a ser condenadas ao paro, á pobreza e mesmo á morte por unha débeda ilexítima e impagábel, que na súa maior parte é privada; de bancos, grandes empresas e entidades financeiras. O rescate Europeo á banca, avalado e garantido polo Estado, unha vez máis privatiza os beneficios mentres socializa as perdas e a cambio esixe recortes sangrantes.

Coa escusa da crise da débeda modificaron a Constitución (Art.135.3) sen escoitar a nosa voz en referendo, impoñéndonos o desmantelamento dos servizos públicos como a Sanidade ou a Educación que é entregado ao sector privado como “oportunidade de negocio”, vulnerando así os dereitos sociais e laborais conquistados nas últimas décadas. Con iso provocouse, ademais, que miles de familias dos países afectados perdan a súa vivenda e a súa vida diaria.

A disolución das fronteiras entre o público e o privado alimenta unha corrupción impune que envilece a nosa sociedade e perverte a política no seu papel insubstituíbel de instrumento de acción cidadá. O obxectivo das privatizacións é o espolio, a concentración da riqueza e o afondamento nas reformas neoliberais.

Xa sexa a través dos memorandos impostos pola Troika a Grecia, Irlanda, Portugal ou Chipre ou do rescate financeiro no caso do Estado Español estase a producir un transvasamento de diñeiro público ás entidades financeiras a custa da perda de dereitos básicos, o empobrecemento xeneralizado da poboación e o aumento da desigualdade social en toda Europa.

Sabemos que o modelo de desenvolvemento insostíbel das últimas décadas baseado nun alto consumo de recursos enerxéticos e materias primas chegou á súa fin. Fronte ao crecemento ilimitado da economía financeira e especulativa é necesario un cambio de rumbo, pero non para salvar os bancos senón as persoas, as xeracións futuras e o planeta.

Este cambio de rumbo debe partir dunha democratización de Europa, dende os seus cidadáns/ás, para que os dereitos das persoas e as decisións políticas democráticas se impoñan á avaricia das institucións e mercados financeiros e das grandes multinacionais.

Cando celebramos o segundo aniversario do 15 M, da toma de conciencia política da cidadanía, dos novos movementos sociais que están a construír dende abaixo alternativas ás políticas neoliberais a través das asembleas, as mareas e as plataformas, sabemos que a nosa loita é internacional e esixe a converxencia da cidadanía de todos os países afectados.

En Europa, diversos colectivos procedentes do Estado Español, Francia, Italia, Grecia, Chipre, Irlanda, Inglaterra, Escocia, Alemaña e Eslovenia reunidos en Lisboa o pasado 26 de abril invitados polo movemento portugués ‘Que se Lixe a Troika’ facemos un chamamento a unha protesta internacional descentralizada o próximo 1 de Xuño contra as políticas de axuste do déficit baixo o lema “Pobos Unidos contra a Troika”.

Este é o comezo dun proceso descentralizado, inclusivo e participativo. Queremos construír colectivamente, unindo as nosas forzas e accións, protestando internacionalmente contra a Troika. Chamamos a todas as persoas, con ou sen partido, con ou sen traballo, con ou sen esperanza, a unirse a esta proposta o próximo 1 de Xuño. Aprememos a todas as organizacións políticas, movementos sociais, sindicatos, partidos, colectivos, grupos informais, a unirse nesta xornada internacional.

Queremos seguir ampliando as nosas alianzas, tanto a nivel nacional como internacional, xa que somos conscientes de que só a suma das nosas voces poderá deter as novas vagas de recortes que se están a preparar. Os pobos de Europa demostraron que non están dispostos a asumir máis sacrificios inútiles. Chegou o momento de demostrar a nosa capacidade para coordinar a loita por outra Europa, a Europa das persoas.

De norte a sur, de leste a oeste tomemos as rúas en toda Europa contra a Troika

Pola Democracia, a Liberdade e os Dereitos sociais.

