POLA LIBERDADE. POLA DEMOCRACIA. POLOS DEREITOS SOCIAIS E AMBIENTAIS
A presión dos mercados financeiros, a débeda ilexítima creada polo propio sistema financeiro especulativo e as brutais políticas de axuste dirixidas contra a maioría da sociedade, xunto coa corrupción e a perda de lexitimidade das institucións, están causando no estado español a maior crise da democracia das últimas décadas.
O crecente desemprego, o ataque á Sanidade e a Educación públicas, ós dereitos laborais e sociais, ao medio ambiente, fíxonos confluír nas rúas, nas mareas cidadás, branca, verde, vermella, laranxa, amarela, negra, azul, violeta? Defendendo os nosos dereitos.
Unha sociedade xusta e viable só será posible si a cidadanía únese para defender os dereitos sociais por riba dos mercados e a política honesta e a xustiza social por riba dos intereses das élites financeiras.
A reforma do artigo 135 da Constitución española, sen consulta algunha á cidadanía, supedita todos os recursos do Estado ó pago desta débeda ilexítima a costa de recortar todos os servizos públicos e de poxar a prezo de saldo o patrimonio do Estado. Esta reforma supuxo un “golpe de estado financeiro”, pois maniata ó goberno primando ó pago dos intereses fronte ás obrigacións propias dun Estado Social e de Dereito.
En 1981, tralo golpe militar, a cidadanía manifestouse masivamente en defensa da Liberdade e a Democracia. Agora, 32 anos despois, chamamos a toda a cidadanía, a todas as mareas, asembleas, organizacións e colectivos a confluír nunha xornada de movilización o próximo 23 de febreiro en defensa dunha verdadeira Democracia, a Liberdade e os Dereitos sociais.
Non ó golpe de estado financeiro. Non debemos, non pagamos.
Hai alternativas. Hai solucións:
– Pola Xustiza social e ambiental.
– Pola Transparencia e a Democracia participativa.
– En defensa duns Servizos Públicos e Universais.
– Por unha Auditoria Cidadá da Débeda. Contra a Débeda ilexítima.
“Expresións violentas, racistas, xenófobas, machistas, homófobas, ou fascistas quedan fóra desta convocatoria”
COMENTARIOS
Se queres dar a tua opinión sobre un tema ou compartir unha noticia, utiliza o grupo de debate de Facebook AcampadaOurense DebateANUNCIOS URXENTES
Buscanse colaborador@s: Contactar con acampadaourense@gmail.comDESTACADOS
Contamos con intérprete de linguaxe de signos nas asembleas, previa demanda.Ligazóns de interese
Marcha Popular Indignada