Arquivos da categoria: Convocatorias

Manifestación LUME NUNCA MAIS

LUME NUNCA MÁIS: MANIFESTACIÓN EN OURENSE
  22DE OUTUBRO EN OURENSE

A PLATAFORMA CIDADÁ EN DEFENSA DO MONTE GALEGO convoca a toda a cidadanía galega á unha manifestación que terá lugar o vindeiro sábado 22 de outubro na cidade de Ourense ás 19:00 h para reclamar unha nova política forestal de prevención e loita contra os incendios que están a arrasar o monte galego. A saída terá lugar dende o Parque de San Lázaro para rematar na Praza Maior, onde se dará lectura ao manifesto.

Baixo o lema LUME NUNCA MÁIS. O NOSO MONTE IMPORTA, os diferentes colectivos e cidadás que conforman esta plataforma fan unha chamada ás institucións e á sociedade civil galega para que tomen conciencia das medidas urxentes que o comité reclama no documento de BASES EN DEFENSA DO MONTE GALEGO que se lerá durante a rolda.

Para presentar a convocatoria, as razóns e as propostas da Plataforma Cidadá en Defensa do Monte Galego, así como os últimos informes sobre a catástrofe dos incendios no noso país, estarán presentes na rolda de prensa: Xosé Santos, axente forestal e Daniel Conde do 15M de Ourense.

DATA DA ROLDA: VENRES, 21 OUTUBRO
HORA: 12:00
LUGAR: Praza Maior de Ourense
ASUNTO: Manifestación do sábado

 

   


Convocatoria

Convocatoria da cidadanía para unha Concentración-MANIFESTACIÓN en contra dos incendios forestais e en solidariedade coas zonas afectadas e os traballadores e traballadoras dos servizos forestais.

Iniciativa tomada en asemblea o pasado día 20 de outubro dada a situación pola que están pasando por enésima vez os montes de Galicia e con especial incidencia os ecosistemas da provincia de Ourense.

Esta situación anacrónica, de desleixo por parte dos gobernantes, de falla de reacción, de ocultación manifesta da realidade mediante mentiras e enganos por parte do actual Goberno da Xunta de Galicia, por dignidade e como reacción diante da destrución dunha boa parte do patrimonio natural con que contamos.

As perdas económicas, ecolóxicas e sociais que os lumes producen nos nosos montes fai que nos INDIGNEMOS esta indignación consideramos que ten que producir unha REACCIÓN, reacción que non se produciu por parte dos responsables da política forestal do País. O Presidente da Xunta de Galicia ausente e de excursión en Sudamérica recollendo votos e facendo declaracións que oxalá aplicara co Goberno que preside “Hace falta un Gobierno que gestione la verdad, diga le verdad y gestione la realidad…” o máximo representante da Xunta de Galicia en Ourense no Bernabeu vendo un partido da “Champions League”, o Presidente da Deputación “nin arre, nin so” en silencio, a maioría dos alcaldes dos concellos onde se calcinaron amplas superficies de montes ninguén os viu con desleixo manifesta das súas obrigas, todo elo demostración dunha total falla de ética e de principios básicos que todo servidor público ten que poñer en práctica.

A INDIGNACIÓN fixo que se creara esta Plataforma Cidadá en Defensa do Monte Galego e que tomaramos a decisión de convocar aos veciños e veciñas de Ourense a manifestarse contra a desfeita que os incendios forestais están producindo nos nosos montes e nos nosos ecosistemas.

