Data: 9/5/2013
Lugar: Praza Maior
Hora de convocatoria: 20:00 H
Hora de comezo: 20:45 H
Hora de remate: 23:30 H
ORDE DO DÍA
1- Concerto Solidario, contas e entrega de alimentos a Cruz Vermella.
2- Organización mani 12M(15M).
3- Valoración das palestras e organización.
4- Información plataforma pola banca pública.
5- Constitución como nodo local en Ourense da plataforma da auditoría da debea
6- Manifestación internacional día 1xuño
7- Pebiscito 23 a 30 de xuño
8- Stop Desafiuzamentos
1º PUNTO DA ASEMBLEA – Concerto Solidario, contas e entrega de alimentos a Cruz Vermella.
Entradas (400) – vendidas ————> 243 = 1215€
Entradas sin vender ——————–> 157
Postáis (500) – vendidas —————>120 = 60€ (moméntaneo)
TOTAL RECAUDADO (a 9/05/2013): 1122€
Falouse con Cruz Vermella para comentarlles que hai duas personas que precisaban comida, e xa quedaron avisados por Miguel.
Non hai tanto consenso de entragalos a Cruz Vermella debido a algunhas críticas recibidas por diferentes persoas sobre o reparto de alimentos desta entidade, aínda que foi o acordado, polo que sí se sigue coa entrega, pero se acorda falar cos responsables para aclarar este tema.
Acordase facer nos unha recolecta paralela para as persoas que conhecemos que precisan axuda, a nivel Asemblea Ourense, levando ás seguintes asembleas alimentos para xuntar e darllos.
2º PUNTO DA ASEMBLEA – Organización mani 12M(15M).
Concentración ás 19:00pm na Praza Maior de Ourense.
Feito o evento no facebook e convidados os amigos nas redes; quedase en enviar nota de prensa (Resume do manifesto que se leu no concerto)(Oscar).
Os cartaces hai que buscalos en grande para imprimilos (Oscar).
Confirmar o equipo de son (Martiño).
Haberá unha asemblea extraordinaria con micro aberto. Recolleranse propostas, antes de manhán, para encher o espacio que dure a concentración-asemblea.
Fálase de convidar a colectivos para facer unha asamblea-consulta de cara a futuras movilizacións, pero valorase que se trata dunha concentración para celebrar o aniversario do 15-M e non se considera que o resto de colectivos como tales deban formar parte da organización do mesmo.
Na Organización, coméntase de agradecer ós organizadores, ós que vinheron e formaron parte de que o concerto se levara a cabo e saíra a pedir de boca.
Pancarta: mirará Roberto se existe todavía a do ano pasado, para meterlle un cambio no texto (cambiar o número 1 por un 2), e poder reutilizar a que xa hai, se a hai. De tódolos modos, pódese comprar xa que sae barata (uns 20 euros) e pódese mirar de facer unha nova, xa que este aniversario (2º) o lema é “Da indignación á rebelión. Escrache ao sistema”. A lona para a pancarta cómpraa Sela (6 metros de largo), as letras fainas Esther, e traenas o Domingo antes da concentración (5 da tarde) para pegalas .
3º PUNTO DA ASEMBLEA – Valoración das palestras e organización.
Coméntase do pasado na última palestra con Rosa María Calaf, sobre o son e os erros que se poderían solventar se houbéramos mirado ese tema antes, asegurando o bo funcionamente para as futuras palestras. Se Martinho pode para a seguinte palestra, que quede como responsable de son, tanto para proxeccións como para funcionamente dos micros (que non monten son, que non tenha demasiado eco…); se Martinho non pode, Óscar proponse como alternativa. Queda tamén aberto a quen controle de tema son.
A xente está contenta con como saen ata o dagora, quitando ese pequenos erros.
O sonido é a máxima preocupación, sobre todo cando falan co inalambrico, e sobre todo pola parte de atrás que non se escoita.
Tamén hai que segurar que internet funciona, xa que na de R.M. Calaf colgouse 15 minutos, e sí houbo xente que seguía a palestra en “streaming”.
Determinar os pagos das cenas doutro xeito para non ter problemas coas contas no momento de pagar tras a cea.
4º PUNTO DA ASEMBLEA – Información plataforma pola banca pública.
Roberto comenta a lexitimidade da plataforma, vinculada á que Asemblea Aberta Ourense se implicou, baixo acordo de todos, e nos fai un resumo do nacemento da mesma:
Consituíuse un grupo de traballo, no que vairos integrantes estaban, e ese grupo acordou quitar a denuncia da banca, e facer unha presentación de ADUCB.
