ORDE DO DÍA:
1.- Acción escrache contra os deputados electos por a provincia de Ourense ao Parlamento de España, para instalos a que voten a favor da ILP presentada pola PAH.
2.- Posibles accións para a convocatoria estatal ASEDIA O CONGRESO do 25 de abril.
3.- Loxística/finanzas para as palestras, concertos e accións do 2º aniversario do movemento 15M Ourense.
4.- Grupo de traballo para o debate sobre o horizonte da transformación política do país.
5.- Valoración da Comisión de seguimento dos desafiuzamentos do Concello de Ourense.
6.- Valoración da acción no congreso provincial do PP de Ourense.
7.- AAO nas redes sociais. Algúns temas puntuais.
ACORDOS, DEBATE E DESENVOLVEMENTO DESTES PUNTOS:
1.- A asemblea consensuou desenvolver esta acción o día “D” á hora “H” no lugar “L” e ao deputados “X” . Para elo distribúense as tarefas como a continuación se describen: - Ruben fará os botóns grandes. - Celine redactará o manifesto - Cada un dos participantes levará 4 ou 5 fotocopias a cor cos botóns en pequeno e celo para pegalos. - Roberto traerá o megáfono. Acordouse así mesmo evitar toda confrontación e linguaxe ofensivo, o espírito da acción será pacífico, dialogante e persuasivo.
5.- Acórdase alterar a orde no tratamento dos puntos e pásase ao punto 5, porque nese momento saen da reunión da Comisión de seguimento dos desafiuzamentos do Concello as persoas de AAO e STOP DESAFIUZAMENTOS que estaban presentes, as que pasan a informar do alí falado. Resáltase o mutismo da representación do PP; a intervención de Democracia Ourensá que pregunta pola cantidade orzamentaria que o Concello vai a destinar a este tema; o escrito con varios puntos que presenta a representante do BNG; a intervención de Cruz Vermella que informa da súa participación na recollida e distribución de alimentos. Chama omito a atención e causa indignación xeral a intervención do representante de NGB que non recoñece o problema, chegando a dicir que en dous anos non tiveron ningún caso, aínda que non lle quedou máis remedio que recoñecer os casos xudiciados. Membros do Colexio Oficial de Avogados, en concreto da Oficina de Intervención Hipotecaria din que xa non hai entidades que colaboran (as compañeiras presentes comentan que neste punto houbo discrepancias). O Alcalde non so non fixo intervención algunha, senon que nun momento dado abandonou a Comisión. As persoas representantes de Stop Desafiuzamentos interviron para lembrar o artigo 47 da Constitución.
Despois desta información, faise unha rolda de palabras para valorar e facer propostas. Dani propón a creación dun grupo de traballo dentro de STOP D. Para elaborar propostas concretas mínimas á próxima reunión da Comisión que se realizará o día 3 de abril ás 19h. Rubén propón acceder ás accións concretas que se fixeron noutros concellos do estado respecto a este tema. Martiño valora coma ofensivo a intervención da representación dos bancos e coma positiva, en xeral a creación desta Comisión, e propón a elaboración dunha nota de prensa aos medios cunha valoración positiva da creación da Comisión e instando a que non se quede nunha mera declaración de intencións. Cristina propón instar á Comisión a crear alternativas válidas para as familias que están en situación límite. Oscar propón que sería bo copiar as cousas que se fan ben noutros concellos e pon o exemplo de Pereiro de Aguiar, Tui ou Castrelo do Miño; por outra banda expón as súas dúbidas a que a Comisión se pronuncie e que faga algo e valora a Comisión de hoxe coma electoralismo. Tamén informa de que ten a acta gravada e, despois dunha breve discusión,decídese que o audio se publique nas redes sociais.
3.- Pola urxencia do tema pásase a tratar este punto. Miguel informa da presión da sala a confirmar os grupos que van a participar no concerto do 2º aniversario. Martiño comenta que isto é o normal en todas as salas e propón que se lle confirme a data, pero que os grupos son lentos en tomar decisións, sobre todo aqueles que o fan asembleariamente e que hai que darlles tempo. Fálase da proposta de Miguel de aproveitar o concerto para crear un banco de alimentos e que as persoas que os traian faráselle un desconto dun euro no prezo da entrada e que os alimentos que se recollan se lles entreguen á Cruz Vermella. Brállanse nomes de Bandas: Swiss Cottage (confirmada), Hora Meiga ( folk) Sonoro Maxín (por confirmar) Os Guezos (posible problema coa coincidencia con Reperkusión) e o trío Terra Morena. Respecto ao tema das palestras e dado que non hai momento nin posibilidade de reunir ao grupo, Óscar eríxese en coordinador e insta, a todas as persoas implicadas, a que lle pasen os datos na maior brevidade posible sobre o custe aproximado de cada unha delas, para facer xa unha previsión orzamentaria.
2.- Respecto a acción do 25 de Abril acórdase asumir a proposta de Rubén de facer un “In-Out” polas rúas de Ourense e proporlle as persoas que conforman a maré cidadá a súa participación activa. Para esta acción o material necesario sería un megáfono e unhas volantinas. O texto das volantinas sería elaborado pola propia maré cidadá, no caso de que acepten participar. Esta acción perfilariámola en próximas asembleas.
6.- Neste punto valórase moi positivamente o traballo de organización das persoas que participaron nesta ben dura acción debido á que tiveron que exporse a actitude prepotente e claramente antidemocrática das persoas afiliadas ao PP asistentes ao seu congreso.
4.- Recoñecese a necesidade de traballar nesta proposta elaborada por Mario e desenvolver iniciativas que levan sobre o tapete hai tempo, pero recoñécese que ten que haber unha persoa que tire do tema. O punto non chega a tratarse xa que Mario non asistiu a asemblea e esta se está a facer moi longa.
7.- AAO nas redes. Neste punto Celine propón facer unha cabeceira para o grupo de debate no Facebook na que figure claramente que é un grupo de AAO, proposta na se acada consenso. Tamén se comenta que nel hai moita xente que non coñecemos nin participa en absoluto é que sería necesario facer unha purga.
E así remata a asemblea cando son ás 23h.