Arquivos da categoria: Actas

ACTA ASEMBLEA 8/11/2012

 

1. Ciclo de charlas Creando Alternativas: Cartelería lista e organizadas as copias e a pegada. Martiño Do Miñoreará o evento no facebook. Voluntarios para actuar como anfitrións e presentadores organizado. Celine tí poderías presentar a Vázquez Freire e Outeiriño? 🙂 Se algún deles precisa aloxamento facilitaráselles algunha casa de xente do 15M e se alguén precisa cear aprobouse un orzamento de 10€ para cubrir ese gasto. Para enviar á prensa solicítase a colaboración de Mecrobio 😉 Pode ser?

2. Mani 14N Vaise levar a pancarta de TOD@S SOMOS UN/HA quedamos na ponte vella media hora antes de que comece a mani. Consensúase engadir ao texto unha proposta pola continuidade da unidade sindical e un chamamento a unha convocatoria de folga de 48h. Asimesmo vaise falar cos sindicatos para poder lanzar a proposta por megafonía ao remate da mani. Magos xestionará esta cuesitón. Tamén se consensúa incluir unha chamada á responsabilidade de non consumir ao longo de toda a xornada.

Continúase coa recollida de sinaturas e aportando ideas para o II aniversario do 15M no evento creado a tal efecto.

Hai quedada para difusión e venta de chapas o domingo ás 17:00h na Praza Maior (na esquina do trampi) durante o magosto.

ACTA ASEMBLEA 1/11/2012

Asistentes: 5

— Convocatoria de folga do 14 de novembro –> Decidiuse acudir como bloque crítico. Crearanse volandeiras das charlas “CRIANDO ALTERNATIVAS”, en canto se pechen definitivamente as datas e ponentes, para repartir o día da folga na mani.

— ANOVA Ourense/Encontro Irmandiño de Ourense pon á disposición da AAO o seu local para almacenar ou elaborar material –> Decidiuse non aceptar o convite e manter así a Asemblea ao marxe de partidos.

— Proposta de posta en marcha dunha cooperativa de producción agrícola autoxestionada polos membros da AAO. –> Coméntase que este tipo de iniciativas deberían ser comezadas por unha ou varias persoas que así o estimen oportuno e buscar colaboración, pero que non temos a forza suficiente agora mesmo para plantexalo a nivel Asemblea.

— Proposta de debate e organización dunha semana de actividades dende o 13 ao 19 de maio de 2013 –> Decidiuse crear un evento no FB para comezar a expoñer ideas e ir coordinandonos:https://www.facebook.com/events/212742725525568/

— Recíbese un convite da organización ATTAC para colaborar/participar nas súas actividades. –> Comentouse que o convite o fixeran fai tempo e que a nivel Asemblea non, pero se anima a tod@s a que se adiran se así o consideran oportuno.

— Proponse elaborar uns carteis de contido irónico coa imaxe de Feijoo agradecendo o voto aos parados, precarios, etc –> Coméntase que o contidos dos carteis debería ser constructivo e non só en sentido de ataque contra un partido ou outro, así mesmo se fala de que as forzas son xustas e facer e empapelar Ourense supón un esforzo grande, polo que se comenta que este tipo de iniciativas deberían ser comezadas por unha ou varias persoas que así o estimen oportuno e buscar colaboración, pero que non temos a forza suficiente agora mesmo para plantexalo a nivel Asemblea.

— CRIANDO ALTERNATIVAS –> Coméntase que se están confirmando os nomes e a orde concreta das charlas, que ser realizarán as vindeiras 4 semanas, as dúas primieras a mércores e as outras a xoves, no Campus Universitario, e que terán como horario as 20:00 hrs.

ACTA DA ASEMBLEA do 20 de setembro de 2012

A AAO reuniuse o 20 de setembro e falaron disto:

