Arquivos da categoria: Publicaciones

Manifesto Lumes Nunca Mais

 

MANIFESTO

Plataforma Cidadá en Defensa do Monte Galego

 

Praza Maior da cidade de Ourense

22 de outubro de 2011

 

Boa tarde a todos e a todas. Benvidas á praza do pobo, moitas grazas por darlle voz a quen nunca se queixa, a quen maltratamos, a quen estragamos…hoxe, grazas a todos e todas os que estamos aquí, os nosos montes recuperan un chisco de dignidade.

Estamos tristes, moi tristes e doídos polo acontecido estes días nos nosos montes, tristes pola situación anacrónica, pola deixadez por parte dos gobernantes, pola falla de reacción, pola ocultación manifesta da realidade mediante mentiras e enganos por parte do actual Goberno da Xunta de Galicia. Pero non é unha tristura de derrota se non de rabia, de impotencia e de atopar solucións.

Por dignidade e como reacción diante da destrución dunha boa parte do patrimonio natural de Galicia, creamos esta Plataforma cidadá en Defensa do Monte Galego, e por iso vos chámamos a participar hoxe neste acto de desagravio cos nosos ecosistemas forestais.

As perdas económicas, ecolóxicas e sociais que os lumes producen nos nosos montes fai que nos INDIGNEMOS. Esta indignación debe producir unha REACCIÓN, reacción que unha vez máis non se produciu por parte dos responsabeis da política forestal do País. O Presidente da Xunta de Galicia ausente, de excursión en Sudamérica recollendo votos e facendo grandilocuentes declaracións de boas intencións, oxalá aplicara co Goberno que preside o que predica “Hace falta un Gobierno que gestione la verdad, diga la verdad y gestione la realidad…” O Delegado-Supremo  da Xunta de Galicia en Ourense no Bernabeu vendo un partido da “Champions League”, o Presidente da Deputación “nin arre, nin xo” en silencio, nin vai, nin se espera. A maioría dos alcaldes dos concellos onde se calcinaron centos de hectáreas, ninguén os viu polas aldeas afectadas, de vacacións ou fóra de onde tiñan que estar. Con deixadez manifesta das súas obrigas, demostración máis dunha total falla de ética e de principios morais básicos que todo servidor público ten que poñer en práctica.

A INDIGNACIÓN fixo que se creara a Plataforma Cidadá en Defensa do Monte Galego e  que tomaramos a decisión de convocarvos en Ourense a manifestarnos contra a desfeita que os incendios forestais están producindo nos nosos montes e nos nosos ecosistemas.

Serra do Xurés, Serra de Queixa, Montes do Invernadeiro, Manzaneda, Ribeira Sacra, O Faro de Avión, Serra Martiñá, Serra de Pena Monteagudo, O Castro Leboreiro, Serra de Meda, Aguioncha-Pena Loba, Serra da Enciña e a Lastra, Pena Corneira, Penedos da Raiña Loba, O Couto Mixto, Val de Salas, Veigas de Castelaus e Vila, Montes da Peroxa, A Limia, Monte Grande, Pena Maseira, A Serra Seca, San Mamede, Couto Novelle, A Rousia-Serra do Larouco…innumerables o lugares afectados polos incendios, Espazos naturais protexidos, Parques naturais, Lugares de Interese Natural Comunitario (LICs), Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPAS), Reservas da Biosfera, ecosistemas forestais de gran valor económico e medioambiental, zonas agrogandeiras, moitos dos incendios forestais calcinaron estas zonas de forma descontrolada por falla de medios, pola falla de reacción ao seu debido tempo.

“Quen minte engana, quen engana minte” o día 18 a noite o Sr. Conselleiro do Medio Rural Samuel Juárez dicía: en Galicia “solo quedan 12 fuegos activos de estos en Ourense solo 10”. Dicirlle ao Sr. Conselleiro que o día 18 de outubro, con testemuñas e documentación gráfica, nun radio de 10 quilómetros só no Val de Salas-Couto Mixto había 8 incendios activos todos eles fóra de control e con medios de extinción traballando en só dous dos lumes activos. Unha parte importante do Val de Salas calcinado en poucas horas. A estes incendios da Raia, no mesmo día, o Sr. Conselleiro esqueceuse doutros grandes incendios fóra de control, os grandes incendios da Serra de San Mamede, Serra de Queixa, Manzaneda, Serra do Xurés, Montes da Peroxa, Pereiro de Aguiar, Faro de Avión… Agochar a realidade mediante mentiras para evitar as responsabilidades que non se queren asumir, demostra covardía, e unha total falla de principios éticos e morais, “gestionar la verdad, decir la verdad, gestionar la realidad…”, di o Sr. Núñez Feijoo.

