Arquivos da categoria: Asamblea

ACTA DA ASEMBLEA DO 30/05/2013

ORDE DO DÍA:

 1. Manifestación do 1 de xunho contra a TROIKA.

2. STOP DESAFIUZAMENTOS OURENSE

3. MANIFESTACIÓN DA “MARCHA DAS MULLERES”

4. PALESTRA TAREIXA OTERO, MÉRCORES 4 DE XUNHO.

Comparecen 9 persoas e únense á asemblea dous rapaces de Logronho)

 1. Manifestación do 1 de xunho contra a TROIKA.

A manifestación terá un percorrido que comeza no Parque de San Lázaro ás 19:00h.

Fálase de que alguén se encargue da megafonía (3 megáfonos).

O cartel xa está feito, e está gardado no Bar Trampitán. Hai que pagar as cartaces previas.

Fálase de facer unhas contas definitivas das postáis e marcapáxinas.

Tamén se propón que se inventen e se proponhan “berros” para levar á manifestación.

O manifesto para leer xa está colgado nun Pirate Pad na páxina de facebook de AAO15M.

Fálase de facer en común un hashtag para twitter (“#RAZONES1J“).

No parque de San Lázaro quedouse previamente ás 18:30h.

Acordouse cantar o “Grándola” e o himno galego.

Falouse de intentar recopilar información acerca das empresas que tenhen as súas franquicias na rúa do Paseo de Ourense, e soltalas ós presentes (preferentes ou desafiuzamentos en NGB, escravitude laboral en Inditex…)

2. STOP DESAFIUZAMENTOS OURENSE

Fálase de contituír ben a plataforma, para que o peso de todo o traballo non siga recaen do dúas persoas, e se poida repartir, que cada un ponha o que poida da súa parte.

Elena, unha das rapazas de Logronho, ofrécese, xa que é estudante de psicoloxía.

Búscase unha campanha de difusión e visibilización para a sociedade ourensana, que sepan que o problema está máis preto ca nunca, e que a calquera lle pode suceder.

A campanha de publicidade baséase en repartir trípticos con información sobre os casos, sobre como enfrontalos e sobre a pouca implicación administrativa.

Fálase de facer unha reunión de tódolos afectados dos que se ten constancia na cidade e arredores de Ourense. Tamén se fala de recopilar todas as persoas que nalgún momento, enviaron mensaxes, tanto por facebook como por email,  e retomar contacto con eles, para ver se realmente poden dar o seu tempo.

Marisela fala de conseguir que se una xente para colaborar mediante un empapele de todo Ourense.

Tamén se comenta a posibilidade de facer unha rolda de prensa, na que previamente se terían recopilado tódolos casos e as súas circunstancias particulares de cada un.

Tamén sobre aproveitar a manifestación e falar desto á xente que venha.

Fálase de facer listas de implicados, para poder enviar emails masivos cando se precise.

O venres 7 de xunho celebrarase o pleno ordinario do Concello de Ourense, no que se levarán os puntos acadados no Pacto Cívico (3 reunións).

Fálase de facer unha protesta se non levan a cabo os mínimos que tódolos grupos acadaron e falaron, e sobre todo para que vexan que non é un problema para tomalo á lixeira.

Fálase de intentar facer unha rolda antes do pleno, se nese momento temos os datos reais de cada caso, para levar ben preparada a información que poidan preguntar os periodistas e meter presión así.

Facer as cartaces para a campanhan de búsqueda de implicados en Stop Desafiuzamentos.

Pídese información do premio ó que, supostamente, optamos por medio dunha asociación de Seixalbo. Parece ser que só é unha candidatura presentada a futuro sorteo.

3. MANIFESTACIÓN DA “MARCHA DAS MULLERES”

Organiza a Plataforma polo dereito ó aborto, será o 16 de xunho en Santiago de Compostela.

O 13 de xunho en Ourense farase unha manifestación protesta “Rodea a Catedral” e organizada entre outras por “Marcha Mundial das Mulleres”. Pedían axuda para facela.

O martes 4 de xunho farase unha rolda de prensa ás 10:30h na Praza de San Martinho.

O xoves 6 de xunho na Praza da Estrela quedaron para elaborar as pancartas ás 20:00h.

Fálase de intentar vir e apoiar a rolda de prensa, tamén facendo as pancartas e no “Rodea a Catedral”.

Parece ser que o 16 de xunho, para a Marcha das Mulleres, hai autobuses a Santiago a 7€, pero está por confirmar.

Fálase de recordar na palestra do mércores (Tareixa Otero: Feminismo e soberanía alimentar) sobre as manifestacións.

 

4. PALESTRA TAREIXA OTERO, MÉRCORES 4 DE XUNHO

Fálase de asegurarnos que non pase como na última vez, que nos encontramos coa aula cultural na zona de embaixo, e non está publicitada de antemán. Tamén controlar o son e intentar facer o streaming-online da palestra.

Tareixa pretende proxectar e hai que levar e ter previsto esto.

 

Finalízase a asemblea.

ACTA DA ASEMBLEA DO 16/05/2013

Data: 16/5/2013
Lugar: Praza Maior

 

Hora de convocatoria: 20:30 H
Hora de comezo: 20:45 H
Hora de remate: 23:00 H

 

ORDE DO DÍA ASEMBLEA:

1º- Manifestación día 1 de Xuño.

2º- Evaluación concentración 12M.

3º- Información “Plataforma Pola Banca Pública”, ADUCAB.

4º- Constitución como nodo local en Ourense da “Plataforma da Auditoría da Débeda”.

5º- Plebiscito do 25 a 30 de xuño.

6º- Stop Desafiuzamentos.

1º- Manifestación día 1 de Xuño (POBOS UNIDOS CONTRA A TROIKA).

Martinho preparando as cartaces. Falouse en “Marea Cidadá”, Mavi e Martinho levan o groso.
O permiso pídeo Mavi e Miguel.

Xuntanza previa o día 28 para ver se algo do manifesto está consensuado por todos, que será ás 20:00h no edificio de ferro na Aula 0.0.

Rolda de prensa para o xoves 30 de maio, ás 12:00pm, para presentación da manifestación.

Oscar encargar cartaces para a manifa a Camilo (Pereiro) e falar con Mavi.

A pancarta quedouse de reutilizar de 23F e meterlle a frase “Pobos unidos contra a Troika”.

Contactar con Esther para traer máis material para facer a pancarta.

Manifesto tradúceo Martinho, úsase o que ten “Marea Cidadá” a nivel estatal (que no seu momento, saiu de Portugal).