MANIFESTACIÓN, sábado día 22 de outubro de 2011

LEMA: Lume, Nunca Máis. O Noso Monte Importa

LUGAR, Parque San Lázaro ás 19 horas até a Praza Maior de Ourense

Serra do Xurés, Serra de Queixa, Montes do Invernadeiro, Manzaneda, Ribeira Sacra, O Faro de Avión, Serra Martiñá, Serra de Pena Monteagudo, O Castro Leboreiro, Serra de Meda, Aguioncha-Pena Loba, Serra da Enciña e a Lastra, Pena Corneira, Penedos da Raiña Loba, O Couto Mixto, Val de Salas, Veigas de Castelaus e Vila, Montes da Peroxa, A Limia, Monte Grande, Pena Maseira, A Serra Seca, San Mamede, Couto Novelle, A Rousia-Serra do Larouco…innumerables o lugares afectados polos incendios, Espazos naturais protexidos, Parques naturais, Lugares de Interese Natural Comunitario (LICs), Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPAS), Reservas da Biosfera, ecosistemas forestais de gran valor económico e medio ambiental, zonas agrogandeiras, moitos dos incendios forestais calcinaron estas zonas de forma descontrolada por falla de medios e de reacción ao seu debido tempo.

Quen minte engana, quen engana minte” o día 18 a noite o Sr. Conselleiro do Medio Rural Samuel Juárez decía: que en Galicia “solo quedan 12 fuegos activos de estos en Ourense 10”. Decirlle ao Sr. Conselleiro que o día 18 de outubro, con testemuñas e documentación gráfica, nun radio de 10 quilómetros só no Val de Salas-Couto Mixto había 8 incendios activos todos eles fóra de control e con medios actuando en só dous dos lumes activos. Unha boa parte do val de Salas calcinado en poucas horas, a estes incendios da Raia hai que sumarlle no mesmo día e fóra de control os grandes incendios da Serra de San Mamede, Serra de Queixa, Manzaneda, Serra do Xurés, Montes da Peroxa, Pereiro de Aguiar, Faro de Avión…agochar a realidade mediante mentiras para evitar as responsabilidades que non se queren asumir, e demostración de covardía, de falta de principios éticos e morais, “gestionar la verdad, decir la verdad, gestionar la realidad…”.

Centos de incendios forestais, miles de hectáreas calcinadas, centos de millóns de euros perdidos en produtos primarios e en produtos totais (valoremos a paisaxe, o aire que respiramos, a auga que bebemos, a caza, a pesca, as múltiples e variadas funcións dos montes e bosques, cultura, etnografía, turismo rural…) unha perda económica, ecolóxica e social que a sociedade non se pode permitir, perdas que afondan aínda máis na falla de alternativas da provincia de Ourense.

Miles de hectáreas calcinadas cos servizos forestais da Xunta de Galicia Baixo mínimos por incompetencia e desleixo dos responsables da Xunta de Galicia, baixas e xubilacións sen cubrir de brigadistas, axentes forestais, autobombistas…Distritos Forestais sen unha soa caseta de vixiancia de incendios en activo, brigadas forestais con un só compoñente (teñen que ter unha media de 5-7 brigadistas). Índice diario de risco de incendios extremo (IRDI) con menos do 40% do persoal de reforzo do verán (no verán con índice Baixo e moderado co 100% do persoal), os xestores públicos forestais aínda non se decataron que os incendios forestais “non teñen data fixa no calendario”.

Esta Plataforma Cidadá en Defensa do Monte Galego, ESIXE:

Información puntual dos incendios forestais que se producen en Galicia, dos seus efectos, superficies afectadas e dos medios usados para a súa extinción. A sociedade actual debe de ser informada do que acontece nos montes, dos atentados contra o noso patrimonio natural, fuxindo de sensacionalismos e alarmismos “agochar a realidade non axuda a solucionar o problema”.

A falla de información, o silencio premeditado e o engano son un insulto para o conxunto da sociedade, un insulto para os traballadores e traballadoras forestais de Galicia que arriscan a súa vida na conservación do noso patrimonio, a estratexia política de desinformación, mentiras e manipulación estadística fai que o conxunto da sociedade non valore na súa xusta medida o traballo realizado polos profesionais forestais.

