Arquivos da categoria: Acción/Actividades

Ciclo de Palestras – Creando Alternativas II

1º palestra do ciclo “Creando Alternativas II”

Consumo e Economía Social
Xoves 2 de Maio ás 20:00 hrs.
Salón Noble do Liceo de Ourense.

PONENTES:

Xan Martínez
Xan Martínez
Membro fundador de “A Xoaniña, Cooperativa de Consumo Responsable” en Ferrol.
Falaranos de:
-Consumo responsable: a súa importancia como motor da xustiza social.
-Cooperativismo e economía social: a súa implicación como modelo de desenvolvemento e como ferramenta contra a deslocalización do capital.

Víctor Barro
Víctor Barro
Membro, dende a súa creación, do grupo de consumo responsable “Semente” en Ourense.
Falaranos de:
– Porque xorde Semente? Con que ideas e obxectivos?
– Como funciona e como a xente pode sumarse ao proxecto?
– Reflexión sobre cara onde ir individual e colectivamente no consumo responsable na actual coxuntura de crise sistémica.

2º ANIVERSARIO 15M – CONCERTOS

Co fin de recaudar fondos para finanzar o Ciclo de Palestras  “Creando Alternativas II” e os diferentes actos da plataforma Stop Desafiuzamentos Ourense, dende AAO estamos organizando un concerto, no cal se aproveitará tamén para facer unha recolida de alimentos para repartir entre as máis desfavorecidas.

Grupos:
⁃    Swiss Cottage
⁃    O Sonoro Maxin
⁃    Malagoiro

Lugar: Sala Berlín – Ourense

Entrada: 5€ (Anticipadas no Trampitán)

Evento no Facebook: https://www.facebook.com/events/591474787531052/?ref=14

2º ANIVERSARIO 15M – CICLO PALESTRAS: CREANDO ALTERNATIVAS II

Dende AAO estamos a organizar un novo Ciclo de Palestras para visualizar e analizar alternativas ao sistema actualmente establecido, alternavitas que nos leven a conseguir unha mellora na calidade de vida de todas.

CREANDO ALTERNATIVAS II

Consumo e Economía Social – Xan Martínez e Víctor Barro
Xoves 2 de Maio

Cando se instala a mentira. Outro xornalismo é posible – Rosa María Calaf
Mércores 8 de Maio

Finanzas Éticas – Fiare, Coop 57 e O Peto
Mércores 15 de Maio

Por qué o decrecemento? – Carlos Taibo
Mércores 22 de Maio

Desobediencia Civil – Jorge Álvarez Yágüez
Mércores 29 de Maio

Soberanía Alimentar e Feminismo – Tereixa Otero Dacosta
Mércores 5 de Xuño

Toas as charlas terán lugar, tras un cambio de última hora, no Salón noble do Liceo de Ourense.

Evento no Facebook: https://www.facebook.com/events/536651003044772/?ref=14

ESCRACHE A CELSO DELGADO

O pasado Sábado día 6 de Abril ás 12:30 hrs. entre 30 e 40 persoas de diferentes colectivos, convocadas por Stop Desafiuzamentos e a PAH, levaron a cabo o primeiro escrache en Ourense, neste caso a un Deputado do PP, Celso Delgado, para pedirlle a este o seu voto positivo na votación da ILP sobre a Lei Hipotecaria.

Tras varios minutos de cantos e consignas: SI SE PODE, PERO NON QUEREN!!!, decidiuse timbrar no domicilio do Deputado para falar con él, pero dado que este non estaba, optouse por ler o manifesto e deixar no buzón do edificio o mesmo para que así chegara as súas mans.

Tras case media hora de acción as persoas alí presentes decidiron dar por finalizada a acción e retiráronse do portal, deixanso alí mesmo varios carteis que daban boa conta da acción alí realizada.

Varios minutos despois, cando xa se marcharan case todas as persoas que participaron na acción, o Deputado apareceu polo seu portal. Tras quitar todos os carteis deixados polos manifestantes, achegouse ata un pequeno grupo que aínda quedaba falando na outra punta da rúa, mantendo con estes un dialogo cordial, pero deixando claro non renunciaría á disciplina de partido e que polo tanto, a pesar de dicir comprender a situación e ter intención de axudar, mantería o seu voto en contra da ILP.

