COMENTARIOS
Se queres dar a tua opinión sobre un tema ou compartir unha noticia, utiliza o grupo de debate de Facebook AcampadaOurense DebateANUNCIOS URXENTES
Buscanse colaborador@s: Contactar con acampadaourense@gmail.comDESTACADOS
Contamos con intérprete de linguaxe de signos nas asembleas, previa demanda.Ligazóns de interese
Marcha Popular Indignada
Arquivos da categoria: Convocatorias
Image5 anos do 15M :: Converxencia das loitas
Comments Off on 5 anos do 15M :: Converxencia das loitas
Concentración polo dereito a unha vivenda digna
Dende STOP DESAFIUZAMENTOS OURENSE se convoca unha concentración para reivindicar o dereito a vivenda de todas.
Artigo no blogue: http://stopdesafiuzamentosourense.blogspot.com.es/2014/01/casas-sen-xente-xente-sen-casas.html
Evento no Facebook: https://www.facebook.com/events/618372674903370/?ref_newsfeed_story_type=regular
A concentración terá lugar este Xoves día 30 de Xaneiro ás 11:30 fronte á Delegación de Vivenda da Xunta de Galiza en Ourense.
ACUDE E DIFUNDE!!!
Comments Off on Concentración polo dereito a unha vivenda digna
Publicado em Acción/Actividades, Convocatorias
SEMANA DE ACCIÓN GLOBAL CONTRA A DÉBEDA
Dende AAO estamos a preparar unha serie de actos co gallo da SEMANA DE ACCIÓN GLOBAL CONTRA A DÉBEDA, que se celebrará en todo o mundo.
A continuación vos deixamos o cartaz cos actividades que temos planificadas, e vos convidamos a participar activamente nelas.
Evento no Facebook: https://www.facebook.com/events/173611459498501/
NON DEBEMOS…NON PAGAMOS!!!
Comments Off on SEMANA DE ACCIÓN GLOBAL CONTRA A DÉBEDA
Publicado em Acción/Actividades, Convocatorias
QUE LISQUEN TODOS XA!!!
Por unha #DemocraciaSinMafia este #18J imos a facer unha CHOURIZADA fronte á sede do PP #Ourense na Rúa do Progreso hoxe ás 20:00 hrs.
Evento no Facebook: https://www.facebook.com/events/398957800224891/399473713506633/?ref=notif¬if_t=plan_mall_activity
ACUDE e DIFUNDE!!!
Comments Off on QUE LISQUEN TODOS XA!!!
Publicado em Acción/Actividades, Convocatorias
#12M #15M. Concentración e asemblea para celebrar o 2º Aniversario do movemento
Este Domingo 12 de Maio ás 19:00 hrs. convocamos dende Asemblea Aberta Ourense unha concetración para celebrar o 2º Aniversario do movemento na Praza Maior.
A concentración transcurriu cunha asemblea aberta, na que antes de dar comezo se leu un texto cun pequeno resumo do traballo nestes dous anos, e que vos deixamos a continuación:
O 15 de maio do 2011 botaba a andar o movemento social máis importante dos últimos tempos en España, o 15M. Estudantes, xubilados, economistas, parados, mestres, médicos, xuristas, amas de casa indignad@s que uniron forzas e ideas para analizar e denunciar a situación económica e política actual e buscar alternativas.
Trala primeira manifestación secundada ese día en tódalas comunidades por milleiros de persoas, o pobo tomou ás prazas de cidades e vilas reclamando máis poder de decisión, unha democracia real. Ourense sumouse á loita.
Ás primeiras xornadas intensas, día e noite, con debates multitudinarios sobre o sistema electoral, as institucións públicas, a sanidade, consumo responsable, educación, corrupción, benestar social… e con moreas de propostas de mellora, seguíronlle semanas e semanas de traballo, que xa non recolleron os medios de comunicación como ao principio, pero nas que xermou unha conciencia cidadá disposta a facer algo por cambiar este sistema neoliberal anti persoas.
Malia o empeoramento dos datos do paro, malia os mal chamados suicidios, malia ter que rescatar cos nosos cartos uns bancos que nos deixan sen vivenda… Malia todo, e malia que o panorma actual é desolador, non tiramos a toalla. Como rezaban os cartaces que nos primeiros días adornaban as prazas, “imos amodo porque imos lonxe”.
Asemblea Aberta Ourense traballa dende hai dous anos secundando convocatorias a nivel estatal e desenvolvendo accións e actividades por iniciativa propia. De aquí sairon plataformas coma Stop Desafiuzamentos, Stop Nepotismo e a Plataforma pola Banca Pública que se opoñen respectivamente aos desaloxos de familias das súas vivendas, aos casos de corrupción e caciquismo na nosa provincia e ao espolio das caixas galegas.