Débese rematar coa impunidade con que actúan os incendiarios. A cada un dos lumes forestais (delito recollido no Código Penal) débeselle por nome e apelidos. Investigación das causas dos incendios aproveitando tódolos recursos con que contan as Administracións Públicas mediante a elaboración dun protocolo axeitado que coordine ás forzas de orde pública cos servizos forestais. Queremos lembrar que unha boa parte das Brigadas de Investigación de Incendios Forestais integradas por axentes forestais foron desmanteladas polo actual Goberno da Xunta.

É un problema de delincuencia e de orde pública, hai unha alta intencionalidade…” declaracións do Director Xeral de Montes, do Conselleiro do Medio Rural, do Presidente da Xunta…é certa a intencionalidade, é certa a actividade incendiaria, mais o triste é que o actual Goberno da Xunta de Galicia igual que os anteriores gobernos, diante dos apuros bombeiriles de última hora tratan mediante xustificacións valeiras de contido evitar responsabilidades, que chova canto antes, que a sociedade esqueza o problema e dada a feble memoria social a seguir xogando a unha política populista “deixar facer” sen buscar solucións.

A loucura é seguir facendo o mesmo e esperar resultados diferentes” si hai unha alta actividade incendiaria ¿Como se xustifica entón o desmantelamento das brigadas de investigación integradas por axentes forestais? ¿Como se xustifican as queimas controladas ao longo de todo o país? Máis de 250.000 autorizacións-comunicacións de queimas no inverno primavera para que non arda no verán (as zonas con máis queimas realizadas e onde maior foi a incidencia dos lumes estes días), incluso se chegou a queimar este ano un treito do Camiño de Santiago (Vía da Prata no Concello de Xunqueira de Ambía). Un Goberno e un País que non sabe saír da “cultura do Lume” inmersos no circulo vicioso de “máis medios, máis incendios, máis medios”.

Mapa de medios e recursos, Substitución inmediata dos medios e materiais obsoletos dos Servizos Forestais da Xunta de Galicia por equipamentos axeitados para mellorar a eficacia, a protección dos ecosistemas forestais e a protección colectiva da cidadanía.

Diante da crise provocada pola vaga incendiaria a Xunta de Galicia non foi capaz de por en funcionamento unha mínima coordinación para usar tódolos medios públicos dispoñibles, autobombas e tractores forestais dos concellos gardados en garaxes, medios materiais, técnicos e humanos da Deputación Provincial de Ourense sen usar cando frontes quilométricos de lume percorrían os montes, medios materiais e técnicos doutras consellerías da Xunta de Galicia a disposición dos Servizos Forestais (só se usaron os medios da Consellería do Medio Rural).

Posta en marcha de campañas de educación-sensibilización dirixidas ao conxunto da sociedade, “non se valora o que non se coñece” parte da sociedade vive de costas ao monte non valorando na súa xusta medida os beneficios que o patrimonio natural aporta ao país.

Estes días unha boa parte do queimado son Espazos Naturais Protexidos, curiosamente descoñecidos, infravalorados, mal xestionados…Galicia é o territorio con menos superficie protexida de toda Europa.

É preciso o cumprimento estrito da Lei de Prevención de Riscos Laborais. Posta en marcha de forma inmediata do imprescindible Plano de Prevención de Riscos Laborais nos Servizos Forestais da Xunta de Galicia e en tódalas empresas do sector.

Formación axeitada de tódolos traballadores e traballadoras que se adican a labouras de prevención e extinción de incendios forestais.

Incremento dos investimentos no sector forestal recuperando o imprescindible binomio “prevención-extinción”, débese rachar co circulo vicioso de “máis incendios, máis medios, máis incendios…” posta en marcha dunha política forestal tendente a evitar que os incendios forestais non se produzan para non ter que apagalos.

Todo o dito anteriormente non se pode acadar se non hai vontade política dos actuais gobernantes. Esiximos a actual Xunta de Galicia, igual que fixemos cos anteriores Gobernos galegos, que diante de máis de 40 anos de fracasos na loita contra os lumes forestais, correspóndelle o actual Goberno atopar canles de diálogo e participación para consensuar co resto de partidos políticos e representantes sociais unha política forestal e de prevención-extinción de incendios forestais axeitada.

