ACTA DA AEMBLEA ABERTA OURENSE 4 DE ABRIL 2013

Orde do día:
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
2.- Acción día “d”
3.- Concretar a acción do 25 de abril. Reparto de tarefas.
4.- Información do grupo de traballo 2º Aniversario
5.- Estado da loxística e finanzamento do 2º Aniversario
6.- Propostas de AAO para a reunión da marea cidadá do martes 9 ás 18h no edificio de ferro.
7.- Plebiscito vinculante
8.- Información STOP DESAFIUZAMENTOS,.
9.- Información da reunión co colectivo Adiante.

Orde de tratamento, desenvolvemento, debate e acordos:

Antes de nada destacar a presenza de Manuel e a súa muller e Rubén Bentiban, persoas a piques do desafiuzamento de aluguer e en situación de notable necesidade económica.

1.-  Apróbase a acta do 28 de marzo.

2.- Despois dunha rolda de palabra na que se pon sobre o tapete a posiblidade de ser multados, dado que a figura legal é “acoso” , expóñense alternativas que pasan dende a creación dunha caixa de resistencia ao recurso xudicial, acórdase seguir adiante coa acción coas seguintes responsabilidades: Roberto traerá as fotocopias en cor, dado que moitas das asistentes no teñen fotocopiadora e Montse encárgase de falar con Diego para que veña gravar.

3.- Respecto da acción para o 25 de abril, algunhas das persoas asistentes á asemblea,  propoñen, en vez de realizar a acción aprobada na asemblea anterior,  ir a Madrid e manifestarse fronte ao Congreso, para o que deciden entre eles buscar medio de transporte para ese día; polo tanto o tratamento  da acción “in-out” queda en suspenso ata confirmar a asistencia de persoas que a realicen.

4.- Como hai acta da reunión do grupo de traballo do 2º Aniversario, a asemblea dáse por informada.

5.-  Neste punto falouse en primeiro lugar do tema: recollida de alimentos. Desbotouse a idea de dar cañas por kilo de comida por considerarse pouco ético alentar á xuventude a consumir alcohol. Acordouse chamar a traer alimentos solidariamente, avisando no cartaz e nas entradas. Nolas propón facer unha acción específica para o tema de recollida de alimentos, despois de escoitar as persoas que están en contacto con situacións de exclusión extrema.
En segundo lugar acordouse poñer como punto fixo de venda de entradas o Trampitán,  e que tal información figure nos cartaces.
Respecto do tema son da sala as opcións son as expostas na reunión do grupo de traballo: a) que o socio de Franco (sala Berlín) subvencione a metade do gasto, b) que se regatee o prezo coa empresa suministradora, c) que Oscar fale cunha persoa que el coñece que dispón dun equipo, para que no lo preste.
Tamén se acordou falar con Esther para que faga chapas de STOP D.
Óscar informa de que as postais e os marca páxinas xa están en imprenta.
Insístese na transparencia radical coa recadación das entradas que irán destinadas á pagar os gastos derivados das palestras e proxeccións e gastos de AAO e o resto para Stop desafiuzamentos.
Faise unha proposta de facer unha web para o evento, pero esta proposta non quedou pechada.

7.-  Celine informa que sobre a acción Plebiscito Vinculante hai información colgada no muro de Acampada Ou debate para que se estude a posibilidade de asumila como asemblea. Tamén propón que se leve á reunión da marea cidadá, pero non hai consenso.

8.- Información Stop Desafiuzamentos sobre a reunión da comisión do Pacto Cívico do Concello:
Informa Roberto.  Asistentes entre outros: Colexio de Psicólogos, Afectados, Stop D., Educadores Sociais, AAO, AUSBAN, representantes de vivenda pública e privada, avogado da oficina de Intervención Hipotecaria e representantes do Concello para asuntos económicos…
Roberto di que houbo dúas posturas “contundentes” a do Bloque que esixe a creación dunha comisión técnica e a de Anova que pide a creación desa comisión técnica, concretar as súas competencias e esixir a súa operatividade.
Tamén informa que AAO fixo as propostas recollidas no pirate que se abriu a tal fin como:
Definición de obxectivos da Comisión
Regulamentación
Atención psicolóxica aos afectados
Creación dun banco de alimentos
Axuda a mudanzas
Creación dun parque de vivendas
-Creación dunha bolsa de emprego
Axudas para evitar o corte se suministros de auga e de luz
Creación dun telefono
Difusión da información
Posicionamento do Concello mediante unha declaración expresa que presione ás entidades bancarias
Posicionamento de partida a favor da ILP
Escolma de membros que empecen a traballar
Avaliación semestral das accións desta comisión
Participación dun representante de cada forza política que colabore
Proposta dun único obxectivo: cumprimento do artigo 47 da Constitución

6.- Neste punto informase que hai aberto un pirate coas propostas para levar a reunión e se lembra a decisión da asemblea anterior de facer a proposta de participación da acción in-out e en todo caso que redacten o manifesto que sería lido nese día.
Roberto que asistirá a esa reunión non asume levar a proposta da acción do 25 de abril.

O punto 9 non da tempo de tratalo.

Os comentários estão desativados.