  • Aprobaron a acta da reunión anterior, acordouse apopiar e difundir a convocatoria do 25S, algúns irán a Madrid, inforomuse dunha iniciativa semellante en Compostela, “Ocupa o Parlamento”, tamén se informou que non hai buses dende Vigo.
  • Noutro punto falouse de realizar un plebiscito a pé de rúa sobre os recortes, como non había máis información deixouse o tema para outra asemblea.
  • Sobre a recollida de sinaturas para a ILP sobre a dación en pagamento informouse de que a AAO xa está inscrita como entidade oficial colaboradora. Hai consenso e un alto nivel de implicación nesta cuestión. Seguiranse recollendo sinaturas durante setembro e outubro para entregalas. Faise un chamamento á participación neste proceso. Presentouse por rexistro no concello de Ourense unha solicitude de moción para que se apoie esta ILP. Tamén, a instancia da AAO, o alcalde de Manzaneda presentou a mesma moción en todos os Concellos de Galicia. Emitirase unha nota de prensa para informar desta ILP á cidadanía Ourensá. Sobre a cuestión das redes e do facebook falouse de que Poyo se encargaría de manter a web actualizada e que se publicarían contidos máis breves e fáciles de ler, non só as actas.
  • Tamén se comentou que o facebook podería utilizarse dun xeito máis eficaz: a páxina do facebook para publicar ligazóns e o AcampadaOU Debate para organizarse e debatir e alimentar de ideas a asemblea.
  • Sobre a cuestión de finanzas, gastáronse 17,40€ en papelería (fotocopias e folios para difusión 25S) e 34€ para acreditarse na recollida de sinaturas na ILP. Fíxose durante a asemblea un aporte de 20€ entre 4 persoas. Chegados ao final houbo un interesante debate sobre a situación socioeconómica actual e sobre o papel e as accións promovidas pola AAO.

ACTA DA ASEMBLEA do 13 de setembro de 2012

 

– A inscripción como entidade colaboradora da ILP dacción en pago custa 30 euros. Os promotores da iniciativa colgan información dos gastos na sua páxina: www.quenotehipotequenlavida.org

por conseguinte o diñeiro recadado sobrante destiñarase a unha asociación relacionada co uso da vivenda. Presentase moción no concello. O alcalde de Manzaneda interesouse por esta iniciativa e vaina presentar no resto dos concellos de Ourense. Proponse facer unha rolda de prensa en canto se poida, explicando a ILP.

 

– O que esté interesado en tratar o tema do 25-S debería acercarse polas Asambleas.

ACTA DA ASEMBLEA do 6 de setembro de 2012

As 20h 15m. e coa presenza de 20 persoas, da comezo a Asemblea para tratar os seguintes puntos na orde do día:

1.- Recollida de sinaturas para a ILP dación en pago e aluguer social.Presentación da moción ao Concello.

2.-Denuncia das cúpulas das Caixas Galegas: Estado da cuestión. Entrevista co fiscal.

3.-Manifestación en Compostela(alameda) en defensa servizos público so sábado  as 11:30.

4.- Acción do 25 de setembro. Postura da asemblea.

5.-Tormenta de ideas para a campaña electoral.

6.- Acción Global 13 de outubro cacerolada mundial.

7.- Continuidade das asembleas e búsqueda de local.

8.- Información sobre as xestións realizadas cara ao ciclo de conferencias para este outono.

 

Que foron tratados como a continuación se describe.

1.- Roberto informa do traballo de recollida de firmas que levou a cabo neste verán de xeito individual, polo que pide colaboración aos membros da Asemblea, xa que a campaña remata en outubro. Varias persoas ofrécense voluntarias e queda fixada unha cita para o vindeiro martes día 11 na Leiteira da rúa do Paseo de 11 a 14h e pola tarde de 17 a 21h.

Neste mesmo punto se consensúa entregar ao Concello ese mesmo día o escrito de solicitude de moción pola Dación en Pago.

Tamén se informa da posibilidade de que o nome da Asemblea Aberta de Ourense figure na web da organización http://www.quenotehipotequenlavida.org/, para elo habería que pagar 30 euros. Neste punto abriuse un debate no que se acordou informarse da finalidade que tería esa aportación, dado o escueto das nosas finanzas, polo que a decisión queda pendente.

 

2.- Infórmase ás novas asistentes da campaña de información e recollida de firmas para presionar a fiscalía anti-corrupción, levada a cabo na anterior tempada. Roberto propón solicitar unha entrevista co fiscal para informarnos sobre o estado no que se encontra a investigación.

Respecto ao tema da acusación particular, Roberto informa dos contactos que stá mantendo cun avogado de Santiago de Compostela que vai a levar o tramite legal e o que aínda non falou dos custes económicos que isto suporía.

Neste punto tamén informa Roberto da reunión levada a cabo no mes pasado en Compostela con Attac Galicia xa que eles tamén apoian a campaña pola Banca Pública e a devandita acusación particular.

Neste punto Carlos Vello propón falar co avogado Ourensán Nemesio Barxa.

Tamén se informa da proposta da Plataforma por unha Banca Pública de crear un grupo de presión en Caixa Rural Galega, xa que moitos de nós eliximos esta Caixa como alternativa aos bancos existentes.