Centos de incendios forestais, miles de hectáreas calcinadas, centos de millóns de euros perdidos en produtos primarios, mais tamén se deben calcular as perdas tendo en consideración a multifuncionalidade dos ecosistemas forestais, valoremos a paisaxe, o aire que respiramos, a auga que bebemos, a caza, a pesca, as múltiples e variadas funcións dos montes e bosques, a cultura, a etnografía, o turismo rural…unha perda económica, ecolóxica e social que noso país non se pode permitir. Perdas que afondan aínda máis na falla de alternativas da provincia de Ourense.

Miles de hectáreas calcinadas e cos servizos forestais da Xunta de Galicia baixo mínimos. Por incompetencia e deixadez dos responsables da Xunta de Galicia levamos todo o ano con baixas e xubilacións sen cubrir (brigadistas, axentes forestais, autobombistas…). Distritos Forestais sen unha soa caseta de vixiancia de incendios en activo. Brigadas forestais con un só compoñente (teñen que ter unha media de 5-7 brigadistas). Cando o índice diario de risco de incendios era extremo (IRDI) os Servizos Forestais contaban con menos do 40% do persoal de reforzo do verán (no verán con índice Baixo e moderado contábase co 100% do persoal).

Na Consellería do Medio Rural aínda non se decataron que os incendios forestais “non teñen data fixa no calendario” e que calquera servizo de emerxencias moderno debe expandirse ou contraerse en función das necesidades.

Ardía Ourense, non hai problema, provincia esquecida e lonxe dos focos mediáticos, ninguén se vai a enterar

Esta Plataforma Cidadá en Defensa do Monte Galego, ESIXE:

Información puntual dos incendios forestais que se producen en Galicia, dos seus efectos, superficies afectadas e dos medios usados para a súa extinción. A sociedade actual debe de ser informada do que acontece nos montes, dos atentados contra o noso patrimonio natural, fuxindo de sensacionalismos e alarmismos “agochar a realidade non axuda a solucionar o problema”.

A falla de información, o silencio premeditado e o engano son un insulto para o conxunto da sociedade, un insulto para os traballadores e traballadoras forestais de Galicia que arriscan a súa vida na conservación do noso patrimonio. A estratexia política de desinformación, mentiras e manipulación estatística fai que o conxunto da sociedade non valore na súa xusta medida o traballo realizado polos profesionais forestais.

Débese rematar coa impunidade coa que actúan os incendiarios. A cada un dos lumes forestais (delito recollido no Código Penal) débeselle por nome e apelidos. Investigación das causas dos incendios aproveitando tódolos recursos con que contan as Administracións Públicas mediante a elaboración dun protocolo axeitado que coordine ás forzas de orde pública cos servizos forestais. Queremos lembrar que unha boa parte das Brigadas de Investigación de Incendios Forestais integradas por axentes forestais foron desmanteladas polo actual Goberno da Xunta.

“É un problema de delincuencia e de orden pública, hai unha alta intencionalidade…” declaracións do Director Xeral de Montes, do Conselleiro do Medio Rural, do Presidente da Xunta… é certa a intencionalidade, é certa  a actividade incendiaria, mais o triste é que o actual Goberno da Xunta de Galicia igual que os anteriores gobernos, diante dos apuros bombeiriles de última hora tratan mediante xustificacións valeiras de contido evitar responsabilidades, que chova canto antes, que a sociedade esqueza o problema e dada a feble memoria social a seguir xogando a unha política populista “deixar facer” sen buscar solucións.