Non ao golpe de estado financeiro. Non debemos, non pagamos

Hai alternativas. Hai solucións:

– Pola Xustiza social e ambiental

– Pola Transparencia e a Democracia Participativa

– En defensa duns Servizos Públicos e Universais

– Por unha Auditoria Cidadá da Débeda. Contra a Débeda ilexítima

Podedes atopar máis información no evento do Facebook: https://www.facebook.com/events/192329620920601/

ACTA DA ASEMBLEA DA MAREA CIDADÁ DO 28/02/2013

MAREA CIDADÁ ASEMBLEA DE COLECTIVOS:

Acata e orde do día da xuntanza que tivo lugar o xoves 28 as 18:00 na Praza Maior (Trampitán).
Orde do día:

1- Financiación da Marea Cidadá do #23F
.
2- Organización periodicidade e pretensións.
3- Propostas de acción.
3.1- Colaboración en Stop Desafiuzamentos, Plataforma polla Banca Pública e presentación do Nodo Galego da Auditoría da Débeda.
3.2- Actos do 8 de Marzo.
3.3- Ocupa o congreso acción do 25 de Abril.
4- Data da próxima xuntanza.

Asistentes:
⁃    Asemblea Aberta Ourense
⁃    Paltaforma Banca Pública
⁃    Stop Desafiuzamentos
⁃    Mundial Mundial das Mulleres de Ourense
⁃    Liga Estudantil Galega
⁃    Movemento FUE
⁃    Anova Ourense
⁃    Amigos da terra
⁃    Plataforma PROSADI (pro-sanidade digna)

PUNTO 1:
Asmblea Aberta Ourense adiantou diñeiro e vendeu chapas para financiar o acto, recadáronse 90 euros.
David o deputado de AGE-ANOVA fixo un donativo de 70 euros.
Recaudaronse 160€. Os Gastos foron: 60€ en material de difusión. O restante queda en AAO para a financiación de novos actos xa que foron os que recadaron o diñeiro.

PUNTO 2:
A intención nun pricipio é xuntarse cada 15 días.
Tentarase sumar máis colectivos a esta proposta (xa traballmos nesto cara a seguinte).
Acordouse preparar accións e sumarse a elas gardando os tempos para non sturarnos, o cal non implica que cada movemento organice as súas e as de a coñecer para que se sumen o resto de colectivos.
Comentoue de tentar facer máis adiante un protocolo por si debemos organizar cousas con pouco tempo. Iremos mellorando a organización a medida que se vai consolidando está asemblea de colectivos.

PUNTO 3:
3.1- AAO propón aos colectivos asistentes que se sumen a Stop Desafiuzamentos Ourense. Tamén se pide colaboración para seguir adiante coa proposta da Plataforma pola Banca Pública e coas denuncias as ex-cupulas, tratando de organizalas dende Ourense e espallalas o resto de Galiza –> http://aforropublico.wordpress.com/. Coméntase que se está a traballar con avogados en estudar o plantexamento desa denuncia dende Ourense así coma a difusión das finanzas éticas, como liñas de acción principais da plataforma. Así mesmo dase a coñecer o Nodo Galego da Auditoría da Débeda.

3.2- A Marcha Mundial das Mulleres de Ourense presenta os actos organizados para o vindeiro Sábado 9 de Marzo para celebrar o Día Internacional das Mulleres, Venres 8 de Marzo, e convida aos colectivos asistentes a participar e difundir os actos programados en toda Galiza dende o evento http://www.facebook.com/events/601479836534340/.
3.3- Comentase a posibilidade de sumarse á proposta de ocupar o congreso o vindeiro 25 de Abril, estudarase en función das posibilidades e apoios que se recaden e valorarase na próxima xuntanza.

PUNTO 4:
A próxima xuntanza será en 15 días, como se acordou no PUNTO 2, polo que queda para o vindeiro Xoves 14 de Marzo. Confirmarase a hora e o lugar por teléfono/correo.