 

3.- Neste punto se propón acudir á manifestación convocada unitariamente polos sindicatos para este sábado día 7 en Compostela pola defensa dos servizos públicos. Queda Montse encargada de averiguar as horas e lugares de saídas de autobuses e informase que  quen queira asistir o confirme nalgún dos sindicatos convocantes para reservar praza.

 

4.-  Infórmase das vicisitudes polas que pasou esta convocatoria, na que si ben o movemento #15M (fundamentalmente Sol) nun primeiro momento desvincularase, no día de hoxe está pola unidade na plataforma ¡En Pie! http://plataformaenpie.wordpress.com/

Ábrese unha rolda de palabra na que se comenta a posibilidade de que a convocatoria para esta acción poda se constitutiva de delito, aínda así a Asemblea maniféstase a favor de que se convoque a cidadanía ourensá a participar xa que si non a convocamos nós ninguén vai a facelo. O como a imos convocar queda pendente para a próxima xuntanza.

Tamén quedouse en contactar coas asembleas das outras cidades galegas co fin de informarse das accións destas respecto ao tema e proporlles a contratación de autobuses conxuntamente. Encargaranse Roberto e Jorge.

Dado que hai tempo que non temos contacto, proponse convocar un foro de asembleas en Ourense, para ver o estado do movemento en Galicia. Sobre este punto hai consenso, o que queda é organizala.

 

5.- Neste punto ábrese unha rolda de intervencións por esta orde:

Roberto suxire que unha acción doada de levar a cabo sería a de retomar a campaña de Stop Nepotismo e ir disfrazados e cun manifesto (podería valer o xa elaborado por Martiño con algunhas correccións para adaptalo á Campaña electoral) ao mitins do PP (encargaríase Jorge de recadar información sobre as datas dos mitins).

Jorge propón facer unha contra-campaña (farían falla cartos) con carteis, fotocopias de folletos para informar á cidadanía dos desaguisados da lexislatura de Feijoo. Tamén propón facer un sainete da Campaña (escribiríao el) para representar  a caza e compra de votos por parte da castuza política.

Bernardino suxire reivindicar un partido político “mendicante” tipo as ordes mendicantes da Idade Media.

Tamén se baralla a posibilidade de convocar ás forzas políticas a un debate público.

 

6.-  Informase sobre a convocatoria mundial, impulsada polo movemento mexicano Yo Soy #312, para unha cacerolada o día 13 de outubro. Sobre esta acción hai consenso, pero deixase para máis adiante a realización da mesma.

 

7.- Sobre a continuidade das asembleas e visto o éxito da convocatoria de hoxe, non se trata o tema. Sobre o local decídese seguir na praza e cando chova ou faga frío celebralas no Trampitan como viñamos facendo ata o de agora.

 

8.- Respecto ao ciclo de conferencias para este outono-inverno confírmase a de Miguel Vázquez Freire para finais de setembro, principios de outubro co título: DEMOCRACIA, RAZÓN DIALÓXICA E CONSTRUCIÓN DE CONSENSOS.

Tamén se falou con Manolo Outeriño (estivo  hoxe na praza) sobre a posibilidade de que se comprometera a participar no ciclo de conferencias cunha sobre Medios de Comunicación, ao que aceptou gustosamente coa condición de que o avisaramos con dúas semanas de antelación.

 

9.- No punto de rogos e preguntas Miguel Inglés propón a creación dun fondo de alimentos para as persoas necesitadas pedindo a colaboración de supermercados e grandes superficies de alimentación, e na mesma liña crear un fondo de libros coa mesma finalidade.

A idea pareceu ben, pero o compromiso de realizala caería sobre el e as persoas que voluntariamente quixeran colaborar.

 

Sen máis asuntos que tratar remátase a asemblea de hoxe ás 22 horas.

Acta asamblea aniversario #15m 15 de maio de 2012

ACTA 15 DE MAIO DE 2012

 

-Tratouse o tema do percance dos escoltas de Feijoo frente aos Estudantes Sen Futuro, Plataforma SOS en Defensa dos Servicios Públicos e 15-M Ourense na 3ª presentación do proxecto “Hospital 2050”, en medio de todos os recortes en sanidade. Quedou claro, segundo o testimonio dos asistentes que o viron. A única intención era a de declarar o descontento cara a este proxecto. A resposta dos escoltas foi moi desagradable, co inocente estudiante. A actuación da policía considérase aceptable e neutra.