A loucura é seguir facendo o mesmo e esperar resultados diferentes” se hai unha alta actividade incendiaria ¿Cómo se xustifica entón o desmantelamento das brigadas de investigación integradas por axentes forestais? ¿Cómo se xustifican as queimas controladas ao longo de todo o país? máis de 250.000 autorizacións-comunicacións de queimas no inverno primavera para que non arda no verán (as zonas con máis queimas realizadas e onde maior foi a incidencia dos lumes estes días), incluso se chegou a queimar este ano un treito do Camiño de Santiago (Vía da Prata no Concello de Xunqueira de Ambía). Un Goberno e un País que non sabe saír da “cultura do Lume” inmersos no circulo vicioso de “máis incendios, máis medios, máis incendios, máis medios”.     

Mapa de medios e recursos, substitución inmediata dos medios e materiais obsoletos dos Servizos Forestais da Xunta de Galicia por equipamentos axeitados para mellorar a eficacia, a protección dos ecosistemas forestais e a protección colectiva da cidadanía. Diante da crise provocada pola vaga incendiaria a Xunta de Galicia non foi capaz de por en funcionamento unha mínima coordinación para usar tódolos medios públicos dispoñibles, autobombas e tractores forestais dos concellos gardados en garaxes, medios materiais, técnicos e humanos da Deputación Provincial de Ourense sen usar cando frontes quilométricas de lume percorrían os montes da provincia. Medios materiais e técnicos doutras consellerías da Xunta de Galicia non se puxeron a disposición dos Servizos Forestais (só se usaron os medios da Consellería do Medio Rural).

Posta en marcha de campañas de educación-sensibilización dirixidas ao conxunto da sociedade, “non se valora o que non se coñece” parte da sociedade vive de costas ao monte non valorando na súa xusta medida os beneficios que o patrimonio natural aporta ao país. Estes días unha boa parte do queimado son Espazos Naturais Protexidos, curiosamente descoñecidos, infravalorados, mal xestionados…Galicia é o territorio con menos superficie protexida de todo o Estado e de Europa.

É preciso o cumprimento estrito da Lei de Prevención de Riscos Laborais. Posta en marcha de forma inmediata do imprescindible Plano de Prevención de Riscos Laborais nos Servizos Forestais da Xunta de Galicia e en tódalas empresas do sector. Formación axeitada de tódolos traballadores e traballadoras que se adican a labouras de prevención e extinción de incendios forestais.

Incremento dos investimentos no sector forestal recuperando o imprescindible binomio “prevención-extinción”, débese rachar co circulo vicioso de “máis incendios, máis medios, máis incendios…” posta en marcha dunha política forestal tendente a evitar que os incendios forestais se produzan para non ter que apagalos.

Todo o dito anteriormente non se pode acadar se non hai vontade política dos actuais gobernantes. Esiximos a actual Xunta de Galicia, igual que fixemos cos anteriores Gobernos galegos, que diante de máis de 40 anos de fracasos na loita contra os lumes forestais, correspóndelle ao actual Goberno atopar canles de diálogo e participación para consensuar co resto de partidos políticos e representantes sociais unha política forestal e de prevención-extinción de incendios forestais axeitada. O lume forestal ten que deixar de ser unha ferramenta arroxadiza duns contra outros. Medio século de fracasos dos distintos Gobernos e do conxunto da sociedade galega non se pode xustificar por máis tempo.

A nosa solidariedade coas zonas afectadas, cos veciños e veciñas que sufriron perdas e que van ter que facer fronte a atrancos para o futuro das súas explotacións agrogandeiras, forestais, negocios…. Nosa solidariedade e apoio aos profesionais forestais que se adican a prevención e extinción de incendios.

Se os actuais responsábeis da Consellería do Medio Rural tiveran un mínimo de principios éticos e morais, principios esixibles a todo cargo público, porían o seu cargo a disposición de quen os nomeou.

Dada a súa irresponsabilidade, incompetencia manifesta, ao agochamento da realidade mediante enganos e mentiras, dende esta Plataforma Cidadá en Defensa do Monte Galego, PEDIMOS:

–         A dimisión do Conselleiro do Medio Rural, Sr. Samuel Juárez e do seu equipo, responsables da política forestal en Galicia.

–          A dimisión do Delegado da Xunta de Galicia, Sr. Rogelio Martínez, por certo Sr. Rogelio “non ía andar eu coa mangueira…declaracións do Sr. Delegado o 20 de outubro despois de ir ao Bernabeu” Don Rogelio pode vostede coller a mangueira cando queira, o Sr. Nuñez Feijoo pode ensinalo a usala despois das prácticas que el mesmo realizou no 2006

Esta Plataforma Cidadá en Defensa do Monte Galego considera:

–         En Galicia é posible outra política forestal.

