ACTA DA ASEMBLEA DO 16/05/2013

Data: 16/5/2013
Lugar: Praza Maior

 

Hora de convocatoria: 20:30 H
Hora de comezo: 20:45 H
Hora de remate: 23:00 H

 

ORDE DO DÍA ASEMBLEA:

1º- Manifestación día 1 de Xuño.

2º- Evaluación concentración 12M.

3º- Información “Plataforma Pola Banca Pública”, ADUCAB.

4º- Constitución como nodo local en Ourense da “Plataforma da Auditoría da Débeda”.

5º- Plebiscito do 25 a 30 de xuño.

6º- Stop Desafiuzamentos.

1º- Manifestación día 1 de Xuño (POBOS UNIDOS CONTRA A TROIKA).

Martinho preparando as cartaces. Falouse en “Marea Cidadá”, Mavi e Martinho levan o groso.
O permiso pídeo Mavi e Miguel.

Xuntanza previa o día 28 para ver se algo do manifesto está consensuado por todos, que será ás 20:00h no edificio de ferro na Aula 0.0.

Rolda de prensa para o xoves 30 de maio, ás 12:00pm, para presentación da manifestación.

Oscar encargar cartaces para a manifa a Camilo (Pereiro) e falar con Mavi.

A pancarta quedouse de reutilizar de 23F e meterlle a frase “Pobos unidos contra a Troika”.

Contactar con Esther para traer máis material para facer a pancarta.

Manifesto tradúceo Martinho, úsase o que ten “Marea Cidadá” a nivel estatal (que no seu momento, saiu de Portugal).

Invitar a outros colectivos, aínda que non apareceron na reunión previa, para ver se alguén pode aportar algo.

2º- Evaluación concentración 12M(15M). Entrega de alimentos a Cruz Vermella. Tapers e comida para xente necesitada. Creación de comedor social. Buscar información para ter datos.

Para os presentes, foi bastante pobre a asistencia de xente. Tamén se pensa en que como a xente estaba no Reperkusión, é entendible. Coméntase o feito de denegarnos presentar ou subir ós concertos do festival para expresar que o movemento e a loita continúan. Ofrecéronnos sen embargo ponher un posto, cousa que non se precisa permiso de ninguén para ponhelo.

Entregamos os alimentos á Cruz Vermella e explicáronnos como funciona a repartición.

Coméntase como funciona o Banco de Alimentos en Ourense. Coméntase que Cáritas pretende abrir un comedor máis grande do que existe. Tamén se fala de como o comedor do Concello, levado pola Fundación San Rosendo, usa voluntarios para o traballo do comedor.

Sobre a Cruz Vermella, os alimentos repártense nos proxectos que posúen, e a xente que opta ós alimentos repartidos deben estar nas listas deses proxectos.
Fálase de formalizar o comedor, producto dunha charla inicial o domingo 12 de maio no Grándola, para axudar a xente que o precise.

Fálase dos pormenores, permisos, como levalo e como facelo unha realidade. Todos aportan ideas, e contactos. O básico é seguir buscando información sobre datos oficiais, de canta xente é posible que sufra pobreza, e de cómo funcionan os actuais comedores e axudas.

Búscase facer algo autoxestionado para poder iniciar algo, sen necesidade de esperar e queixarnos do que xa existe, e que funciona a base de subvencionar organizacións de corte relixioso, sempre buscando a axuda e a acción inminentes.

Á espera de saber algo sobre o local do que se fala, as ideas son benvidas para unha vez obtido, comezar con proxectos (cursos, roupa, comida, ordenadores para uso público…)
 

3º- Información “Plataforma Pola Banca Pública”, ADUCAB, asemblea e reunión o martes 21 ás 18:30 no Edificio de Ferro no sótano, sala “Emilia Pardo Bazán”. 

Invitación a todo o mundo que queira vir á reunión ese día, para informar e comentar sobre os avances que se levan feito e como poder aportar cada un o que poida. Escolleranse os órganos para levar a cabo a entrega da denuncia oficial. Os estatutos están enlazados na páxina de Asemblea Aberta Ourense. Publicitalo os que o sepamos para que acuda canta máis xente mellor. 

4º- Constitución como nodo local en Ourense da “Plataforma da Auditoría da Débeda”.

Creación en Ourense dun nodo, dun grupo oficial, para manter contactos co resto de Paltaformas xa constituídas. Actualmente existe en Galicia un nodo en Santiago de Compostela.

A creación de contactos pode levarnos a crear unha rede forte para actuar contra a impunidade e a fin que se busca, que é a auditoría da débeda das caixas, neste caso, galegas.

Esta rede pode extenderse, e pode levar a crear auditorías dos Concellos, de organismos, en definitiva, que todo sexa mostrado públicamente, finalizando unha época de oscurantismo e opacidade administrativa que só fai desconfiar ós cidadáns (con razóns fundadas e provadas), e que leve a unha pronta boa funcionalidade do sistema, podendo confiar outra vez nun estado pensado para ser democrático, que actualmente non o é. Sábado 25 de maio, charla de Carlos Taibo en Santiago de Compostela, no Centro Cultural de Castinheirinhos.

O debate continúa na seguinte asemblea.
 

5º- Plebiscito do 25 a 30 de xuño.

Fálase de que non é vinculante, porque non ten a funcionalidade dunha ILP, pero é unha protesta escrita que pode levar a repensar as políticas actuais, a mostrar a opinión e o xuizo ético da sociedade, a súa variedade, non o pensamento único imperante. Conformando mesas para consultar á xente, búscase que a xente se eduque en participar perante os gobernos que non velan por eles (por desconhecemento da opinión social, dos seus problemas máis cercanos), xa que é hora de que o máximo responsable dun país (o seu pobo) exerza o seu dereito e a súa voz guiando ós seus directos responsables, os traballadores do pobo, os gobernos.
 

6º- Stop Desafiuzamentos.

Creación de accións de contrapublicidade ós bancos que desafiuzan. Falar do ocurrido hoxe xoves en NGB.

Proponhen meter un escrito, por medio dun grupo político do Concello de Ourense, para denunciar o acontecido hoxe nunha sucursal de NGB, onde se negaron a recibirnos como plataforma de Stop Desafiuzamentos Ourense para falar do caso dunha parella afectada de inminente execución, obviando o acontecido nunha charla previa que tivemos con eles, negociando as condicións desta parella e na que se asegurou que “non habería problema en renegociar unha hipoteca, porque dende NGB sempre houbo boa fe”.

Excusándose en que estaban reunidos, e que pola tarde tampouco podería ser, nin o venres, só podería ser o luns da semana que ven, sendo imposible para a totalidade dos integrantes, non puidemos falar con eles, facéndonos e facéndose un flaco favor, como entidade que busca a credibilidade social e soltando frases no pacto cívico de Ourense no que aseguran que levan “ano e medio sen executar nin meter a xente en inminentes desafiuzamentos”, dito esto diante dun afectado con execución desta entidade, tornando en burla o alí asegurado polo representante de NGB, máxime cando a situación desta parella é moi particular e con menores en medio.

Son benvidas propostas para protestas, e para visibilizar o problema perante a sociedade, para que non se enterre este problema, para que esté candente, e para atopar a solución definitiva, xa comentada no tirón de orellas do Tribunal Superior de Xustiza Europeo á actual Lei Hipotecaria de Espanha. Proponse facer un vídeo reivindicativo para visualizar mellor o problema, con testigos e datos verídicos, intentando tamén ter a versión das dúas partes.

Os comentários estão desativados.