Invitar a outros colectivos, aínda que non apareceron na reunión previa, para ver se alguén pode aportar algo.

2º- Evaluación concentración 12M(15M). Entrega de alimentos a Cruz Vermella. Tapers e comida para xente necesitada. Creación de comedor social. Buscar información para ter datos.

Para os presentes, foi bastante pobre a asistencia de xente. Tamén se pensa en que como a xente estaba no Reperkusión, é entendible. Coméntase o feito de denegarnos presentar ou subir ós concertos do festival para expresar que o movemento e a loita continúan. Ofrecéronnos sen embargo ponher un posto, cousa que non se precisa permiso de ninguén para ponhelo.

Entregamos os alimentos á Cruz Vermella e explicáronnos como funciona a repartición.

Coméntase como funciona o Banco de Alimentos en Ourense. Coméntase que Cáritas pretende abrir un comedor máis grande do que existe. Tamén se fala de como o comedor do Concello, levado pola Fundación San Rosendo, usa voluntarios para o traballo do comedor.

Sobre a Cruz Vermella, os alimentos repártense nos proxectos que posúen, e a xente que opta ós alimentos repartidos deben estar nas listas deses proxectos.
Fálase de formalizar o comedor, producto dunha charla inicial o domingo 12 de maio no Grándola, para axudar a xente que o precise.

Fálase dos pormenores, permisos, como levalo e como facelo unha realidade. Todos aportan ideas, e contactos. O básico é seguir buscando información sobre datos oficiais, de canta xente é posible que sufra pobreza, e de cómo funcionan os actuais comedores e axudas.

Búscase facer algo autoxestionado para poder iniciar algo, sen necesidade de esperar e queixarnos do que xa existe, e que funciona a base de subvencionar organizacións de corte relixioso, sempre buscando a axuda e a acción inminentes.

Á espera de saber algo sobre o local do que se fala, as ideas son benvidas para unha vez obtido, comezar con proxectos (cursos, roupa, comida, ordenadores para uso público…)
 

3º- Información “Plataforma Pola Banca Pública”, ADUCAB, asemblea e reunión o martes 21 ás 18:30 no Edificio de Ferro no sótano, sala “Emilia Pardo Bazán”. 

Invitación a todo o mundo que queira vir á reunión ese día, para informar e comentar sobre os avances que se levan feito e como poder aportar cada un o que poida. Escolleranse os órganos para levar a cabo a entrega da denuncia oficial. Os estatutos están enlazados na páxina de Asemblea Aberta Ourense. Publicitalo os que o sepamos para que acuda canta máis xente mellor. 

4º- Constitución como nodo local en Ourense da “Plataforma da Auditoría da Débeda”.

Creación en Ourense dun nodo, dun grupo oficial, para manter contactos co resto de Paltaformas xa constituídas. Actualmente existe en Galicia un nodo en Santiago de Compostela.

A creación de contactos pode levarnos a crear unha rede forte para actuar contra a impunidade e a fin que se busca, que é a auditoría da débeda das caixas, neste caso, galegas.

Esta rede pode extenderse, e pode levar a crear auditorías dos Concellos, de organismos, en definitiva, que todo sexa mostrado públicamente, finalizando unha época de oscurantismo e opacidade administrativa que só fai desconfiar ós cidadáns (con razóns fundadas e provadas), e que leve a unha pronta boa funcionalidade do sistema, podendo confiar outra vez nun estado pensado para ser democrático, que actualmente non o é. Sábado 25 de maio, charla de Carlos Taibo en Santiago de Compostela, no Centro Cultural de Castinheirinhos.

O debate continúa na seguinte asemblea.
 

5º- Plebiscito do 25 a 30 de xuño.

Fálase de que non é vinculante, porque non ten a funcionalidade dunha ILP, pero é unha protesta escrita que pode levar a repensar as políticas actuais, a mostrar a opinión e o xuizo ético da sociedade, a súa variedade, non o pensamento único imperante. Conformando mesas para consultar á xente, búscase que a xente se eduque en participar perante os gobernos que non velan por eles (por desconhecemento da opinión social, dos seus problemas máis cercanos), xa que é hora de que o máximo responsable dun país (o seu pobo) exerza o seu dereito e a súa voz guiando ós seus directos responsables, os traballadores do pobo, os gobernos.
 

6º- Stop Desafiuzamentos.

Creación de accións de contrapublicidade ós bancos que desafiuzan. Falar do ocurrido hoxe xoves en NGB.

Proponhen meter un escrito, por medio dun grupo político do Concello de Ourense, para denunciar o acontecido hoxe nunha sucursal de NGB, onde se negaron a recibirnos como plataforma de Stop Desafiuzamentos Ourense para falar do caso dunha parella afectada de inminente execución, obviando o acontecido nunha charla previa que tivemos con eles, negociando as condicións desta parella e na que se asegurou que “non habería problema en renegociar unha hipoteca, porque dende NGB sempre houbo boa fe”.

Excusándose en que estaban reunidos, e que pola tarde tampouco podería ser, nin o venres, só podería ser o luns da semana que ven, sendo imposible para a totalidade dos integrantes, non puidemos falar con eles, facéndonos e facéndose un flaco favor, como entidade que busca a credibilidade social e soltando frases no pacto cívico de Ourense no que aseguran que levan “ano e medio sen executar nin meter a xente en inminentes desafiuzamentos”, dito esto diante dun afectado con execución desta entidade, tornando en burla o alí asegurado polo representante de NGB, máxime cando a situación desta parella é moi particular e con menores en medio.

Son benvidas propostas para protestas, e para visibilizar o problema perante a sociedade, para que non se enterre este problema, para que esté candente, e para atopar a solución definitiva, xa comentada no tirón de orellas do Tribunal Superior de Xustiza Europeo á actual Lei Hipotecaria de Espanha. Proponse facer un vídeo reivindicativo para visualizar mellor o problema, con testigos e datos verídicos, intentando tamén ter a versión das dúas partes.

ACTA DA ASEMBLEA DO 9 DE MAIO DE 2013

Data: 9/5/2013
Lugar: Praza Maior

Hora de convocatoria: 20:00 H
Hora de comezo: 20:45 H
Hora de remate: 23:30 H

ORDE DO DÍA
1- Concerto Solidario, contas e entrega de alimentos a Cruz Vermella.
2- Organización mani 12M(15M).
3- Valoración das palestras e organización.
4- Información plataforma pola banca pública.
5- Constitución como nodo local en Ourense da plataforma da auditoría da debea
6- Manifestación internacional día 1xuño
7- Pebiscito 23 a 30 de xuño
8- Stop Desafiuzamentos

1º PUNTO DA ASEMBLEA – Concerto Solidario, contas e entrega de alimentos a Cruz Vermella.  