O lume forestal ten que deixar de ser unha ferramenta arroxadiza duns contra outros. Medio século de fracasos dos distintos Gobernos e do conxunto da sociedade galega non se pode xustificar por máis tempo.

A nosa solidariedade coas zonas afectadas, cos veciños e veciñas que sufriron perdas e que van ter que facer fronte a atrancos para o futuro das súas explotacións agrogandeiras, forestais, negocios…Nosa solidariedade e apoio a concentración que se vai a realizar na Poboa de Trives o sábado ás 12 do mediodía. Nosa solidariedade e apoio aos profesionais forestais que se adican a prevención e extinción de incendios.

REMATAR COA EIVA INCENDIARIA É POSIBLE, PARA CONQUERILO É IMPRESCINDIBLE A COLABORACIÓN DO CONXUNTO DA SOCIEDADE, pedimos unha vez máis a vosa colaboración.

Ourense, 21 de outubro de 2011

Videos promocionales 15O

Aqui vos deixamos alguns links de videos promocionales.

Sobran as razons para manifestarse… PASAO!!!

ESPERTA

 

UNIDOS POLO CAMBIO

MOTIVOS

15O Unidos por un cambio global

El próximo sábado 15 de octubre miles de personas saldremos a manifestarnos en cientos de ciudades en todo el mundo. Vamos a prepararlo entre todas para que sea un éxito.

Toda la información se está centralizando en la web 15october.net. Allí tienes un mapa de convocatorias al que puedes sumar tu cita local y muchos más recursos para la movilización. En esta entrada recopilamos, si tienes más ideas puedes comentarlas abajo (vamos a actualizarla durante toda la semana).

Campañas

Cuéntalo en internet

Cuéntalo fuera de internet

No todo el mundo se informa en la red. Habla con tus amigos, vecinas, compas de curro o cola del paro… Cuéntales por qué es importante salir a la calle, por qué no nos representan y por qué no debemos pagar esta crisis. Además, imprime y difunde carteles y textos por tu barrio. Nosotros no tenemos su maquinaria mediática y propagandística, pero somos más; entre todas podemos correr la voz.

Haz clic en cada imagen para descargarlo con calidad de impresión. Puedes hacer tus propios diseños, descarga la fuente 15O.

Participa en la preparación

 

15O

15 de octubre – Unidos por un cambio global

Os compañeiros de Reus fan un chamamento global para o 15O.

La concentración se hará en colaboración con diversas organizaciones populares, de amplia referencia social. El Referéndum que podéis encontrar adjunto a este mail o entrando en la siguiente página web: Referéndum del 15 de Octubre.

El 15 de octubre personas de todo el mundo tomarán las calles y las plazas. Desde América a Asia, desde África a Europa, la gente se está levantando para reclamar sus derechos y pedir una auténtica democracia. Ahora ha llegado el momento de unirnos todos en una protesta no violenta a escala global.

Los poderes establecidos actúan en beneficio de unos pocos, desoyendo la voluntad de la gran mayoría, sin importarles los costes humanos o ecológicos que tengamos que pagar. Hay que poner fin a esta intolerable situación.

Unidos en una sola voz, haremos saber a los políticos, y a las élites financieras a las que sirven, que ahora somos nosotros, la gente, quienes decidiremos nuestro futuro. No somos mercancía en manos de políticos y banqueros que no nos representan.

El 15 de octubre nos encontraremos en las calles para poner en marcha el cambio global que queremos. Nos manifestaremos pacíficamente, debatiremos y nos organizaremos hasta lograrlo.

Es hora de que nos unamos. Es hora de que nos escuchen.

¡Tomemos las calles del mundo el 15 de octubre!

IV Foro Galego de Acampadas Colabora!!

O IV Foro Gaego de Acampadas está en marcha. Este evento reunirá persoas de tódolos movementos 15M de Galicia na cidade de Ourense o vindeiro 1 de outubro.