Clara terxiversación dos medios de comunicación, cos feitos acontecidos.

Decídese, consensuadamente, facer únicamente unha serie de comunicados express dende as 3 organizacións á prensa no mesmo día, para esclarecer a evidente inocencia do rapaz.

Unha compañeira da Asemblea do Barco de Valdeorras propón que tal comunicado se imprima e se grape aos xornais que circulen polos bares e cafetarías.

Respecto á proposta de convocar unha rolda de prensa para desmentir a noticia divulgada por certos medios da prensa dixital, Alba fai consideración de que Asemblea Aberta Ourense non ten por que protagonizar esa acción, que de convocala debería ser o colectivo de Estudantes sen Futuro quen o fixera.

 

 

-Infórmase da existencia do espazo en facebook Acampada Ou Debate.

 

-Aniversario do 15-M

Neste punto é Roberto quen fai un breve resumo do feito neste ano de loita

 

-Puntos da orde do día anterior na acta de onte:

 

•1 Banca pública:

Resumíronse as accións levadas ao cabo en torno ao tema.

Falouse da unión coa Plataforma polo Aforro Público, das recollidas de sinaturas (inclusiva da entrega das 3000 sinaturas e da decisión que se tomou, de continuar coa recollida de sinaturas.)

Necesario reivindicar a banca pública, fronte á privada.

Presentación de Roberto e dos méritos conseguidos grazas a el e ao seu esforzo en torno ao tema.

Resumiuse a historia da creación da Plataforma en sí, dende ATTAC.

Falouse da recollida en toda Galiza e da Auditoría da Débeda en Barcelona.

Neste punto abrése un turno de palabra.

O sr. Pepe expón que a consecución dunha banca pública é inviable xa que para conseguila tería que ser unha decisión da UE no seu conxunto e que a nivel local as únicas accións realmente interesantes son as que como onte se fixeron na porta da Diputación dentro da campaña STOP Nepotismo.

Miguel reflexiona sobre a imposibilidade de que os gobernos podan facer nada a ese respecto e propón a necesidade de seguir acometendo accións de rúa que chamen a atención e conciencien á cidadanía.

Manolo Outeiriño fala da imposición do evanxelio neoliberal na economía financieira e recomenda a lectura de dous textos: ” Manifesto de Economistas Aterrados” e a “Clase Capitalista Transnacional” de Leslie Sklair que expoñen claramente a suposta desvinculación entre o poder político e económico e a transferencia da soberanía coa implicación que esto conleva na desnacionalización das políticas sociais.

Mary, pola súa parte, fai a consideración de que a poboación ten información sobre a ocupación de cargos bancarios por parte das familias políticas, aínda que os medios de comunicación éstén en mans de dos bancos a través das grandes empresas.

Manolo volta a tomar a palabra para facer unha reflexión sobre o caso arxentino e sobre a proposta da creación dun banco malo que asumiría a débeda e lla entregaría ao FMI.

 

 

•2 Apoio áos afectados polas preferentes:

Resumiuse a realidade da relación cos da plataforma das preferentes (explicouse o problema das preferentes).

 

•3 Asambleas constituíntes:

Neste punto Roberto informa que a Asemblea Aberta Ourense está en contacto coas Asembleas Constituíntes do Estado por si é posible iniciar o proceso na cidade.

 

•4 Auditoría da débeda:

 

•5 Estructura das asambleas:

 

•6 Situación do 15-M en EEUU, información recibida dun visitante de Portland.

Os puntos 4 e 5 quedaron sen tratar debido a hora e ao cansazo das accións deste día de aniversario no que a loita se fixo máis palpable que nunca.

VIVA O 15 de MAIO!!!