Entradas (400) – vendidas ————> 243 = 1215€ 

Entradas sin vender ——————–> 157   

Postáis (500) – vendidas —————>120 = 60€ (moméntaneo)
 

TOTAL RECAUDADO (a 9/05/2013): 1122€ 
 

Falouse con Cruz Vermella para comentarlles que hai duas personas que precisaban comida, e xa quedaron avisados por Miguel.

Non hai tanto consenso de entragalos a Cruz Vermella debido a algunhas críticas recibidas por diferentes persoas sobre o reparto de alimentos desta entidade, aínda que foi o acordado, polo que sí se sigue coa entrega, pero se acorda falar cos responsables para aclarar este tema.

Acordase facer nos unha recolecta paralela para as persoas que conhecemos que precisan axuda, a nivel Asemblea Ourense, levando ás seguintes asembleas alimentos para xuntar e darllos.

2º PUNTO DA ASEMBLEA – Organización mani 12M(15M).

Concentración ás 19:00pm na Praza Maior de Ourense.

Feito o evento no facebook e convidados os amigos nas redes; quedase en enviar nota de prensa (Resume do manifesto que se leu no concerto)(Oscar).

Os cartaces hai que buscalos en grande para imprimilos (Oscar).

Confirmar o equipo de son (Martiño).

Haberá unha asemblea extraordinaria con micro aberto. Recolleranse propostas, antes de manhán, para encher o espacio que dure a concentración-asemblea.

Fálase de convidar a colectivos para facer unha asamblea-consulta de cara a futuras movilizacións, pero valorase que se trata dunha concentración para celebrar o aniversario do 15-M e non se considera que o resto de colectivos como tales deban formar parte da organización do mesmo.

Na Organización, coméntase de agradecer ós organizadores, ós que vinheron e formaron parte de que o concerto se levara a cabo e saíra a pedir de boca.

Pancarta: mirará Roberto se existe todavía a do ano pasado, para meterlle un cambio no texto (cambiar o número 1 por un 2), e poder reutilizar a que xa hai, se a hai. De tódolos modos, pódese comprar xa que sae barata (uns 20 euros) e pódese mirar de facer unha nova, xa que este aniversario (2º) o lema é “Da indignación á rebelión. Escrache ao sistema”.  A lona para a pancarta cómpraa Sela (6 metros de largo), as letras fainas Esther, e traenas o Domingo antes da concentración (5 da tarde) para pegalas .

3º PUNTO DA ASEMBLEA – Valoración das palestras e organización.

Coméntase do pasado na última palestra con Rosa María Calaf, sobre o son e os erros que se poderían solventar se houbéramos mirado ese tema antes, asegurando o bo funcionamente para as futuras palestras. Se Martinho pode para a seguinte palestra, que quede como responsable de son, tanto para proxeccións como para funcionamente dos micros (que non monten son, que non tenha demasiado eco…); se Martinho non pode, Óscar proponse como alternativa. Queda tamén aberto a quen controle de tema son.

A xente está contenta con como saen ata o dagora, quitando ese pequenos erros.

O sonido é a máxima preocupación, sobre todo cando falan co inalambrico, e sobre todo pola parte de atrás que non se escoita.

Tamén hai que segurar que internet funciona, xa que na de R.M. Calaf colgouse 15 minutos, e sí houbo xente que seguía a palestra en “streaming”.

Determinar os pagos das cenas doutro xeito para non ter problemas coas contas no momento de pagar tras a cea.

4º PUNTO DA ASEMBLEA – Información plataforma pola banca pública.

 Roberto comenta a lexitimidade da plataforma, vinculada á que Asemblea Aberta Ourense se implicou, baixo acordo de todos, e nos fai un resumo  do nacemento da mesma:

Consituíuse un grupo de traballo, no que vairos integrantes estaban, e ese grupo acordou quitar a denuncia da banca, e facer unha presentación de ADUCB.

ADUCAB xa existía dende o 98, con estatutos.

O 11 de abril presentouse no Ateneo de Ourense, crisis financeira, responsables e consecuencias.

O martes 7 de maio volveuse reunior o grupo de traballo, convidando a afectados polas preferentes que estivaran na presentación, e decidiron sumarse á denuncia a título individual.

Xunto con xente de Marea Cidadá, acordouse facer unha presentación de ADUCAB á presna o luns 11 as 12:00 na sucursal de Nova Galicia Banco na rúa do paseo, e facer asemblea o 21 as 18:30.

Propuxose facer soci@s cunha cuota dun euro ao mes, que se deberá confirmar na asemblea.

Acordouse crear un BLOG: aducab.wordpress.com; no que se copiou  o texto da Plataforma pola Banca Pública, e o logo, o que se deberá validar en asemblea. Tamén se colgaron os estatutos e proximamento o forumulario de inscripción.

Na asemblea tamén se constituirá a plataforma, cos cargos correspondentes, precisos para podelo levar a subdelegación e persoarse na denuncia.

A plataformá é sen ánimo de lucro. Esto exporase tamén na Marea Cidadá.

5º PUNTO DA ASEMBLEA – Constitución como nodo local en Ourense da plataforma da auditoría da debea.

Roberto está indo as reunións, con moita más xente nas primeiras e decaendo nas últimos, quedando un grupo de unhas 10 persoas.

O obxetivo é crear os máis nodos posibles para xuntar forzas e traballo co resto do Estado para presentar a Auditoría da Débeda.

Falase da necesidade de visualización da rede de nodos da auditoría, e que non implica un traballo máis alá do que xa se está a facer, de manter unha serie de contactos e aproveitar unha serie de ferramentas exientes e información xa a nivel estatal.

Falase de que quizais meterse nesto quite forzas de outros temas, somos poucos e temos moitos temas enriba.

Valorase diexalo para máis adiante para ir pechando temas.

Comentase que non é algo a maiores, senon parte do que xa facemos, que so suporía constituirse como tal “oficialmente” e que quen quiera se adira (comentadollo a outros colectivos).

Comentase a importancia de que se constitua dende AAO o nodo de auditoria da débeda para que dende a plataforma se poida mover, non dun xeito aislado. Agora mesmo so existe en Compostela, pero se está a mover en outras cidades de Galicia.Tamén sería un xeito de conectalo con ADUCAB e colaborar e obter aportacións tamén deste colectivo.

Decidese seguir debantindo este tema na seguinte asemblea para tentar ter máis aportacións de outra xente que hoxe non pudo estar.

