Arquivos da categoria: Asamblea

ACTA ASEMBLEA 17/01/2013

ORDE DO DÍA
1. Hortas urbanas: Bernardino e Miguel informarán.
2. Recollida de roupa e alimentos: Óscar e Miguel informarán.
3. Finanzamento das actividades da asemblea. Ideas para novas fontes de finanzamento.
4. II Aniversario 15M: revisión calendario charlas, loxística das charlas. Accións para o propio 15 de maio.
5. Nova charla sobre STOP DESAFIUZAMENTOS. Valoración da concentración e información sobre novas accións.
6. PLATAFORMA POLA BANCA PÚBLICA. Informe da xuntanza en Compostela.
7. Retomar campaña STOP NEPOTISMO.
8. Celi: manifestación Marea Cidadá 23 febreiro
9. Montse: Manifestación Queremos Galego 27 de xaneiro

ACORDOS:
1- Bernardino propón ponher unhas hortas públicas no solares abandonados. Propón ponherse en contacto co Concello de Ourense pero sin resposta todavía. Proponse falar con Amigos da Terra, e como non está o propio Bernardino, o punto queda para tratar na próxima Asemblea. Proponse que Bernardino leve a iniciativa, xa que el conhece mellor o tema.

2- Proposta de recollida de comida e roupa. Proponse botar un ollo ó local de Senuncán. Pendente de proposta por falta de decisión final.

3- Financiamento do tema das charlas de Maio. Non cobran polo momento ningún dos asistentes, pero ténhense que afrontar pagos como viaxes en tren, cartelería… Fálase do tema das chapas do 15M. Fálase de intentar vender chapas cando se piden firmas da ILP de Dación en Pago, aproveitando que a xente para. Proponse ponher petos para os bares e facerse cargo delas. Fálase do financiamento común para todo o que se busca facer.
Proponse ponherlle ós petos uns simbolos do 15M. Gusta esta idea. Fálase de ponher os petos tamén nas charlas, e tócase o tema do “croufounding”, e como exemplo, fálase de VERKAMI.
Hai que facer un orzamento previo para as charlas e presentalo para levar a cabo a páxina de “croufounding”, e chégase a un consenso dos presentes. Fálase da idea de voluntarios.
Fálase dos topes de data para levar todo esto a cabo, comenzando en febreiro para finalizalo en marzo-abril, e todo comprado para maio. Fálase de facer concertos con grupos conhecidos.
Cristina di conhecer a un grupo (Hora Meiga), e propón facerse cargo de avisalos.
Proposta de concerto para maio.
Proposta de falar co Auriense para o local do concerto.
Proposta de falar cun grupo de pandereteiras.

4- Revisión do calendario das charlas para o Aniversario do 15M.
18 MAIO – Rosa María Calaf
15 MAIO – Ramón (COP57) (Posiblemente 16 MAIO)
Mirar os locais para saber ben os tempos e datas, así como tamén saber os títulos das charlas e a finalidade de cada unha delas. Tamén se fala do que necesitará cada un dos ponhentes das charlas.
2 MAIO – Xan (Cooperativismo e consumo responsable) (Saber nome completo e título da súa charla).
(nota fora da acta: faltou fixar a data da de soberanía alimentar)
Fálase da loxística, de saber moi ben os detalles como son o local onde se darán as charlas, e máis detalles, pero déixase para tratalo na seguinte asemblea.
Fálase de comentarlle ó conserxe acerca das charlas, os horarios e demáis para non fastidialo por se ten que facer horas extras (que non cobrará no mellor dos casos).
Fálase de alicientes para que a xente se quede na praza maior como son cartóns para sentarse cun símbolo do 15M (proponse facer coxíns, pero é difícil por falta de fondos).
Avísarase de tarefas para cada persoa, para repartilas, na páxina de Facebook.

5- Proponse a charla de Stop Desafiuzamentos.
Óscar ponse como voluntario para repensar a data e o local, tendo en conta a climatoloxía.
Fálase da valoración das concentracións e novas accións que se pretenden facer.
Proposta de Martinho para conformar Stop Desafiuzamentos e facelo público mediante rolda de prensa.

6- Banca Pública. Próxima reunión en Compostela. Roberto comenta e resume o traballo feito ata o de agora neste campo. Fálase con xente conhecedora do tema (profesores, ex-directivos, denunciantes, abogados, Attack…). Falouse de puntos como o da auditoría das entidades bancarias ata chegar ó Banco de España. Fálase dos afectados e de conseguir máis teléfonos e máis datos deles para facer unha reunión, facer un listado de todos eles. Reunión o 19 de xaneiro para tratar o tema da Caixa Rural Galega.
14 de febreiro – Plataforma Banca Pública, na Universidade de Santiago de Compostela, na Facultade de Económicas.
19 de xaneiro, en Santiago de Compostela, reunión para crear un nodo galego da auditoría da debeda na que estamos a traballar e na que figuramos como un nodo en ourense.