ADUCAB xa existía dende o 98, con estatutos.
O 11 de abril presentouse no Ateneo de Ourense, crisis financeira, responsables e consecuencias.
O martes 7 de maio volveuse reunior o grupo de traballo, convidando a afectados polas preferentes que estivaran na presentación, e decidiron sumarse á denuncia a título individual.
Xunto con xente de Marea Cidadá, acordouse facer unha presentación de ADUCAB á presna o luns 11 as 12:00 na sucursal de Nova Galicia Banco na rúa do paseo, e facer asemblea o 21 as 18:30.
Propuxose facer soci@s cunha cuota dun euro ao mes, que se deberá confirmar na asemblea.
Acordouse crear un BLOG: aducab.wordpress.com; no que se copiou o texto da Plataforma pola Banca Pública, e o logo, o que se deberá validar en asemblea. Tamén se colgaron os estatutos e proximamento o forumulario de inscripción.
Na asemblea tamén se constituirá a plataforma, cos cargos correspondentes, precisos para podelo levar a subdelegación e persoarse na denuncia.
A plataformá é sen ánimo de lucro. Esto exporase tamén na Marea Cidadá.
5º PUNTO DA ASEMBLEA – Constitución como nodo local en Ourense da plataforma da auditoría da debea.
Roberto está indo as reunións, con moita más xente nas primeiras e decaendo nas últimos, quedando un grupo de unhas 10 persoas.
O obxetivo é crear os máis nodos posibles para xuntar forzas e traballo co resto do Estado para presentar a Auditoría da Débeda.
Falase da necesidade de visualización da rede de nodos da auditoría, e que non implica un traballo máis alá do que xa se está a facer, de manter unha serie de contactos e aproveitar unha serie de ferramentas exientes e información xa a nivel estatal.
Falase de que quizais meterse nesto quite forzas de outros temas, somos poucos e temos moitos temas enriba.
Valorase diexalo para máis adiante para ir pechando temas.
Comentase que non é algo a maiores, senon parte do que xa facemos, que so suporía constituirse como tal “oficialmente” e que quen quiera se adira (comentadollo a outros colectivos).
Comentase a importancia de que se constitua dende AAO o nodo de auditoria da débeda para que dende a plataforma se poida mover, non dun xeito aislado. Agora mesmo so existe en Compostela, pero se está a mover en outras cidades de Galicia.Tamén sería un xeito de conectalo con ADUCAB e colaborar e obter aportacións tamén deste colectivo.
Decidese seguir debantindo este tema na seguinte asemblea para tentar ter máis aportacións de outra xente que hoxe non pudo estar.
6º PUNTO DA ASEMBLEA – Manifestación internacional día 1xuño.
AAO decide unanimemente levar o seu voto a favor de organizar dende Marea Cidada a manifestación en Ourense.
7º PUNTO DA ASEMBLEA – Pebiscito 23 a 30 de xuño.
Montse trae información e expón o tema, quen organiza, como, a documentación precisa, y o por qué deste plebiscito, para ver se AAO apoia e leva adiante este tema.
Comentase que non é vinculante, pero que se sae ben pode ser un punto de partida para forzar un cambio.
Falase que é cada un se debe apuntar individualmente e facer porposta na web http://plebiscitovinculante.wordpress.com/.
Comentase que na seguinte asemblea de Marea Cidadá se falará tamén deste tema.
8º PUNTO DA ASEMBLEA – Stop Desafiuzamentos.
Roberto comenta que a raiz da charla coa TVG se enteraron do problema con unha das afectadas, nunha situación bastante mala, e que actualmente non podemos poñernos en contacto con ela. Falase do adecuado de por a nova no facebook certas novas e a posibilidade de que a afectada se molestara. Comentase de falar con ela para pedirlle desculpas por se se sentiu invadida.
Oscar lee os correos mantidos polo do Pacto Cívico, onde se exixe un movemento por parte do Concello tras os sucesos acaecidos, recibindo resposta inmediata para indicar que inda se ten quer debater no pleno, pero non asegura que sexa nin sequera en xunio.
Roberto comenta que tamén falou con eles para pedir o movemento canto antes do tema, non recibindo a cambio máis que excusas.
O caso dalgunha das afectadas non parece ter máis saida, máis que a loita social, indicado deste xieto polos propios avogados, polo que precisamos preparar unha estratexia para sacar esto nos medios.