6º PUNTO DA ASEMBLEA – Manifestación internacional día 1xuño.

AAO decide unanimemente levar o seu voto a favor de organizar dende Marea Cidada a manifestación en Ourense.

7º PUNTO DA ASEMBLEA – Pebiscito 23 a 30 de xuño.

Montse trae información e expón o tema, quen organiza, como, a documentación precisa, y o por qué deste plebiscito, para ver se AAO apoia e leva adiante este tema.

Comentase que non é vinculante, pero que se sae ben pode ser un punto de partida para forzar un cambio.

Falase que é cada un se debe apuntar individualmente e facer porposta na web http://plebiscitovinculante.wordpress.com/.

Comentase que na seguinte asemblea de Marea Cidadá se falará tamén deste tema.

8º PUNTO DA ASEMBLEA – Stop Desafiuzamentos.

Roberto comenta que a raiz da charla coa TVG se enteraron do problema con unha das afectadas, nunha situación bastante mala, e que actualmente non podemos poñernos en contacto con ela. Falase do adecuado de por a nova no facebook certas novas e a posibilidade de que a afectada se molestara. Comentase de falar con ela para pedirlle desculpas por se se sentiu invadida.

Oscar lee os correos mantidos polo do Pacto Cívico, onde se exixe un movemento por parte do Concello tras os sucesos acaecidos, recibindo resposta inmediata para indicar que inda se ten quer debater no pleno, pero non asegura que sexa nin sequera en xunio.

Roberto comenta que tamén falou con eles para pedir o movemento canto antes do tema, non recibindo a cambio máis que excusas.

O caso dalgunha das afectadas non parece ter máis saida, máis que a loita social, indicado deste xieto polos propios avogados, polo que precisamos preparar unha estratexia para sacar esto nos medios.

#12M #15M. Concentración e asemblea para celebrar o 2º Aniversario do movemento

Este Domingo 12 de Maio ás 19:00 hrs. convocamos dende Asemblea Aberta Ourense unha concetración para celebrar o 2º Aniversario do movemento na Praza Maior.

A concentración transcurriu cunha asemblea aberta, na que antes de dar comezo se leu un texto cun pequeno resumo do traballo nestes dous anos, e que vos deixamos a continuación:

O 15 de maio do 2011 botaba a andar o movemento social máis importante dos últimos tempos en España, o 15M. Estudantes, xubilados, economistas, parados, mestres, médicos, xuristas, amas de casa indignad@s que uniron forzas e ideas para analizar e denunciar a situación económica e política actual e buscar alternativas.

Trala primeira manifestación secundada ese día en tódalas comunidades por milleiros de persoas, o pobo tomou ás prazas de cidades e vilas reclamando máis poder de decisión, unha democracia real. Ourense sumouse á loita.

Ás primeiras xornadas intensas, día e noite, con debates multitudinarios sobre o sistema electoral, as institucións públicas, a sanidade, consumo responsable, educación, corrupción, benestar social… e con moreas de propostas de mellora, seguíronlle semanas e semanas de traballo, que xa non recolleron os medios de comunicación como ao principio, pero nas que xermou unha conciencia cidadá disposta a facer algo por cambiar este sistema neoliberal anti persoas.

Malia o empeoramento dos datos do paro, malia os mal chamados suicidios, malia ter que rescatar cos nosos cartos uns bancos que nos deixan sen vivenda… Malia todo, e malia que o panorma actual é desolador, non tiramos a toalla. Como rezaban os cartaces que nos primeiros días adornaban as prazas, “imos amodo porque imos lonxe”.

Asemblea Aberta Ourense traballa dende hai dous anos secundando convocatorias a nivel estatal e desenvolvendo accións e actividades por iniciativa propia. De aquí sairon plataformas coma Stop Desafiuzamentos, Stop Nepotismo e a Plataforma pola Banca Pública que se opoñen respectivamente aos desaloxos de familias das súas vivendas, aos casos de corrupción e caciquismo na nosa provincia e ao espolio das caixas galegas.

Con Stop Desafiuzamentos axudamos a familias a acadar a dación en pago e seguimos negociando, xunto con avogados, cos bancos para que outras acaden o mesmo e que poidan quedar nos casas cun alugueiro social. Dende Stop Nepotismo fomos os primeiros en denunciar públicamente con performances os enchufes na Deputación, antes de que o ex presidente fora imputado por prevaricación continuada. Momento, o da declaración de José Luís Baltar, no que tamén estivemos ás portas do xulgado para amosar o noso rexeitamento á lentitude da xustiza. Esta acusación formal chega tarde. Coa Plataforma pola Banca Pública pedimos que se axuice ás cúpulas directivas das caixas galegas pola desfeita que fixeron cos nosos aforros co silencio e axuda do Banco de España e do Goberno. Unímonos á petición dunha auditoría cidadá da débeda, unha débeda ilexítima que está sendo a excusa para impoñer uns recurtes que en vez de traer a fin da crise, aumentan as desigualdades, a pobreza.

Manifestacións, concentracións, representacións teatrais denunciando esta débeda que non é pública e que asumimos como tal, o primeiro escrache a un deputado galego do PP para que votara a favor da ILP contra os desafiuzamentos foron algunhas das mobilizacións organizadas por Asemblea Aberta Ourense.

Apoiáronse ás persoas estafadas coas participacións preferentes, unímonos aos movementos pola defensa da natureza, contra os lumes forestais, a prol da sanidade pública e da educación de calidade e para todos. Dende Ourense, integrantes do 15M, participamos na recollida das sinaturas que a Plataforma dos Afectados pola Hipoteca presentou (finalmente un millón máis das necesarias) no Congreso para reformar a lei hipotecaria, a ILP presentada amparada co dereito constitucional foi botada abaixo pola maioría do PP.

En febreiro deste ano para aunar forzas, nace Marea Cidadá. Grupos ecoloxistas, feministas, de funcionarios, de estudantes e afectados polas preferentes que traballan agora conxuntamente para, dende Ourense, reclamar os nosos dereitos e defender as nosas libertades.

O traballo non remata aquí, indignad@s seguimos dous anos despois. Programamos un ciclo de palestras coma un paso máis cara a concienciación, para amosar que si que hai alternativas. Propomos un control sobre os Mercados e a Banca, para que non poidan acaparar os nosos recursos, un cambio de modelo político e social con menos inxustizas, máis trasparente e no que todos poidamos participar. Propomos devolver a dignidade ao ser humano, e valorar o esforzo real que cada un inviste no benestar de todos. O desenvolvemento respectuoso co medio e con todos é posible.