7- Stop Nepotismo. Campanha contra a corrupción en Ourense.
Encausamento de Baltar pola xustiza.
Beatriz conta o caso persoal do seu emprego na Diputación de Ourense, previo paso polo despacho de Baltar pai.
Recórdase o manifesto, campanha e performance cun grupo de persoas que se fixo no seu día diante da Diputación de Ourense.
O luns 4 de febreiro, pénsase en facer unha lectura de manifesto e publicitalo cunha chamada ós medios de comunicación, así como o resto da acción da plataforma.
Retomar a mesma acción diante dos xulgados, ás 5 da tarde (hora de entrada de Baltar a declarar).
Este tema déixase para a próxima asemblea, para tratalo máis profundamente.

ACTA ASEMBLEA 8/11/2012

 

1. Ciclo de charlas Creando Alternativas: Cartelería lista e organizadas as copias e a pegada. Martiño Do Miñoreará o evento no facebook. Voluntarios para actuar como anfitrións e presentadores organizado. Celine tí poderías presentar a Vázquez Freire e Outeiriño? 🙂 Se algún deles precisa aloxamento facilitaráselles algunha casa de xente do 15M e se alguén precisa cear aprobouse un orzamento de 10€ para cubrir ese gasto. Para enviar á prensa solicítase a colaboración de Mecrobio 😉 Pode ser?

2. Mani 14N Vaise levar a pancarta de TOD@S SOMOS UN/HA quedamos na ponte vella media hora antes de que comece a mani. Consensúase engadir ao texto unha proposta pola continuidade da unidade sindical e un chamamento a unha convocatoria de folga de 48h. Asimesmo vaise falar cos sindicatos para poder lanzar a proposta por megafonía ao remate da mani. Magos xestionará esta cuesitón. Tamén se consensúa incluir unha chamada á responsabilidade de non consumir ao longo de toda a xornada.

Continúase coa recollida de sinaturas e aportando ideas para o II aniversario do 15M no evento creado a tal efecto.

Hai quedada para difusión e venta de chapas o domingo ás 17:00h na Praza Maior (na esquina do trampi) durante o magosto.

ACTA ASEMBLEA 1/11/2012

Asistentes: 5

— Convocatoria de folga do 14 de novembro –> Decidiuse acudir como bloque crítico. Crearanse volandeiras das charlas “CRIANDO ALTERNATIVAS”, en canto se pechen definitivamente as datas e ponentes, para repartir o día da folga na mani.

— ANOVA Ourense/Encontro Irmandiño de Ourense pon á disposición da AAO o seu local para almacenar ou elaborar material –> Decidiuse non aceptar o convite e manter así a Asemblea ao marxe de partidos.

— Proposta de posta en marcha dunha cooperativa de producción agrícola autoxestionada polos membros da AAO. –> Coméntase que este tipo de iniciativas deberían ser comezadas por unha ou varias persoas que así o estimen oportuno e buscar colaboración, pero que non temos a forza suficiente agora mesmo para plantexalo a nivel Asemblea.

— Proposta de debate e organización dunha semana de actividades dende o 13 ao 19 de maio de 2013 –> Decidiuse crear un evento no FB para comezar a expoñer ideas e ir coordinandonos:https://www.facebook.com/events/212742725525568/

— Recíbese un convite da organización ATTAC para colaborar/participar nas súas actividades. –> Comentouse que o convite o fixeran fai tempo e que a nivel Asemblea non, pero se anima a tod@s a que se adiran se así o consideran oportuno.

— Proponse elaborar uns carteis de contido irónico coa imaxe de Feijoo agradecendo o voto aos parados, precarios, etc –> Coméntase que o contidos dos carteis debería ser constructivo e non só en sentido de ataque contra un partido ou outro, así mesmo se fala de que as forzas son xustas e facer e empapelar Ourense supón un esforzo grande, polo que se comenta que este tipo de iniciativas deberían ser comezadas por unha ou varias persoas que así o estimen oportuno e buscar colaboración, pero que non temos a forza suficiente agora mesmo para plantexalo a nivel Asemblea.

— CRIANDO ALTERNATIVAS –> Coméntase que se están confirmando os nomes e a orde concreta das charlas, que ser realizarán as vindeiras 4 semanas, as dúas primieras a mércores e as outras a xoves, no Campus Universitario, e que terán como horario as 20:00 hrs.

MANIFIESTO #ACAMPADAOURENSE 19X

Hoxe 19 de Xuño, parte da sociedade civil; anciáns, mozos e mozas, traballadores, desempregados e desempregadas, estudantes, empresarios, empresarias, profesionais liberais e persoas de todas as clases e ideoloxías; sen medo e conscientes, opoñémonos firmemente a cobiza dos mercados, a manipulación dos medios de comunicación, e a deslealdade dos partidos políticos, monicreques dos grandes conglomerados financeiros.
Continuar lendo