Con Stop Desafiuzamentos axudamos a familias a acadar a dación en pago e seguimos negociando, xunto con avogados, cos bancos para que outras acaden o mesmo e que poidan quedar nos casas cun alugueiro social. Dende Stop Nepotismo fomos os primeiros en denunciar públicamente con performances os enchufes na Deputación, antes de que o ex presidente fora imputado por prevaricación continuada. Momento, o da declaración de José Luís Baltar, no que tamén estivemos ás portas do xulgado para amosar o noso rexeitamento á lentitude da xustiza. Esta acusación formal chega tarde. Coa Plataforma pola Banca Pública pedimos que se axuice ás cúpulas directivas das caixas galegas pola desfeita que fixeron cos nosos aforros co silencio e axuda do Banco de España e do Goberno. Unímonos á petición dunha auditoría cidadá da débeda, unha débeda ilexítima que está sendo a excusa para impoñer uns recurtes que en vez de traer a fin da crise, aumentan as desigualdades, a pobreza.
Manifestacións, concentracións, representacións teatrais denunciando esta débeda que non é pública e que asumimos como tal, o primeiro escrache a un deputado galego do PP para que votara a favor da ILP contra os desafiuzamentos foron algunhas das mobilizacións organizadas por Asemblea Aberta Ourense.
Apoiáronse ás persoas estafadas coas participacións preferentes, unímonos aos movementos pola defensa da natureza, contra os lumes forestais, a prol da sanidade pública e da educación de calidade e para todos. Dende Ourense, integrantes do 15M, participamos na recollida das sinaturas que a Plataforma dos Afectados pola Hipoteca presentou (finalmente un millón máis das necesarias) no Congreso para reformar a lei hipotecaria, a ILP presentada amparada co dereito constitucional foi botada abaixo pola maioría do PP.
En febreiro deste ano para aunar forzas, nace Marea Cidadá. Grupos ecoloxistas, feministas, de funcionarios, de estudantes e afectados polas preferentes que traballan agora conxuntamente para, dende Ourense, reclamar os nosos dereitos e defender as nosas libertades.
O traballo non remata aquí, indignad@s seguimos dous anos despois. Programamos un ciclo de palestras coma un paso máis cara a concienciación, para amosar que si que hai alternativas. Propomos un control sobre os Mercados e a Banca, para que non poidan acaparar os nosos recursos, un cambio de modelo político e social con menos inxustizas, máis trasparente e no que todos poidamos participar. Propomos devolver a dignidade ao ser humano, e valorar o esforzo real que cada un inviste no benestar de todos. O desenvolvemento respectuoso co medio e con todos é posible.
E lembramos que Asemblea Aberta Ourense precisa de apoio, de máis voces que desexen unirse á construcción (sabemos que complicada mais non imposible) dun mundo mellor.
Tódolos xoves ás 20:30, na Praza Maior de Ourense. Agardámoste.
Comments Off on #12M #15M. Concentración e asemblea para celebrar o 2º Aniversario do movemento
Publicado em Acción/Actividades, Asamblea, Convocatorias
12-M. Da Indiganción á Rebelión. Escrache ao Sistema.
Voltamos ás prazas!!!
Seguimos adiante!!!
Porque como se podía ler nas pancartas daquelas primeiras acampadas…cando aínda ninguén acreditaba na realizade deste movemento…IMOS AMODO PORQUE IMOS LONXE!!!
Evento en Facebook: https://www.facebook.com/events/572060726168216/
Aquí vos deixamos material para DIFUNDIR!!!
Comments Off on 12-M. Da Indiganción á Rebelión. Escrache ao Sistema.
Publicado em Convocatorias
ACTO DE ADORACIÓN DA DÉBEDA O XOVES 14/03
Iste Xoves 14 de Marzo realizaremos un novo acto de “Adoración á débeda” como parte dos actos preparados para a semana do 11 ao 17 de Marzo “Pola Europa das persoas contra a Unión Europea dos mercados” coincidindo coa vindeira Cume Europea.
Agardámoste a partires das 17:00 hrs. na Rúa do Paseo, fronte a sede de Nova Galicia Banco…ACUDE e DIFUNDE!!!
Enlace do evento: https://www.facebook.com/events/128767953970864/
Fotos do anterior evento realizado: https://www.facebook.com/media/set/?set=oa.299149920169145&type=1
Manifesto conxunto: http://madrid.tomalaplaza.net/2013/02/10/manifiesto-contracumbre-ue/ (no evento de AAO o podedes atopar en galego)
Comments Off on ACTO DE ADORACIÓN DA DÉBEDA O XOVES 14/03
Publicado em Acción/Actividades, Convocatorias
16-F :: POLO DEREITO Á VIVENDA
Este sábado saían á rúa miles de persoas en todo o Estado español para reclamar o dereito a unha vivenda digna convocadas pola plataforma PAH e Stop Desafiuzamentos.
En Galiza houbo manifestacións en Ferrol, A Coruña, Lugo, Ourense, Santiago, Vigo e Cangas.