E lembramos que Asemblea Aberta Ourense precisa de apoio, de máis voces que desexen unirse á construcción (sabemos que complicada mais non imposible) dun mundo mellor.

Tódolos xoves ás 20:30, na Praza Maior de Ourense. Agardámoste.

ACTA DA AEMBLEA ABERTA OURENSE 18 DE ABRIL 2013

Data: 18/4/2013
Lugar: Bar Trampitán

Hora de convocatoria: 20:30H
Hora de comezo: 20:40H
Hora de remate: 22:06H

ORDE DO DÍA
1. Manifestacion do 25 de abril
2. Manifestacion 1º de Maio
3. Peche no I.E.S. “A Carballeira”
4. Información STOP DESAFIUZAMENTOS
5. Loxística e finanzamento dos concertos 2º Aniversario
6. Varios

[*] Antes de comezar a xuntanza da Asemblea preséntase ante a mesma Marcial Peranes, secretario do Ateneu, que informa sobre a difícil situación económica actual deste tras o recente desaloxo do edificio San
Martín, que ocasionou unha serie de dificultades económicas froito dunha baixada no número de afiliacións que lles impide manter o pagamento do local actual. Con tal motivo, traslada a petición de apoio a todos os
colectivos sociais e culturais da cidade, animándoos a participar nun acto solidario que se realizará na actual sede do Ateneu (Avda. da Habana, 25) ás 20:15H do vindeiro mércores 24 de abril no que se fará
pública esta situacion.

1.- Montse pasa a informar á Asemblea sobre a reunión que mantivo o domingo 14 cos colectivos xuvenís da cidade a propósito de organizar a mobilización local para o 25 de abril. Fixáronse durante a mesma o
percorrido da manifestación (dende a Alameda á sede do PP con varias paradas durante a mesma na biblioteca, xulgados, etc.), e mailo cartel e lema desta (“O pobo é quen máis ordena”); acordándose do
mesmo xeito que a faixa sería unitaria, sen siglas, e sen bandeiras polo medio de ningunha organización política ou sindical. Levaranse tamén máscaras tipo “V de Vendetta” que se repartirán na propia
manifestación para remarcar o sentido unitario da mesma. A manifestación sairá en principio ás 20:00H dende a Alameda, quedando non obstante por concretar na vindeira reunión dos colectivos organizadores
do venres 19 ás 19:00H no CS “Sem um cam”, á que acudiria Montse no caso de que ao final ninguén se apunte. Sobre a proposta que facíamos como Asamblea Aberta do “In-Out”, informase de que esta
finalmente non foi compartida debido a que se vía como moi complicada polo resto de colectivos presentes.
Infórmase tamén de que un pequeño grupo de 4-5 persoas da Asemblea están organizando unha viaxe a Madrid polo 25 de abril. Pese a algunha reticencia referinte a centrar únicamente na sede do PP a protesta,
a Asemblea aproba sumarse a esta manifestación xa que non conta co tempo suficiente para organizar outra cousa. Acórdase neste sentido aprazar a vindeira asemblea debido a que a manifestación coincide en
xoves.

2.- Sobre a manifestación do 1º de Maio, infórmase do contacto dos sindicatos minoritarios coa Asemblea para a participación desta no “bloque crítico” da manifestación. No caso de aceptar esta invitación, quedaría
por decidir o lema da parcarta, un manifesto, nota de prensa, etc. Sobre o “bloque crítico”, recórdase que os sindicatos maioritarios prestaron colaboración en varias das actividades da Asemblea ao longo do ano,
acordándose que ir nun “bloque critico” non implicaba ir contra unhas siglas sindicais concretas. A asembleaconsensúa acudir á manifestación do 1º de Maio como “bloque crítico” ao final da mesma, aprobando consecuentemente acudir á reunión preparatoria desta do mércores 24 ás 18:00H na Universidade.

3.- Infórmase ante a Asemblea que mañá, venres 19 de abril ás 19:00H, terá lugar un peche no I.E.S. “A Carballeira” con motivo dos plans da Xunta de Galicia de transformalo nun centro integrado de FP (quitando
con isto os cursos da ESO actuais). Invítase a participar masivamente nesta acción.

4.- Pásase a informar sobre a última reunión da comisión de seguemento dos desafiuzamentos do Concello de Ourense, repetíndose de novo as malas sensacións sobre a mesma. Novo desentendemento da maioría
de forzas políticas. As entidades bancarias, pola súa parte, seguen insistindo no discurso de “non existen casos de desafiuzamento actuais en Ourense”. Durante esta última reunión, “Stop Desafiuzamentos”
centrouse na redacción das súas propostas para a comisión, e na petición dun teléfono para a atención á cidadanía afectada por este problema. O Concello comprometeuse á creación deste teléfono e a darlle a
publicidade axeitada. O problema neste sentido ven no tocante a onde redirixiría este teléfono de atención, xa que a prometida “Comisión Técnica” (formada por asesores legais, psicolóxicos, un membro de Stop
Desafiuzamentos, técnicos varios do Concello, etc.) considérase agora polo Concello “excesiva” e pouco útil. Entre o resto de propostas, estaría a invitación ao Concello de deixar de efecturar transaccións e outras
operacións bancarias con aquelas entidades que estiveran levando a cabo desafiuzamentos na cidade.
Tamén caeu abaixo outra proposta de Stop Desafiuzamentos referente á utilización do parque móbil do Concello gratuitamente para a mudanza da xente desafiuzada, alegándose que iso esixía moitos trámites e
derivando a decisión a un pleno. Recóllese tamén que houbo un pequeño altercado na comisión coa asesora legal do PP, que chegou a burlarse da dacción en pagamento. As sensacións seguen sendo que o
Concello só pretende con esta comisión unha publicidade puntual que non se concrete en nada, sendo a Asemblea moi excéptica co que poida sair en positivo desta comisión pese ás boas intencións dalgún grupo
político.

