ORDE DO DÍA XOVES 31 DE OUTUBRO.
1º) Contas e pagos da Semana de Acción Global contra a Debeda.
Non se fixeron contas porque non puido asistir a xente que se fixo cargo dos gastos.
2º) Auditoría das caixas.
-Xuntanza Compostela (pbp, ADUCAB, AGAPROFI)
Hoxe, 31 de outubro, tivo lugar esta reunión como último paso antes da venda inminente de NovaGalicia Banco. Malia a ausencia de moitos integrantes de ADUCAB fálase de iniciativas en distintos concellos contra a venda da caixa galega. ADUCAB E AGAPROFI van facer cadansúa asemblea, ADUCAB o día 13 de novembro, coa finalidade de unir as dúas asociacións e aunar esforzos.
-Encontro co Fiscal Xefe de Xustiza de Galiza.
Hai unha cita pedida con el para tratar que percorrido legal queda (conscentes de que pouco) para poder frear legalmente a venda da caixa.
3º) STOP DESAFIUZAMENTOS:
a) Recollida de alimentos.
TENDAS E MERCADOS: Sela chamou á praza de abastos, Miguel de unha das dúas asociacións dixo que os sábados poderían facer os comerciantes os repartos dos sobrantes. Este sábado hai que ir e organizarse para saber quen poderá ir o resto dos días.
Claudio (novo Corvirán) menguou a doazón.
Aquí, van valorar o do carriño, non entregará alimentos, di que xa os reparte a outras asociacións.
Alba queda pendente de concretar as doazóns en Pincha Precios e a colocación dos carriños nos seus supermercados.
Día, Carrefou non.
Lidl non contestou.
CAFETERÍAS:
David, de Trampitán, propuxo facer deste local un punto de recollida de alimentos. Habería que falar con outros bares.
Na Cafetería do Paco Paz porase tamén un punto de recollida todo o ano.
CLUBES DEPORTIVOS:
Clube Allariz Baloncesto, non hai problema. Punto de recollida fixo no pavillón de Allariz.
Mañá a unha do mediodía rolda de prensa para anunciar aos medios que se inicia a campaña de recollida de alimentos co Baloncesto Femeninio. Para mañá para a rolda de prensa fai falta a faixa, carteis. Ás 13 horas no pavillóns dos Remedios prégase que se sume xente.
Os dous clubes de futbol sala teñen o 9 de novembro o primeiro derbi en división de honra e farese aprimeira recollida de alimentos. O luns haberá unha rolda de prensa (por concretar horario e lugar), e toda a semana punto de recollida no Pavillón dos Remedios.
Coméntase a posibilidade de achegarnos a asociacións de veciños de Ourense para comunicarlle que dende Stop Desafiuzamentos Ourense estamos facendo unha campaña de recollida de alimentos.
Cada un que se encargue de un ou varios lugares onde se deixa punto de recollida de alimentos e que se comprometa a recoller os alimentos.
Falamos dun posible protocolo de reparto, primeiro contactando coa lista de afectados e despois barallando a posibilidade de repartilo entre máis xente con necesidade, facendo caixas equitativas e repartilas.
b) Presupostos camisolas. 3 euros as brancas (aínda hai), de color 6 euros. Fálase de usar as planchas da Escola de Arte Antonio Faílde de Ourense, xa que o director comentara no seu momento de que os ex-alumnos poden subir para facer actividades, e poderíanse usar para imprimir as camisolas. Chamae ó director e concretar.
c) Casos: faise un resumo dos novos casos e dos que están sendo máis activos agora mesmo e con máis necesidade de actuación, pero por motivos de protección de datos non se
d) Posibles accións. Falar con Stop Desafiuzamentos de Corunha para actuar xa que eles tenhen esperiencias previas con casos.