1) Contas do Ciclo de Palestras “Creando Alternativas II” e “Semana de Acción Global Contra a
Débeda”.
ROBERTO RECADADO:
• Postais, marcadores e chapas: 22€ + 53,5€ = 75,5€
• Semana da Auditoría da Débeda: 39,65€
COBROS:
• ROBERTO “ACEROPLUS”: 12,5€ (Cobra a metade do valor da factura real)
• MONTSE “DEIMPRESIÓN”: 15€
• ROBERTO GASTOS: 20€ (Gastos de viaxes e chamadas)
• OSCAR “IMAXEART”: 84€
RECADADO TOTAL A 21/11/2013: 752,12€
*Falta por cobrar cousas Nolas e seguro alguén máis.
2) Stop Desafiuzamentos Ourense:
a) Estado de cada un dos casos que actualmente están en activo
b) Recollida de alimentos:
Preferimos esperar para falar máis profundo cando Sela esté presente, xa que ela leva moito máis controlado este tema da recollida.
Este Sábado quédase outra vez ás 2 na Praza de Abastos. Sabemos que hai un local que lle sobrou carne dun churrasco enorme, e ténhena conxelada. Tamén hai todavía alimentos conxelados que serán entregados ós afectados que o necesitan.
Ximena e Oscar averiguarán o do Banco de Alimentos, a súa forma de repartir e como conseguir alimentos con maior facilidade para os afectados. Fálase de quedar na rúa, nun punto en común, para que os afectados se acerquen e non ter que ir casa por casa a repartir, xa que non cremos que sexa a nosa finalidade, e vemos que os afectados ténhense que mesturar e implicar máis no que facemos, xa que eles son os maiores implicados noutras plataformas e cremos que é necesario para que aprendan máis doutros casos e sepan defenderse persoalmente.
c) Comentou Montse que no Pavillón dos Remedios quitaron a nosa caixa e puxeron dous carrinhos con cartel moi grande do Banco de Alimentos. Cremos que deberíamos mirar tanto se se recaudou alimento neses días como pedir esplicacións ó concelleiro de deportes, xa que foi el quen nos permitiu insitu colocar a caixa alí, e agradecendo a iniciativa.
d) Posibles accións?? (Falalo con máis xente, e con Sela diante).
3) Plataforma Pola Banca Pública, ADUCAB.
Na reunión de Vigo acordouse e falouse dunha posible acción colectiva, na que se ve posibilidade de atacar a Méndez con acusación particular, xa que existen indicios (aparte dos que éticamente sabemos todos os mortais) de irregularidades punibles.
Persíguese unha auditoría da totalidade dos cartos das estintas caixas galegas. AGAPROFI está indo moi forte no comentado.