5.- Miguel fai á Asemblea unha proposta de autofinanciamento para pagar o equipo de son do concerto, que consistiría en ir 2-3 persoas polos bares da cidade ofrecéndolles pór o seu anuncio no cartel do concerto
colaborando económicamente co mesmo (20-25€). Debido ao problema de que os carteis xa estan impresos e mesmo colgados, proponse engadir eses patrocinadores cunha fotocopia pegada debaixo de cada cartel.
A asemblea aproba por unanimidade a proposta, e fórmase un grupo para ir facendo este percorrido polos bares da cidade o luns á mañá, no que estaría Miguel e Jose Antonio (Ruben queda encargado de editar os
anuncios para logo imprimilos). Recórdase que os tacos de entradas para vender e mailos carteis quedan no Trampitán, tendo que apuntarse previamente cada un no caso de que colla os tacos que considere para
vendelos. Para a vindeira semana estarán impresas xa as postais (500 en total), que se venderán a 0.5€ cada unha. No tocante á recollida de alimentos no concerto, infórmase que dende Cruz Vermella ofrécense
a recoller os alimentos coa condición de facelo o luns seguinte ao concerto (xa que non contan con persoal suficiente na fin de semana). Montse contactou tamén co banco de alimentos da rúa Manuel Murguía debido
á reticencia de parte da Asemblea a realizar a recolida dos alimentos con Cruz Vermella. Fíxase o luns 22 á tarde como data límite para decidir quen e cando recolle os alimentos do concerto. Para publicitar esta
recollida de alimentos, acórdase imprimir unhas octavillas que informen sobre a mesma que se repartirán con cada entrada vendida.

6.- Infórmase de que hai un Piratepad aberto para ir coordinando as ceas dos diferentes conferenciantes das xornada de maio, así como para organizar as diferentes tarefas dos concertos para que se poida sumar
a xente que quera participar nas mesmas.

En Ourense, ás 22:06h, dase por rematada a asemblea.

ACTA DA AEMBLEA ABERTA OURENSE 4 DE ABRIL 2013

Orde do día:
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
2.- Acción día “d”
3.- Concretar a acción do 25 de abril. Reparto de tarefas.
4.- Información do grupo de traballo 2º Aniversario
5.- Estado da loxística e finanzamento do 2º Aniversario
6.- Propostas de AAO para a reunión da marea cidadá do martes 9 ás 18h no edificio de ferro.
7.- Plebiscito vinculante
8.- Información STOP DESAFIUZAMENTOS,.
9.- Información da reunión co colectivo Adiante.

Orde de tratamento, desenvolvemento, debate e acordos:

Antes de nada destacar a presenza de Manuel e a súa muller e Rubén Bentiban, persoas a piques do desafiuzamento de aluguer e en situación de notable necesidade económica.

1.-  Apróbase a acta do 28 de marzo.

2.- Despois dunha rolda de palabra na que se pon sobre o tapete a posiblidade de ser multados, dado que a figura legal é “acoso” , expóñense alternativas que pasan dende a creación dunha caixa de resistencia ao recurso xudicial, acórdase seguir adiante coa acción coas seguintes responsabilidades: Roberto traerá as fotocopias en cor, dado que moitas das asistentes no teñen fotocopiadora e Montse encárgase de falar con Diego para que veña gravar.

3.- Respecto da acción para o 25 de abril, algunhas das persoas asistentes á asemblea,  propoñen, en vez de realizar a acción aprobada na asemblea anterior,  ir a Madrid e manifestarse fronte ao Congreso, para o que deciden entre eles buscar medio de transporte para ese día; polo tanto o tratamento  da acción “in-out” queda en suspenso ata confirmar a asistencia de persoas que a realicen.

4.- Como hai acta da reunión do grupo de traballo do 2º Aniversario, a asemblea dáse por informada.

5.-  Neste punto falouse en primeiro lugar do tema: recollida de alimentos. Desbotouse a idea de dar cañas por kilo de comida por considerarse pouco ético alentar á xuventude a consumir alcohol. Acordouse chamar a traer alimentos solidariamente, avisando no cartaz e nas entradas. Nolas propón facer unha acción específica para o tema de recollida de alimentos, despois de escoitar as persoas que están en contacto con situacións de exclusión extrema.
En segundo lugar acordouse poñer como punto fixo de venda de entradas o Trampitán,  e que tal información figure nos cartaces.
Respecto do tema son da sala as opcións son as expostas na reunión do grupo de traballo: a) que o socio de Franco (sala Berlín) subvencione a metade do gasto, b) que se regatee o prezo coa empresa suministradora, c) que Oscar fale cunha persoa que el coñece que dispón dun equipo, para que no lo preste.
Tamén se acordou falar con Esther para que faga chapas de STOP D.
Óscar informa de que as postais e os marca páxinas xa están en imprenta.
Insístese na transparencia radical coa recadación das entradas que irán destinadas á pagar os gastos derivados das palestras e proxeccións e gastos de AAO e o resto para Stop desafiuzamentos.
Faise unha proposta de facer unha web para o evento, pero esta proposta non quedou pechada.

7.-  Celine informa que sobre a acción Plebiscito Vinculante hai información colgada no muro de Acampada Ou debate para que se estude a posibilidade de asumila como asemblea. Tamén propón que se leve á reunión da marea cidadá, pero non hai consenso.

8.- Información Stop Desafiuzamentos sobre a reunión da comisión do Pacto Cívico do Concello:
Informa Roberto.  Asistentes entre outros: Colexio de Psicólogos, Afectados, Stop D., Educadores Sociais, AAO, AUSBAN, representantes de vivenda pública e privada, avogado da oficina de Intervención Hipotecaria e representantes do Concello para asuntos económicos…
Roberto di que houbo dúas posturas “contundentes” a do Bloque que esixe a creación dunha comisión técnica e a de Anova que pide a creación desa comisión técnica, concretar as súas competencias e esixir a súa operatividade.
Tamén informa que AAO fixo as propostas recollidas no pirate que se abriu a tal fin como:
Definición de obxectivos da Comisión
Regulamentación
Atención psicolóxica aos afectados
Creación dun banco de alimentos
Axuda a mudanzas
Creación dun parque de vivendas
-Creación dunha bolsa de emprego
Axudas para evitar o corte se suministros de auga e de luz
Creación dun telefono
Difusión da información
Posicionamento do Concello mediante unha declaración expresa que presione ás entidades bancarias
Posicionamento de partida a favor da ILP
Escolma de membros que empecen a traballar
Avaliación semestral das accións desta comisión
Participación dun representante de cada forza política que colabore
Proposta dun único obxectivo: cumprimento do artigo 47 da Constitución

6.- Neste punto informase que hai aberto un pirate coas propostas para levar a reunión e se lembra a decisión da asemblea anterior de facer a proposta de participación da acción in-out e en todo caso que redacten o manifesto que sería lido nese día.
Roberto que asistirá a esa reunión non asume levar a proposta da acción do 25 de abril.

O punto 9 non da tempo de tratalo.

ACTA DA ASEMBLEA DO XOVES 14/03

Ás 20:30 no Trampitán.