A continuación vos deixamos unha imaxe da cabeceira da manifestación no memonto da saída en Ourense:
Tamén vos deixamos un video realizado por unha compañeira durante a marcha de Ourense:
Así mesmo podedes atopar imaxes da marcha en Ourense no enlace: https://www.facebook.com/media/set/?set=oa.417040831713386&type=1
Comments Off on 16-F :: POLO DEREITO Á VIVENDA
Publicado em Acción/Actividades, Convocatorias
A familia, os corruptos e a cidadanía indignada
Comments Off on A familia, os corruptos e a cidadanía indignada
Publicado em Acción/Actividades, Convocatorias
#13O #CAZOLADAGLOBAL “DÉBEDA ODIOSA. NON DEBEMOS, NON PAGAMOS”
O próximo sábado 13 de outubro imos saír á rúa cazola en man en centos de cidades de todo o mundo (http://www.globalnoise.net/), para mostrar a nosa repulsa ante as desigualdades e a opresión dun sistema inxusto que pon ao capital por diante das persoas.
Rexeitamos o pago duna débeda ilexítima e odiosa, que non é nosa nin nos ten beneficiado. Máis do 80% do total da débeda española é débeda privada, principalmente en mans da banca e as grandes empresas, que a xeraron obtendo enormes beneficios.
Coas axudas do estado á banca, 215.000 millóns de euros ata xuño de 2012, aos que hai que sumar os 100.000 do novo préstamo europeo, esta débeda privada estase convertindo en débeda pública e o seu pago se nos impón a todas con recortes e privacións.
Estas axudas, sumadas aos 402 mil millóns que a banca recibiu do Banco Central Europeo, non están a servir para reactivar o crédito a empresas e familias como nos di o goberno. ¡Mentira! O diñeiro que se nos quita dos nosos servizos públicos e prestacións sociais, que nunca será devolto, estase a utilizar para tapar os seus buratos, para que a gran banca faga negocio e para que sigan especulando comprando débeda pública española.
Isto non é novo. As políticas que hoxe se nos impoñen son as mesmas políticas de “axuste estrutural” que se aplicaron hai máis de 30 años nos países do Sur, coa escusa da débeda, que impulsaron recortes, privatizacións, desregulacións e liberalizacións, seguindo a mesma lóxica de convertelo todo en mercadoría coa que facer negocio e obter o máximo beneficio económico.
Fronte a este ataque das oligarquías financeiras e empresariais que se produce coa conivencia de gobernos e institucións internacionais, a nosa loita non se pode limitar a defender os dereitos e liberdades cidadás logrados nas últimas décadas e que están sendo socavados polas actuais políticas “anti-crise”; é imprescindible emprender unha fonda transformación social, política e económica cara un modelo xusto e sostible.
Por iso, o 13 de outubro sairemos á rúa a dicir que esta é unha débeda ilexítima e odiosa, e que non estamos dispostos a pagala. Saímos á rúa a dicir ¡NON DEBEMOS, NON PAGAMOS! Saímos a dicirlles que non aceptamos pagar a súa débeda, non aos recortes en sanidade, educación e prestacións sociais. Non ás privatizacións, non ás reformas laborais e ao desemprego, non aos privilexios económicos, non á especulación coa vivenda, non aos rescates e non a un goberno e unha Unión Europea ao servizo da banca e das grandes empresas.
Esiximos a realización dunha auditoría da débeda e o repudio do pago de toda aquela débeda que se considere ilexítima por non ter repercutido en beneficio da cidadanía; esiximos a determinación de responsabilidades civís e penais aos xestores políticos e económicos que xeraron a débeda ilexítima; esiximos a creación dunha banca pública ao servizo das persoas e a sociedade e non sometida a intereses particulares; esiximos a redistribución da riqueza por medio dun sistema fiscal progresivo e xusto que grave máis a quen máis ten; esiximos a persecución do fraude fiscal e a prohibición de operar en paraísos fiscais ata conquerir o seu peche.
Tamén esiximos o cese inmediato de privatizacións e recortes, e o desenvolvemento duns servizos públicos suficientes que garantan a cobertura das necesidades de toda a poboación; esiximos a
regulación inmediata do mercado inmobiliario para acabar coa especulación; esiximos a dación en pago, a moratoria dos desafiuzamentos e a reconversión de pisos hipotecados e baleiros en aluguer social asequible; esiximos a anulación da reforma laboral e a creación dun novo marco laboral que protexa os dereitos das persoas traballadoras; esiximos a derogación dos tratados e pactos que constitúen a Unión Europea das grandes empresas e bancos, así como a construción duna Europa social e democrática…
Sabemos que a loita é o único camiño. Só dende nós mesmas, de nosas loitas e reivindicacións pódese xerar o cambio, onde demos unha viraxe absoluta aos modelos políticos e económicos que se nos impoñen. É o momento de unir todas as loitas nunha, de saír á rúa a pelexar por un mundo mellor que poña no centro a solidariedade entre as persoas e os pobos, a igualdade, a xustiza social, os dereitos humáns e a vida.
Comments Off on #13O #CAZOLADAGLOBAL “DÉBEDA ODIOSA. NON DEBEMOS, NON PAGAMOS”
Publicado em Convocatorias