ACTA DA ASEMBLEA DO 11/7

Asistentes: 11 persoas

Hora de comezo: 20:45

ORDE DO DÍA:

1- Informe sobre a ADUCAB

2- Stop Desafiuzamentos

3- Carriños de alimentos

CONSENSOS ACADADOS:

2- Stop Desafiuzamentos

Acórdase pagar cos cartos recadados nas diferentes actividades o transporte ate Vigo o 27 para un encontro de plataformas de Galicia.

Acórdase que Roberto, Bea e Diego según as súas dispoñibilidades, sexan os representantes da plataforma nas vindeiras reunións do Pacto Cívico.

Acórdase deixar para setembro, dada a baixa participación presumible en verán e para coordinarse con outras plataformas na xuntanza, a realización de accións concretas.

3- Carriños de alimentos

Decídese tentar implicar ás pequenas tendas de barrio e comezar a falar con elas.

DETALLE DOS PUNTOS TRATADOS

1- Informe sobre a ADUCAB

Robeto informa sobre a reunión da ADUCAB onde se trataron temas coma a creación dunha páxina web que substitúe ó blogue, a redacción dunha nota de prensa amosando o desacordo coa venda das caixas. Estase a tratar de fixar unha reunión para elaborar unha denuncia colectiva contra as xuntas directivas das caixas por mor das preferentes e ponse de manifesto que fai falta formar unha equipa que poida ofrecer información para respaldar esta denuncia.

2- Stop Desafiuzamentos

Carmen expón un caso persoal sobre un crédito persoal avalado cun baixo comercial e un garaxe da súa propiedade e pregunta sobre a posibilidade de que a Asemblea Aberta de Ourense lle preste asesoría a través de Stop Desafiuzamentos. Explícaselle que Stop Desafiuzamentos céntrase en casos de primeiras vivendas en risco de desafiuzamento e sen recursos.

Roberto informa de que hai unha convocatoria dun encontro das plataformas Stop Desafiuzamentos galegas os días 26 a 28 de xullo en Vigo, para facer unha mellor coordinación entre elas. Faise un chamamento para comprometerse a ir ás reunións ó cal responden diferentes integrantes para poder ir o día 27.
Diego está dispoñible todo o día e Manuel se hai dispoñíbel un coche para ir. Bea só podería ir pola tarde e dispón de coche para o desprazamento. Roberto pode estar dispoñíbel todo o día e contaría con coche pero non o pode confirmar até máis adiante.

Acórdase pagar os desplazamentos co diñeiro recadado para a plataforma.

Roberto le a carta do Concello de Ourense como conclusión das reunións polo Pacto Cívico na que se reclama o nomeamento de representantes para futuras reunións sen precisar datas.

Acórdase que Roberto, Bea e Diego según as súas dispoñibilidades serán os representantes da plataforma.

Diego explica que queda pendente o pago e a recollida dos cartaces, pegatinas e folletos da plataforma. Asunto que queda pendente a que os encargados desta tarefa poidan facelo.

Infórmase de que a reunión para facer unha acción reivindicativa en contra das caixas non se puido levar a cabo xa que non había quorum. Acórdase deixalo para máis adiante, presumíbelmente setembro, debido a pouca actividade dos meses estivais e para aprobeitar o Encontro de Stop Desafiuzamentos galegas en Vigo para coordinarse con elas e sumar ideas de outras plataformas.

3- Carriños de alimentos

Roberto informa do contacto con Gadisa no que se mostra disposta á colaboración na entrega de alimentos e requiren unha petición formal para comezar a recollida.

Daniel informa de que o Banco de Alimentos fornece só a asociacións, casas de acollida ou entes similares e Diego preguntará a un coñecido que traballa no Banco se a plataforma podería optar ó reparto destes alimentos.

Daniel informa de que hai un conxunto de xente que a nivel individual vai a comezar a facer unha recollida de alimentos para proceder ó seu reparto a partires de setembro. Ademais explica que contarán cun psicólogo para axudar nos casos que o precisen. Pola súa banda a un dos sindicatos fará o propio para os afiliados ao mesmo que precisen axuda alimentaria.

Manuela propón falar coas pequenas tendas da vila que, segundo a experiencia de diferentes asembleas dos barrios de Madrid, normalmente son máis propicias que as grandes superficies a colaborar. Cómprométese a comezar a seguinte semana a preguntar nas tendas das Lagoas e invita ó resto a facer o propio en cadanseu barrio.

Os comentários estão desativados.