1º-Asemblea de colectivos Marea Cidadá:
-Exposición de acordos Tomados.
Asistiron á Asemblea da Marea Cidadá: Liga Estudantil Galega, Anova, Marcha Mundial das Mulleres, Asemblea Aberta Ourense, Stop Desfiuzamentos, Plataforma pola Banca Pública, Movemento FUE, PROSADI e Marea Laranxa. Acordouse crear un grupo de traballo para colaborar na denuncia aos directivos das Caixas de Aforros. Este GT reunirase o luns 18 de marzo ás 18:00 hrs. no Edificio de Ferro do Campus de Ourense, para non coincidir coa xuntanza da “comisión de seguimento de desafiuzamentos” creada no concello de Ourense a petición do BNG e nosa. Ten un lugar un extenso debate sobre a Marea Cidadá que comeza co cuestionamento da pertinencia de que sexa a Marea o foro idóneo para levar a cabo un grupo de traballo sobre esa cuestión. Por outra banda sublíñase o consenso acadado na asemblea da Marea sobre a creación do grupo de traballo ao que se responde con que a Marea debe dotarse de identidade para poder constituírse como un espazo de confluencia de novos colectivos. Faise constar que a mesma situación que se estaba dando durante o debate se viviu cando se constituiu o grupo de stop desafiuzamentos no seo da AAO. Finalmente acádase o compromiso de realizar unha proposta de contido para consensuar na vindeira asemblea da Marea Cidadá e comezar un debate de ideas para a construcción dun discurso/manifesto de mínimos que aglutine os intereses e motivacións dos colectivos e serva como ferramenta para ampliar a base dos mesmos.

2º-Contracumio europeo;Nodo auditoría:
-valuación máis accións.
Valórase moi positivamente o esforzo e traballo das persoas que organizaron a acción do contracumio europeo en Ourense. Asimesmo valórase positivamente a acción en sí mesma, botando en falta maior número de participantes e xente que a presenciase. Proponse que a acción se podería repetir ao remate dalgunha manifestación xa que se aseguraría a presenza de moita xente ao redor.

3º-Ciclo decharlas de Maio:
-Permiso de comercio: Están enviados pero aínda non contestaron
-Sillas.(0.80 ctm) // solicitude Participazón cidadá e cultura??. Martiño comprométese a xestionar o préstamo de cadeiras coa Concellería de Cultura.
-Concerto (sala Berlín 3 maio).
(Grupos) O grupo de Caride participa pide xuntarse co resto dos grupos para coordinarse.
Martiño comprométese a reeditar o contacto co Sonoro Maxín para que actuén ese día.
-Proxecións do 13 a 18 de maio. -Comercio. -lista de proxeccións.
Serán en xuño e xestionará directamente o Cine Clube, só nos piden que lle pasemos o listado de películas.
-Grupo de traballo Loxistica.
-Ponentes.(custes e contactos)
-Lugares para comer ou facemos comidas. Montse amosa a disponibilidade da súa casa como lugar para a celebración da cea despois de cada palestr.a
-Lugares para dormir( hotel ou Domicilios particulares). Estas cuestións dilucidaranse nun vindeiro grupo de traballo específico que se reunirá a semana que ven.
Idoia amósase voluntaria para o deseño do cartaz.

4º-Stop desafiuzamentos:
-Repasar casos: Xestionouse un caso dunha familia en Barbadás e outro máis onde se conseguiu un aprazamento e se fixo unha xestión para conseguir axuda dos servizos sociais.
-Comisión de seguimento no concello. O grupo municipal do BNG solicitou a STOP Desfiuzamentos unha rolda de prensa conxunta o xoves 21 ás 19:00 hrs. Iníciase un debate onde hai posturas discrepantes. Sin chegar a un acordo pásase ao seguinte punto.
– Soliciouse colaboración nunha acción organizada polo colectivo Adiante en Ourense nos vindeiros días. Non houbo tempo de debatir e proponse tratalo na seguinte asemblea.
– Descríbese a acción de scratcheo para presionar aos deputados que teñen que votar sobre a ILP da PAH. Non se adoptan acordos sobre esta cuestión.
– Houbo algunhas posturas contrarias a esta rolda de imprensa co BNG. Finalmente acordouse que Stop Desafiuzamentos pediría falar co alcalde e trataría de presionar no concello, e logo mirariase de facer a rolda de prensa.
– Expresouse a gratitude ao grupo do BNG, e en especial a Ximena, por facer presión dentro do concello.

5º Accións o 25 de abril. Non hai tempo de tratar este punto e solicítase que a vindeira asemblea comece por el.

ACTA DA ASEMBLEA DO XOVES 07/03

ORDE DO DÍA:
>>NODO AUDITORÍA DEBEDA GZ:
-Xuntanza de Compostela.
-Constituimonos como nodo en Ourense?? Acórdase insitir na implicación da Marea Cidadá, porque se lles convocou para a reunión en Compostela e non acudiu ninguén.
-Accións Contracumio Europeo(14 a 16 de Marzo).”Adoración á debeda”
-Acordos: Xoves 14 Marzo idos a realizar acto composto de das partes: Disfraces, pancartas e lectura de l manifiesto da contra cumbre. Quedamos ás 5 da tarde na Praza Maior para inicialo. Celine crea grupo para coordinar ante necesidades coxunturais. En principio todo está preparado.

>>CICLO DE CHARLAS MAIO: 8, 15, 22 e 29.Maio e 5 Xunio.
Proposta creación Grupo traballo para financiación e presupostos.( camisetas, marcapáxinas…)
Reunión posible Sábado 16 ás 12:00 AM.
Sillas praza .Miguel y Roberto (Comercio)

>>STOPDESAFIUZAMENTOS:
-a asistenta social de barabadás contactounos para avisarnos de que o venres se vaia estudar a cración dunha comisión de seguimento dos desafuizamentos niste concello a proposta do concelleiro Firvidas do BNG.
-Chegáronos outros 2 casos do Barco.

>>ACCIÓN 25 DE ABRIL.
– Xa se creou no seu momento un correo para chamar á colaborar na constitución dunha asemblea constituinte CONSTITUINTESOURENSE@HOTMAIL.COM, e repartironse fotocpias dina4 onde ia a web e onde se explicaba o que se pretendía.
A asemblea de vigo xa estaba constituida nise momento. Constituimonos en ourense????. Martiño deixou un pirate para aportar.

>>ASEMBLEA DE COLECTIVOS MAREA CIDADÁ.
-Próxima asemblea o xoves 14 marzo no centro civico de Colón ás 18:00h . Propoñemos adelantala un día para organizar o acto de “Adoración a debeda” e Manifiesto de Contracumio.

