ACTA DA ASEMBLEA DO 7/06/2013

ORDE DO DÍA:

1. Avaliazón do ciclo de palestras. Contas públicas do recadado, así como uso actual e futuro do obtido no Concerto.

2. Avaliazón da manifestación contra a Troika.

3. ¿¿AAO15M Constituímonos como “Nodo da Auditoría da Débeda”??.

4. Falar da proposta do comedor social. Deixo o informe que presentou cáritas.

5. ¿¿AAO15M sumamonos á “Plataforma ContraMINAción” e á “Plataforma polo Aborto Gratuíto” (e libre e na sanidade pública)??

6. Stop Desafiuzamentos: estado, “Pleno no Concello” o venres 07/06/2013.

7. Pleviscito do 23 o 30 de Xuño

8. Quere seguir AAO15M Ourense en Marea Cidadá Ourense.

1º-Avaliazón do ciclo de palestras. Contas públicas do recadado, así como uso actual e futuro do obtido no Concerto.

(Respecto deste punto, queda pendente reunirse o grupo de traballo e levar as valoracións, as contas e as propostas á asemblea).

Toda a xente garda un bo sabor de boca, pero hai cousas como internet, como o son e como o cambio de sala nas últimas palestras que se deben avaliar para tentar mellorar.

Pénsase en repetir posiblemente outro ciclo, para inverno.

Acábanse de comprar 30 camisolas de Stop Desafiuzamentos cun custe de 150€.

Total de contas: algo máis de 800€ (será definido cando se reuna o grupo de traballo)

2º-Avaliazón da manifestación contra a Troika.

Roberto deixa iste plantexamento da plataforma conta a minería (ContraMINAción) no tocante a inclusións de formacións políticas nesa platafoma, paréceme moi interesante:

A rede está aberta a tódolos colectivos que queiran participar, agás aos partidos políticos. Entendemos que hai partidos políticos que desexan participar dun xeito honesto da rede, mais son numerosos os intentos de apropiación partidaria e manipulación deste tipo de redes  por parte dos partidos políticos e non queremos correr o risco.

As persoas que pertenzan a un partido político poderán participar a titulo individual sen facer mención expresa do seu partido. Tamén damos a benvida ao apoio dos partidos políticos ás accións da rede.   

Unha plataforma non é un un movemento. As plaformas son puntuais, os movementos son de outro calado e outra duración no tempo. Non se poden confundir“.

 De acordo co punto, AAO15M considérase totalmente apartidista.

 

Procédese á lectura da carta de Celine.
Sela plantéxase e posiciónase a favor da carta de Celina, na que se pide un apartidismo total do movemento.
Dani comenta que no momento da rolda de prensa de Marea Cidadá, por el non sigue como portavoz, xa que é un problema menos para el.
Concorda con moitas cousas do texto, pero non lle parece que estén buscando rédito partidista.

Manuela comenta que está a favor do texto tamén, e de que unha iniciación deste debate salta por culpa da noticia, considerando o titular de dita noticia bastante sensacionalista.

Roberto opina que esto pode ser un bo plantexamento de cara a AAO15M e MAREA CIDADÁ.

Posible nota de imprensa aclarando istes puntos nas dúas, ante a recente polémica xurdida na imprensa. O artigo no diario “La Voz de Galicia”, cun titular claramente tendencioso, no seu interior non mentía, os partidos políticos están en Marea, eso é así. Está claro que ó fan para meter merda e debilitar, o cal non quita que teñamos que replantexar a existencia de partidos como tal no movemento. Baixo a máxima de que o importante e facer cousas e non quen as fai ou visualizar quen as fai, entendo que se alguen quere participar na plataforma pode facelo, sexa dun partido ou non, pero sen necesidade de visualizar esa pertenencia a unhas siglas.

3º-¿¿AAO15M Constituímonos como “Nodo da Auditoría da Débeda”??.

Roberto explica, novamente, como funciona o nodo. Unha rede a nivel nacional, e ADUCAB forma parte deste nodo, pero non naceu del. Búscase facer denuncia por vía xudicial para lograr unha auditoría das contas e da actual débeda pública. Crérase para falar, facer charlas, publicitar información sobre a débeda real… Xa existen nodos da auditoría no resto do país.
Búscanse opinións do resto de integrantes da asemblea, chégase a un acordo unánime.
Constitúese a AAO15M como “Nodo da Auditoría da Débeda”.