Manifesto 12M-15M Ourense

Vivimos nun mundo dominado por forzas incapaces xa, se é que algunha vez o foron, de aportar unha vida digna a todos os habitantes do planeta, garantindo os dereitos básicos de existencia que nos permitan vivir con dignidade e liberdade. Un mundo onde se nos di que non hai máis alternativa que a perda de dereitos adquiridos tras longas loitas ou a renuncia a sequera gozalos. Chegamos a un mundo no que o triunfo se asimilou á perda de valores esenciais da humanidade, como a solidariedade e o apoio mutuo. É máis, todo aquilo que non fomente a competitividade, o egoísmo e a avaricia é presentado como disfuncional. Unha ideoloxía inmoral que se ve reforzada pola hexemonía cultural dos grandes medios de comunicación, auténticos instrumentos para crear o consenso necesario ao redor deste sistema inxusto e insolidario. Pero non quedamos caladas. Espertamos as nosas conciencias e estas sumáronse a unha onda de conciencia colectiva que está iluminando o planeta dunha punta a outra. Dende Túnez á Praza Tahrir, dende Madrid a Reijkiavik, dende Nova York a Bruxelas, os pobos do mundo alzáronse, na Primavera Árabe, na dignidade islandesa, na indignación do 15M ou a Ocupación de Wall Street. Todas unidas denunciamos o estado actual do mundo. O noso esforzo serviu para dicir xa abonda a escala mundial e comezar a forzar cambios, aínda nacentes pero nos que debemos seguir avanzando. É por iso, que nós, mulleres e homes, habitantes deste planeta, decidimos libre e fraternalmente facer oír a nosa voz outra vez este 12 de Maio en todo o mundo, para denunciar o estado actual do noso planeta, e esixir a aplicación doutras políticas distintas, destinadas ao fomento e promoción do ben común. Denunciamos que a actual distribución dos recursos económicos é tal que só unha minoría moi exigua escapa á pobreza ou á precariedade. As xeracións futuras están condenadas a recibir unha herdanza envelenada debido aos riscos ambientais provocados por moi poucos para o seu beneficio. Os sistemas políticos democráticos, alí onde os hai, foron baleirados de sentido case na súa totalidade, póndoos ao servizo dos mesmos que só están interesados en aumentar o beneficio para as súas corporacións ou institucións financeiras, sen importar o destino do planeta ou dos seus habitantes. Tamén denunciamos que a actual crise non é un accidente natural. Foi provocada pola avaricia dos mesmos que levaron ao mundo ata esta situación. Coa axuda dunha ciencia económica que perdeu o seu sentido orixinal de xestión do ben común, para converterse en ideoloxía ao servizo do poder financeiro, pretenden impor medidas que asfixian aínda máis a miles de millóns de persoas, sen pedirlles permiso, tan só argumentando que non hai outra solución posíbel. Din que debemos deixar o noso futuro en mans dos mesmos expertos que o están a destruír. Pero tamén, aquí e agora, voltamos. Espertamos e xa non só para queixarnos. Agora apuntamos aos verdadeiros causantes da crise, ás súas políticas e ás súas mentiras disfrazadas de baleira retórica. E propomos alternativas ás súas políticas, que permitan remediar a actual situación e avanzar cara a un mundo máis democrático, onde reinen os valores da liberdade, a igualdade e a fraternidade, o vello soño dos nosos devanceiros cando se levantaron contra a opresión no pasado por todo o planeta. Un mundo onde cada home ou muller teña garantido o dereito á libre procura da felicidade, persoal e colectiva. Isto é o que esiximos: 1. A economía debe estar ao servizo do benestar xeral e do sostén e coidado do medio ambiente, non do beneficio privado. O traballo, ademais, debe de ser valorado e recompensado pola súa utilidade social, non pola súa produtividade comercial ou financeira. Por eles esiximos: Acceso libre e universal á saúde, á educación pública desde o parvulario á universidade, e á vivenda de todos os seres humanos, mediante as políticas axeitadas para iso. Rexeitamos frontalmente a privatización da xestión dos servizos públicos e o uso destes servizos esenciais para o lucro privado. Respecto absoluto polos dereitos da infancia, incluíndo o coidado infantil gratuíto para todas. Xubilación digna para todas, dereito a vacacións e baixa por enfermidade. Todo ser humano debe ter acceso a unha renda axeitada para o seu sustento, polo que pedimos traballo para todas ou, na súa falta, renda básica universal axeitada aos ingresos locais. As grandes empresas deben de ser responsables dos seus actos. Por exemplo, non haberá axudas públicas ou fiscais de calquera tipo a aquelas empresas que violen os dereitos das traballadoras, o medio ambiente, ou practiquen a subcontratación como método de descenso dos salarios. Ademais de pan, queremos rosas. Todas temos dereito a gozar da cultura, participando dun lecer creativo e enriquecedor, ao servizo do progreso humano. Por iso, reclamamos a progresiva redución da xornada laboral, sen diminución da renda. A soberanía alimentaria debe ser promovida mediante unha agricultura sostible, como instrumento de seguridade alimentaria para todas. Isto debe incluír unha moratoria indefinida na produción e comercialización de transxénicos, e a redución inmediata do uso de agroquímicos. Esiximos políticas que entendan que o cambio de modelo de vida será ecolóxico ou non será. Estas políticas deben partir dunha base simple: non pode malograrse o equilibrio dos ecosistemas por simple afán de lucro. De feito, isto debe estar perseguido en todo o mundo como delito ambiental, con onerosas penas para os culpables. Políticas de fomento do paso dos combustíbeis fósiles ás enerxías renovables, mediante masivos investimentos que axuden a un cambio de modelo produtivo. Esiximos a creación de estándares globais de coidado do medio ambiente, obrigatorios para países, compañías e individuos. O ecocidio (dano consciente ao medio ambiente, ecosistemas e á biodiversidade) debe ser recoñecido