–Miguel pasa tesorería a Oscar. 161 eu

ACTA DA ASEMBLEA DO XOVES 28/02/2013

ACTA 26/2/2013

Orde do día:
-Avaliación da Marea Cidadá.
-Ciclo de charlas de Maio.(estado)
-Stop desafiuzamentos.
-Nodo auditoria Gz.

1. Avaliación da Marea Cidadá:

Tanto Xiana como Martín como Roberto inciden no éxito, tanto na pancarta, como na afluencia ou no canto “Grándola Villa morena”, así como na convocatoria a outras organizacións ou sindicatos e partidos políticos.
Cousas a mellorar, según Martín e Roberto son as convocatorias en “tempo e forma” ás distintas organizacións que quedaron de alguna forma no tintero e que apoiaron previamente.

2. Ciclo charlas Maio:

Aínda que está casi organizadas quedan cousas por pechar:

Financiación:

Postais, concertos, marcapáxinas.(consensuado)
Venta de pequeños artículos na entrada de actos e na rúa. (proposta de cración grupo venta pola rúa).
Consenso para crear grupo para concertos : Irene, Roberto, Xiana, Miguel, Maria José e Rubén.
Contacto sala Berlín/ Miguel Caride (por concretar)

Sillas. Opción A: (IU)
Opcion B: Comercio
Opción C: Cartóns..

Lugar: En pricipio sería na praza pero podería ser no Liceo.segundo a meteoroloxía.

3.Stop desafiuzamentos. Sen acordos concretos.

4. Tesorería.

Miguel desiste e propónse conta bancaria ou depósito na casa, aínda por concretar.

5. Propostas:

a . Fixar sistema de convocatoria a organizacións (sindicatos, partidos…)
b. Obradoiros para nenos, proxección documentais 15M

ACTA ASEMBLEA 24/01/2013

Retómanse os puntos da orde do día a anterior Asemblea que quedaron sen pechar e engádense puntos novos. Deste xeito os puntos tratados foron os seguintes:

1.- Recollida de roupas e alimentos.
2.- Finanzamento dos actos do segundo aniversario.
3.- Charla sobre os desafiuzos.
4.- Campaña Stop Nepotismo.
5.- Manifestación en Madrid para o 23 de febreiro.
6.- Manifestación Stop Desafiuzos do día 16 de febreiro.
7.- Difusión das accións de AAO para vindeiro mes.
8.- Rogos e preguntas.

1.- Sobre este punto se informa de que aínda non se teñen feito contactos para conseguir local que serva de almacén para a recollida. Miguel propón falar coa Cruz Vermella por si ceden o local para tal efecto. Acéptase a proposta e se comprometen Miguel e Oscar a facer ese contacto.

2.- Finanzamento e organización do aniversario:
Hai consenso en que para a próxima asemblea, as persoas encargadas de cada unha das conferencias traian pechado o custe aproximado de cada unha delas así como completos os datos que faltan como nomes dos poñentes e títulos das ponencias
– A ponencia de Rosa María Calaf (que virá o día 8 de maio e non 18 como figura na acta anterior) pecharana Nolas e Laura.
– A do día 15 de Finanzas Éticas, Roberto
– A de Xan ¿? Sobre cooperativismo, Noela
Sobre o local todas coincidimos en que sería ideal dispor da sala de abaixo do Liceo e pensamos que Martiño sería a persoa ideal para negociar este asunto. Tamén se barallou o solicitar a sala pequena do Auditorio, xa que case todas coincidimos en que un Aula na Universidade non sería o máis axeitado.
Respecto ao finanzamento se fixo un cálculo aproximado de 600 €. Para conseguilos propuxéronse varias ideas que para levalas adiante compre que alguén se faga cargo delas:
– Deseñar uns marcapáxinas que se venderían por 1 ou 2 €.
– Oscar prón facer postais coas súas fotografías ou fotografías de quen quera cedelas para vendelas por un módico prezo.
– Oscar tamén propón facer unha exposición de fotografía, os beneficios recadados, serían para finanzarnos.
– Deseñar un logo para bolsas de nylon tipo mochilas (saen baratas) e falar con Dani Conde para que as encargara a empresa que serigafiou as camisetas.
– Organizar un concerto benéfico. Para isto Miguel se encargaría de falar cunha sala da cidade e Mari Jose e Montse cos da Auriense e logo valorar o local en función dos grupos que puidésemos contactar.
– Respecto dos petos Celine se encarga de falar con Esther para o tema das pegatas que levarían para identificalos.

4.- Campaña Stop Nepotismo: Quédase para o luns día 4 ás cinco da tarde fronte os xulgados para ler o manifesto que sería reelaborado por Martiño e facer a performance de Caza Corruptos (conviría estar un pouco antes para vestirnos). A acción difundirase mediante un evento creado dende a páxina de AAO, mediante un mail que Oscar enviaría á prensa e mediante unha volandeira que habería que ter feita e impresa para a próxima Asemblea, elaboraríaa Martiño que si non pode ir a facer as copias, diríao con antelación para algún de nós se encargase de recollelas.

5.- Manifestación en Madrid para o día 23. Encárgase Miguel de pórse en contacto coa xente de Redondela que fretou os autobuses para acción de Rodea el Congreso e dar difusión á convocatoria.

6.- Manifestación de Stop Desafiuzos en toda Galicia. Hai consenso en que AAO convoque en Ourense esta manifestación para o día 16 de febreiro ás 19h con saída da Alameda e co seguinte percorrido: Alameda, rúa de Pontevedra, rúa Valentín Lamas Carvajal e rúa do Paseo, para finalizar fronte a Subdelegación onde se lería o manifesto (que será unitario para toda Galicia). Haberá unha quedada o venres 15 na Praza para facer a pancarta (as letras faríanse en airon fix coa colaboración de Esther) e dos cartaces encargaríase Roberto.

7.- Difusión das accións da AAO para o vindeiro mes:
Decidiuse que se fará un cartaz convocando ás accións que apoia a asemblea:
– Campaña Stop Nepotismo, para o día 4
– Manifestación Stop Desafiuzos, para o día 16
– Manifestación do 23 F en Madrid.
(contamos coa colaboración de Martiño)

8.- Rogos e preguntas: Celine roga que se respecte a decisión da asemblea de non colgar no muro de Acampada Ourense Debate informacións de sindicatos e partidos. Isto causou incomodo nalgún asistente da asemblea, polo que se ve necesario o retomar o tema para debatelo novamente.