4º-Falar da proposta do comedor social. Deixo o informe que presentou cáritas.

Estamos madurando a idea de actuar, creando un comedor social, ou unha acción que permaneza no tempo acerca de crear un lugar ou punto en común, onde se poida dispor de comida e axudar a quen o precise. Non se pretendería que só fora AAO15M senón tamén á xente que participe para que eles se sintan útiles. Non se pretende só dar comida, senón invitar e actuar en común, invitar á cidadanía a que actúe.
Tamén se fala de facer unha recollida de comida para familias que xa conhecemos directamente con necesidades, sen precisar de ningún comedor social, ou tratos con Cruz Vermella, Cáritas…
Proponse facer algo como a recollida na nosa propia asemblea, chamando á cidadanía a que venha e deixe algo.
Preguntarlle a Martinho para poder facer os cartaces, ou Idoia ou Diego.
Publicidade en Facebook, imprimir panfletos, cartaces, octavillas e repartilas.
Proponse facer unha Rolda de prensa para publicitar a acción.

Finalidade do evento: familias con necesidades afectadas por desafiuzamentos ou problemas hipotecarios.

5º-¿¿AAO15M sumamonos á “Plataforma ContraMINAción” e á “Plataforma polo Aborto Gratuíto” (e libre e na sanidade pública)??

( http://www.mineriagalicia.org/ ) ( http://feminismo.eu/PlataformaAborto/?p=72 )

AAO15M súmase as plataformas “ContraMINAción” e “Plataforma polo Aborto Público”.
Máis que nada porque os motivos e finalidades son loables e búscanse en común.
Xoves 13 xunho 20:30h., proponse unha acción de “Rodea a catedral” en Ourense a AAO15M apoia a acción.
Domingo 16 de xunho ás 17:00, Manifestación en S. Compostela, polo tema do aborto ,con autobuses a 7 €.

 

6º-Stop Desafiuzamentos: estado, “Pleno no Concello” o venres 07/06/2013.

Mobilización e campanha de visibilación do problema dos desafiuzamentos.
Campanha publicitaria co obtido no concerto, e posible celebración de outras iniciativas para recadar máis fondos para este tema.

Esto todo xa se falou na asemblea do outro día e neso se quedou, en facer unha campaña de visualización e difusión, para que a xente se sume e apoie, cos cartos recadados que para eso se recadaron principalmente, aceptouse e púxose en marcha, vaise facer cartelería, camisolas, unha rolda de prense mañá, así como ir ó pleno do venres.

Companheiros de AAO15M comprométense a donar o seu tempo para chamar, falar ou preocuparse polos afectados.
Normas claras de Stop Desafiuzamentos Ourense, no que poidamos expresar a nosa posición contraria ó uso da plataforma con fins partidistas, ou de partidos.
Acordamos falalo noutra asemblea.
Abrimos PIRATEPAD e falámolo con máis calma, xa que temos bastantes puntos a falar.
Camisolas ós afectados son de balde, e o resto, se se pode costear as camisolas, mellor que mellor.

7º-Pleviscito do 23 o 30 de Xuño

Se se pode apuntar xente, que o faga a título individual.
Exponse que se fale na asemblea da Marea Cidadá.

A próxima asemblea de Marea Cidadá será o martes 18 de xunho, invítase e búscase colaboración de alguén para axudar para o plebiscito, a título individual.

8º-Quere seguir AAO15M Ourense en Marea Cidadá Ourense.

Cuestionase que si hai partidos políticos en Marea, AAO15M non debería seguir na Mareca Cidadá.
Os partidos teñen as súas propias plataformas, isto debe ser algo da cidadanía.
Outra cousa será que xente de partidos políticos participe ou non do AAO15M a nivel individual, ahí cada quen xa que faga como lle pete, e incluso é razoable dado que se supón que certos partidos teñen certas conviccións, pero non debería haber siglas partidistas en Marea.

Abrirase un PIRATE PAD para falar sobre o punto de si se pertence ou non. Alí, preténdese que cada un defenda, non diga que si ou non simplemente.

Os comentários estão desativados.