O pasado Sábado día 6 de Abril ás 12:30 hrs. entre 30 e 40 persoas de diferentes colectivos, convocadas por Stop Desafiuzamentos e a PAH, levaron a cabo o primeiro escrache en Ourense, neste caso a un Deputado do PP, Celso Delgado, para pedirlle a este o seu voto positivo na votación da ILP sobre a Lei Hipotecaria.
Tras varios minutos de cantos e consignas: SI SE PODE, PERO NON QUEREN!!!, decidiuse timbrar no domicilio do Deputado para falar con él, pero dado que este non estaba, optouse por ler o manifesto e deixar no buzón do edificio o mesmo para que así chegara as súas mans.
Tras case media hora de acción as persoas alí presentes decidiron dar por finalizada a acción e retiráronse do portal, deixanso alí mesmo varios carteis que daban boa conta da acción alí realizada.
Varios minutos despois, cando xa se marcharan case todas as persoas que participaron na acción, o Deputado apareceu polo seu portal. Tras quitar todos os carteis deixados polos manifestantes, achegouse ata un pequeno grupo que aínda quedaba falando na outra punta da rúa, mantendo con estes un dialogo cordial, pero deixando claro non renunciaría á disciplina de partido e que polo tanto, a pesar de dicir comprender a situación e ter intención de axudar, mantería o seu voto en contra da ILP.
A continuación vos deixamos enlaces á nova nos diferentes medios:
El País: http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/04/06/galicia/1365265974_846700.html
El Mundo: http://www.elmundo.es/elmundo/2013/04/06/espana/1365262162.html
La Región: http://www.laregion.es/noticia/249133/escrache/ourense/celsodelgado/
La Voz de Galicia: http://www.lavozdegalicia.es/video/ourense/2013/04/06/escrache-frente-vivienda-diputado-ourensano-celso-delgado/00311365248846572559102.htm