Xa se redactou o borrador da orde do día que poderedes consultar ó final de esta entrada sobre os temas que se han de tratar nesta reunión, fixéronse peticións a distintos organismos oficiais para ter cadeiras e mesas, ademáis de rede electríca (estas xestións non están ultimadas).

Precísanse colaboradores para dinamizar o encontro: moderadores, axudantes de todo tipo, etc COLABORADE!!!

 

Orde do día para o IV Foro Galego de Acampadas

 

IV FORO GALEGO DE ASAMBLEAS 15-M .   

           ORGANIZA: asamblea popular de Ourense         

           DATA: 1outubro 2011                                                            

          LUGAR :Praza Maior de Ourense

 

DE MAÑÁ:

10:30 PRESENTACIÓN e identificación dos asitentes

10:30. LECTURA DA ACTA E ACORDOS DO ANTERIOR FORO

ACORDAR QUEN REALIZARÁ O SEGUINTE FORO. Escoller data e luga onde se vai realizar.

11:30.ALMORZO DESCANSO.

12:00.TRATAR O TEMA :SISTEMA DE COMUNICACIÓN ENTRE ACAMPADAS GALEGAS PENDIENTE DENDE O III FORO.

12:45. COORDINACIÓN E PREPARACIÓN DA MANIFESTACIÓN DO 15-O.

(tratar ;acudir todas as manifestacións con un solo lema)

14:00. COMIDA E DESCANSO.

DE TARDE:

16:00. COORDINACIÓN E DEBATE DE PROPOSTAS PARA ACTUACIÓNS ELECCIÓNS 20-N.

17:30.TRATAR POSIBLE VIAXE A BRUSELAS E APOIO A MARCHA INDIGNADA BRUSELAS

http://www.facebook.com/15mMarchaBruselas?ref=ts

18:30.LECTURA OBXETIVOS E ACCIÓNS CURTO PRAZO PROPOSTAS GLOBAIS. ILP GALEGA.

Asamblea Vigo inclue iste tema :(proposta de modelo asambleario)

https://n-1.cc/pg/file/read/759546/propuesta-de-protocolo-interasambleario

20:00.REMATE E DESPEDIDA.

Tríptico informativo 15M Ourense

Aquí podedesvos descargar o tríptico informativo do 15M Ourense que acompañará ós petos e se difundirá polas rúas.

Tríptico

Posible encontro Attac vs 15M Ourense en Chantada

O colectivo ATTAC está a organizar unha xornada 15M en Chantada, e están a invitar a xente das acampadas e todos aqueles interesados de Monforte, Lugo e Ourense.
Sería para o sábado 17 deste mes no centro recreativo cultural de Chantada.

A idea que teñen é facer unha charla-exposición do movemento + posterior coloquio cos participantes, ca idea de propor asambleas mensuais se vos parece ben.

Ademáis, ós membros do colectivo de ATTAC Chantada, nos gustaría que os invitados de Lugo, Ourense e Monforte, disfrutaran dunha xornada Chantadina, paseo pola Ribeira Sacra, algunha actividade de aventura, comida no rural con productos locais, que participasedes na reunión de ATTAC Chantada das 16 horas para as 18 horas proceder voso acto.

É preciso confirmar asistencia ou canto menos intención de ir polos membros do 15M Ourense.

Podedes consultar os proximo eventos e grupos de traballo ou reunións no apartado CALENDARIO  do blogue e o apartado CONVOCATORIA. Tamén podeder consultar a nota de Facebook onde reseñamos toda a actividades.

NOTA

 

Colabora nos grupos de traballo

Precisamos a colaboración de todos aqueles que o desexen nos grupos de traballo.

https://www.facebook.com/note.php?saved&&note_id=136319656449518&id=120538628027621

Flyers para informacion sobre reforma constitucional

Engadironse no apartado colabora do Blogue, alguns flyers con info da reforma constitucional. Quedan a disposición do pobo.