internacionalmente como un crime da máxima magnitude 2. Para acadar estes obxectivos, consideramos que a economía debe de ser xestionada democraticamente, do nivel local ao global, arrebatando o control das variables fundamentais da mesma ás institucións financeiras, transnacionais, e as súas lobbies. Para iso pedimos: Control e regulación da especulación financeira mediante a abolición dos paraísos fiscais, un Imposto ás transaccións Financeiras (ITF), e a democratización radical do Fondo Monetario Internacional, o Banco Mundial, e do Comité de Basilea para regulación bancaria, cuxo mandato a partir de agora debe ser o fomentar un desenvolvemento económico baseado na toma de decisións democráticas. Os países ricos non poden ter máis votos simplemente polo feito de selo. As institucións democráticas deben estar controladas polo principio de que todos os humanos son iguais- africanos, arxentinos, estadounidenses, gregos ou alemáns. Deben realizarse unha reforma radical ou completa reestruturación democrática da Organización Mundial do Comercio, e do sistema de comercio mundial. A mercantilización da vida e os seus recursos, así como a competencia á baixa en salarios e comercio entre os países debe terminar. Recuperación do control democrático dos bens comúns, entendendo como tal todos aqueles recursos naturais e institucións económicas fundamentais para o bo exercicio económico. Isto é: a auga, a enerxía, o aire, as telecomunicacións e o sistema financeiro e monetario. En todos estes casos, a toma das decisións debe ser controlada pola cidadanía, e velar só polos seus intereses, non polos dunha exigua minoría de capitalistas financeiros. Esiximos unha fiscalidade rexional e local que atenda ao principio de solidariedade. Quen máis ten debe contribuír máis ao pago dos servizos destinados ao benestar colectivo. Debe ademais limitarse o ingreso máximo e regularse o mínimo, en cada país, como medida efectiva para reducir a escandalosa brecha social nas nosas sociedades, e os seus perniciosos efectos sociais, políticos e económicos. Non máis diñeiro para rescatar aos bancos. Esiximos unha auditoría social das débedas contraídas polos países, tal e como foi realizada en Ecuador ou Islandia, e non pagar a débeda ilexítima contraída coas institucións financeiras. Separación da banca comercial e a financeira, para evitar bancos “demasiados grandes para caer”. Fin absoluta das políticas de austeridade fiscal, que só benefician a unha minoría e causan gran sufrimento á maioría. Fin da personalidade xurídica das corporacións. As empresas non poden ser suxeitos de dereitos ao mesmo nivel que as persoas. O dereito dos poderes públicos a lexislar en favor dos dereitos laborais, cidadáns ou ambientais, debe prevalecer sobre a protección do investimento ou propiedades privadas. 3. Ademais, consideramos que os sistemas políticos deben ser plenamente democráticos. Reclamamos, xa que logo, a completa democratización das institucións internacionais, eliminando o poder de veto duns poucos países. Queremos un sistema político que represente a variedade e diversidade das nosas sociedades. Por iso, pedimos: Todas as decisións que incumben a toda a Humanidade deben ser tomadas en foros democráticos, como unha asemblea participativa e directa nas NU, e non en clubs de países ricos como o G20 ou G8. Queremos desenvolver unha democracia o máis participativa posíbel, incluíndo o desenvolvemento de formas de democracia directa non representativa a nivel local. Os sistemas electorais deben ser o máis xustos e representativos posíbel, evitando sesgos que deturpen o principio de proporcionalidade. Esiximos democracia en empresas e corporacións. As traballadoras, independentemente do seu nivel salarial ou xénero, deben ter poder real de decisión nas compañías e corporacións nas que traballan. Queremos promover as empresas cooperativas como exemplos auténticos de democracia económica. Pedimos a democratización no acceso e xestión dos medios de comunicación. Estes deben servir á educación da cidadanía, non á creación dun consenso artificial ao redor das políticas inxustas. Tolerancia cero á corrupción política e económica. Debemos deter a influencia desmedida dos grandes negocios na política, que é unha das maiores ameazas na actualidade para a democracia. Esiximos a plena liberdade de expresión, reunión e manifestación, así como o cesamento dos intentos por censurar Internet. Tamén pedimos o respecto absoluto da privacidade en Internet. Compañías e gobernos non deben facer uso impropio dos datos persoais en Internet. Entendemos que o gasto militar é contraproducente cunha sociedade politicamente avanzada, polo que pedimos a súa redución ao mínimo imprescindible. As minorías étnicas, culturais, sociais e sexuais deben ver plenamente recoñecidos os seus dereitos civís, políticos e económicos. Algunhas de nós pensamos que unha nova Declaración dos Dereitos Humanos, axeitada ao século XXI, escrita de xeito participatorio, directa e democrática, necesita ser escrita. E xa que a actual define os nosos dereitos, debe ser promovida a súa completa aplicación nos países pobre e ricos. Necesitamos crear institucións que forcen ao seu cumprimento, e penalice aos que violen estes dereitos, como unha Corte Global que persiga crimes sociais, económicos e ambientais perpetrados por gobernos, empresas e individuos. A todos os niveis, local, nacional, rexional e global, novas constitucións e institucións deben ser deseñadas, como está sucedendo en Islandia ou sucedeu en varios países latinoamericanos. A xustiza e a lei deben ser para todos, ou non serán. Por todo isto, por todo o que esta primavera global representa; verémonos o 12 de maio. Porque non queremos deixar de ser persoas. Non somos números, somos homes e mulleres libres. Pola Primaveira dos pobos!! Pola democracia e a xustiza social a nivel global!! Tomemos as rúas o 12 de Maio!!