–         Rematar cos incendios forestais é posible.

–         Conservar, protexer e coidar o noso patrimonio natural é imprescindible.

Desexamos e soñamos que mañá mesmo sexa o día onde o negro do queimado, o cheiro funesto dos montes calcinados, non sexa máis cun mal soño.

É precisa a colaboración do conxunto da sociedade para rematar con esta parte moi triste da nosa historia. Unha vez máis pedimos a colaboración de todos e todas.

LUMES, NUNCA MÁIS

 

Saúde, monte, dignidade e liberdade

 

Ourense, 22 de outubro de 2011

 

   

Primeiros pasos da lei de transparencia

Dende o día de hoxe comeza a aplicarse a contagotas oa lei de transparencia aprobada por congreso e senado para facer pública a declaracion da renda e bens patrimoniais dos congresistas e senadores españois.

ANUNCIO

Un dos primeiros en dar o paso e por o descuberto as suas contas foi o senador por  Galicia Manuel Fraga. LINK

Para coñecer o patrimonio dos senadores deberedes entrar na paxina web do congreso e consultar os datos en cada unha das fichas de cada senador/a (non todas as fichas están actualizadas):

Listado de senadore/as

No caso do congreso podedes ver que está anunciada a aplicación desta directiva no apartado “Notas de prensa” coa fecha sinalada

LINK O CONGRESO

Podedes consultar o listado de congresistas e en cadansua ficha podedes ver as suas declaracións de bens.

LISTADO DE CONGRESISTAS

 

Comunicado conjunto asambleas Sol + Syntagma

Facemonos eco do comunicado emitido a modo de manifesto polos compañeiros de Sol e Atenas en contra dos recortes que Europa está a ordenar.

LINK fonte orixinal

http://madrid.tomalaplaza.net/2011/08/29/comunicado-conjunto-sol-syntagma/

 

A continuación podedes leer a copia do comunicado

Continuar lendo

Carta da asociación O sorriso de Daniel ó Conselleiro de Cultura. Pola conservación da Ribeira Sacra

Hoxe  foi entregada no Rexistro da Xunta de Galicia unha carta dirixida a D. Roberto Varela, Conselleiro de Cultura e Turismo. Dito documento foi redactado pola asociación O sorriso de Daniel.
Reproducimos o texto completo da mesma e facemonos eco da mesma por petición expresa da asociación:

Continuar lendo

El 15M deja huella en 3 meses de vértigo

Los expertos repasan los logros conseguidos en un tiempo récord por el movimiento de los indignados

PERE RUSIÑOL MADRID 15/08/2011 08:00 Actualizado: 15/08/2011 10:23

Conteste muy rápidamente, sin pensar: ¿cuánto tiempo hace que irrumpió el Movimiento 15-M? Continuar lendo

Periodico 15M terceira entrega

Aqui podedes consultar a terceira entrega do magazine 15M news

Entrega 03 15M news

Nova entrega do periódico alternativo 15M

Aquí podedes consultar as novas entregas do periódico.

GDE Error: Unable to load profile settings

15M News_ entrega 02

Libro 15M

Aquí deixamosvos o link onde podedes descargar en pdf unha publicación dun libro que analiza os pasos do 15M dende a manifestación en Madrid ata ás acampadas.

Aqui o enlace de libro

Aqui os dejamos el link donde podeis descargar en pdf una publicación de un libro que analiza los pasos del 15M desde la manifestación en Madrid hasta las acampadas.

Indignaos de Stephane Hessel

Aqui deixamosvos o link dende o que podedes descargar o libro de Stephane Hessel “Indignaos”. Un libro recomendable para tod@s aquel@s que desexen profundizar nas motivacións do movemento ou se achegen por primeira vez a el.

—-

Aquí os dejamos el link desde el que podeis descargar el libro de Stephane Hessel “Indignaos”. Un libro recomendable para tod@s aquell@s que deseen profundizar en las motivaciones del movimiento o que se acerquen por primera vez a él.

 

“Indignados” Stephane Hessel


MEDIOS ALTERNATIVOS

Aqui podedes descargar e consultar a primeira entrega do periódico 15M en Madrid. Continuar lendo