A continuación vos deixamos enlaces á nova nos diferentes medios:

El País: http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/04/06/galicia/1365265974_846700.html

El Mundo: http://www.elmundo.es/elmundo/2013/04/06/espana/1365262162.html

La Región: http://www.laregion.es/noticia/249133/escrache/ourense/celsodelgado/

Faro de Vigo: http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2013/04/07/ola-lleva-portal-diputado-pp-celso-delgado-primer-escrache-galicia/786785.html

La Voz de Galicia: http://www.lavozdegalicia.es/video/ourense/2013/04/06/escrache-frente-vivienda-diputado-ourensano-celso-delgado/00311365248846572559102.htm

ACTO DE ADORACIÓN DA DÉBEDA O XOVES 14/03

Iste Xoves 14 de Marzo realizaremos un novo acto de “Adoración á débeda” como parte dos actos preparados para a semana do 11 ao 17 de Marzo “Pola Europa das persoas contra a Unión Europea dos mercados” coincidindo coa vindeira Cume Europea.

Agardámoste a partires das 17:00 hrs. na Rúa do Paseo, fronte a sede de Nova Galicia Banco…ACUDE e DIFUNDE!!!

Enlace do evento: https://www.facebook.com/events/128767953970864/

Fotos do anterior evento realizado: https://www.facebook.com/media/set/?set=oa.299149920169145&type=1

Manifesto conxunto: http://madrid.tomalaplaza.net/2013/02/10/manifiesto-contracumbre-ue/ (no evento de AAO o podedes atopar en galego)

 

16-F :: POLO DEREITO Á VIVENDA

Este sábado saían á rúa miles de persoas en todo o Estado español para reclamar o dereito a unha vivenda digna convocadas pola plataforma PAH e Stop Desafiuzamentos.

En Galiza houbo manifestacións en Ferrol, A Coruña, Lugo, Ourense, Santiago, Vigo e Cangas.

A continuación vos deixamos unha imaxe da cabeceira da manifestación no memonto da saída en Ourense:

Tamén vos deixamos un video realizado por unha compañeira durante a marcha de Ourense:

Así mesmo podedes atopar imaxes da marcha en Ourense no enlace: https://www.facebook.com/media/set/?set=oa.417040831713386&type=1

A familia, os corruptos e a cidadanía indignada

2ª Charla CICLO CRIANDO ALTERNATIVAS – DEMOCRACIA, RAZÓN DIALÓXICA E CONSTRUCCIÓN DE CONSENSOS

Este Xoves 22 de Novembro tivo lugar a 2ª charla do ciclo CRIANDO ALTERNATIVAS.

Aquí vos deixamos os vídeos:

Parte 1:

Parte 2:

Parte 3:

Grazas a todas as particpantes, agardamos que fora do voso agrado, e convidámosvos a particpar nas vindeira charla que terá lugar o Mércores 28.

Aquí vos deixamos a ligazón ao EVENTO do FACEBOOK, onde podedes atopar máis información.

1ª Charla CICLO CRIANDO ALTERNATIVAS – FUNCIÓNS E LÍMITES DO DIÁLOGO E O CONSENSO NAS PRÁCTICAS DEMOCRÁTICAS

Mañá día 24 xoves ás 20h na aula 24 do Edificio de Ferro Campus Ourense:
“Funcións e límites do diálogo e o consenso nas prácticas democráticas”.

Na charla analizarase os límites á participación dialóxica da cidadanía nos modelos dominantes na política do pasado século. Proporanse logo unhas condicións básicas que deberían posibilitar un autentico diálogo democrático e a construción dunha cidadanía participativa. Concluiranse analizando diversos casos prácticos, tomados tanto da realidade social e política española como internacional, cos que se poñerán a proba esas condicións e a posibilidade de superar os atrancos que dificultan ou impiden que se dean plenamente.

Creando Alternativas – Unha resposta cidadá ante as crises
jueves a la(s) 20:00
Sala 2.4 do Edificio de Ferro – Campus de Ourense

https://www.facebook.com/events/488046047896273/permalink/491603467540531/?notif_t=like

1ª Charla CICLO CRIANDO ALTERNATIVAS – A DESTRUCCIÓN DAS CAIXAS DE AFORRO

Este Xoves 15 de Novembro tivo lugar a 1ª charla do ciclo CRIANDO ALTERNATIVAS.

Aquí vos deixamos o vídeo:

Grazas a todas as particpantes, agardamos que fora do voso agrado, e convidámosvos a particpar nas vindeira charla que terá lugar o Xoves 22.

Aquí vos deixamos a ligazón ao EVENTO do FACEBOOK, onde podedes atopar máis información.