Acta da asemblea do 19 de abril

– Celine le a descripción da performance que terá lugar despóis do dia 12-M.

O guión, feito por Celine, ten moi boa impresión entre os membros da asamblea, quedando detalles por arranxar. En principio dátase pra o 15-M, como aniversario, na rúa do Paseo ás 19:00.

– Hoxe chegou un grupo de nova xente interesada en participar nas xestións diarias que atañen o movemento 15-M.

– Lectura do manifesto pra o día 12-M. O documento fai un recordatorio de tódalas inxustizas feitas polo goberno e a banca, facendo un chamamento á cidadanía a non olvidar e manifestarse abertamente como 15-M, facendo frónte ós problemas cotidiáns de forma cotidián, unidos.

Faltan uns detalles pra o seu remate, entre eles, conseguir unha pantalla e un proxector pra ese dia na praza.

Martiño, a través de Roberto, fai a proposta de invitar ós movementos de Ourense pra que fagan o seu manifesto e veñan a lelo na praza con nós.

Comunicación na Subdelegación feita tal como se acordara.

Faise solicitude ó Concello pra ter a concentración final na praza despóis do recorrido, decindo o Concello que o dia 12-M temos a praza libre.

A electricidade depende da empresa GREMASA, según o técnico do Concello.

A tarima solicitóuselle ó Concello, e a concelleira de Cultura quedou de miralo.

– “Cea de fraternidade” 🙂

Proposta de Mary. Venres 27. O sitio está por verse, algo económico.

Acta da Asemblea Aberta de Ourense do xoves 12 de abril de 2012

Comeza a Asemblea ás 21 horas

Orde do día:

–         Organización 12M-15M.

Desenvolvemento:

Reparto de tarefas:

–         Coordinación xeral: asúmea Roberto

–         Permisos: Roberto asume a elaboración do mesmo e a súa presentación na Subdelegación do Goberno. Non falamos de engadir máis firmas. Ricardo propón o seguinte percorrido: Saída 19h da Alameda, Progreso, Xoan XXIII, Bedoya, Rúa do Paseo, Praza Maior.

–         Manifesto: Consensúase que se inclúa o global de DRY e os 5 puntos, e proponse convocar a outro pirate para a súa definitiva edición, ínstase a que os que vaian a participar teñan xa propostas elaboradas. Considerouse incluír un punto que faga referencia á Reforma do código penal e ao dereito á libre circulación da información.

–         Son: Ricardo asume a responsabilidade  xunto con Martiño

–         Cartelería: Para o deseño proponse a Martiño xa que as persoas que ata ao de agora a viñan asumindo xa teñen responsabilidades. Acórdase  facer una campaña de intensidade paulatina, na que vaian variando as mensaxes da cartelería., mesmo se considera oportuno que unha primeira tandada podería estar na Praza para a próxima asemblea.

Acéptase a proposta de tirada en tinta negra sobre papel amarelo.

Tamén se decide facer uns flayers co manifesto global de DRY por un lado e os cinco puntos polo outro.

Encargarase de facer as recollidas Diego.

As quedadas organizaranse cando teñamos a cartelería.

–         Para a elaboración de materiais e pancarta principal:

Ricardo se encargará de conseguir a lona, Esther de facer as letras e o         porco de ouro para a Adoración á débeda. O lema principal será: NON SOMOS MERCANCÍA EN MANS DE POLÍTICOS E BANQUEIROS e realizarase na praza o día anterior, tamén se farán pancartas pequenas. Non irá firmada, pero acórdase levar a pancarta de Asemblea Aberta de Ourense e o trapo, as demais pancartas que temos colgarémolas das barandillas dos soportais. E Celine se encarga de conseguir as persoas que a leven. Roberto asume recadar a información de si hai, para esa data, algún acto na Praza.

–         Respecto:  A coordinación levarana Ricardo e Diego e formarán parte do equipo:  Marisela, Mary e Miguel Ordoñez (confirmaron) Chino.

–          Redes: Comunicar a Mare que ela debe elaborar os eventos no face e no twiter e ten que incluír un texto que se quedou en elaborar nun documento que se abrirá en Acampada Ou Debate no que a maiores de chamar á mobilización, inclúa o programa de actos.

–        Vídeo: Ricardo porase en contacto con Dani, para que faga a gravación.

–         Acéptase a proposta de Martiño de realizar nese días, as performances cos títulos: O 15 de maio limpamos a casa e Adoración da Débeda.  Pero cómpre voluntariado e perfilar as accións.  Considérase a conveniencia de contar cun algún grupo de teatro que quixera colaborar.

–         Concerto: Ao remate da lectura do manifesto haberá un pequeno concerto a cargo de dous grupos. Para o intermedio acórdase facer o pase dun diaporama que realizará Óscar Pinal e a o cal estamos todxs invitadxs a colaborar enviando fotos.  Marisela propón invitar a músicos que acompañen a manifestación para facer festa. Tamén se acorda propoñer colaboración aos Percutores de Rairo.

–         Os puntos referentes á campaña de prensa e megáfono non houbo tempo para tratalos, pero Mary asumíu facer recopilación de consignas.

–        Comezouse a elaborar un plano de traballo para a semana que ven: e proponse que o pirate pad para o manifesto sexa o martes 15,  xoves a asemblea e o 20 Roberto presentará o permiso na delegación.

A asemblea remata ás 23 horas.

Organización Manifestación 12 de maio de 2012

ASEMBLEA ABERTA OURENSE

– Coordinadora xeral: Unha persoa que se encargue de coordinar a marcha da manifestación e a todos os voluntarios:

Roberto

– Permisos: Redactalo, asinalo, presentalos na subdelegación. Quedar cunha copia selada. Os asinantes adquiren o compromiso de acudir á mani con esa copia ou coa comunicación que reciban durante estes días con elas.

-Texto comunicado subdelegación.

Roberto nos falamos de pedir máis firmas pero penso que non haberá problemas

-Itinerario manifestación.

Saída da alameda (as 19h?) e percorrido por Progreso, Xoan XXIII, Bedoya, Rúa do Paseo, Praza Maior.

– Manifesto. Redactalo, consensualo. Ensaiar e Coordinar a súa lectura.

Pensamos que sería boa idea montar outro pirate o martes que ven (habería que anuncialo) para elaboralo xa definitivamnte.

– Son. Unha persoa encargada de montar o equipo de son (e vídeo no seu caso) e de velar polo seu bo funcionamento.

Ricardo e Martiño

– Cartelería: Deseño, impresión e pegada. Existe a proposta de utilizar os seguintes recursos gráficos:

http://dl.dropbox.com/u/24119550/DRY/12M15M-CAMPA%C3%91A.pdf

http://dl.dropbox.com/u/24119550/DRY/12M15M-TOMA-CIUDAD.pdf

https://n-1.cc/pg/photos/album/1257316/recursos-grficos-12m15m

Habería que concretar finalmente por que deseños se opta, imprimilos e realizar as quedadas para repartir e pegar. En anteriores manis optouse por realizar unha ou varias quedadas masivas de xente. En anteriores manis optouse por impresións en B/N folios A4 de cor amarela.

Continuar lendo