ACTA ASEMBLEA 24/01/2013

Retómanse os puntos da orde do día a anterior Asemblea que quedaron sen pechar e engádense puntos novos. Deste xeito os puntos tratados foron os seguintes:

1.- Recollida de roupas e alimentos.
2.- Finanzamento dos actos do segundo aniversario.
3.- Charla sobre os desafiuzos.
4.- Campaña Stop Nepotismo.
5.- Manifestación en Madrid para o 23 de febreiro.
6.- Manifestación Stop Desafiuzos do día 16 de febreiro.
7.- Difusión das accións de AAO para vindeiro mes.
8.- Rogos e preguntas.

1.- Sobre este punto se informa de que aínda non se teñen feito contactos para conseguir local que serva de almacén para a recollida. Miguel propón falar coa Cruz Vermella por si ceden o local para tal efecto. Acéptase a proposta e se comprometen Miguel e Oscar a facer ese contacto.

2.- Finanzamento e organización do aniversario:
Hai consenso en que para a próxima asemblea, as persoas encargadas de cada unha das conferencias traian pechado o custe aproximado de cada unha delas así como completos os datos que faltan como nomes dos poñentes e títulos das ponencias
– A ponencia de Rosa María Calaf (que virá o día 8 de maio e non 18 como figura na acta anterior) pecharana Nolas e Laura.
– A do día 15 de Finanzas Éticas, Roberto
– A de Xan ¿? Sobre cooperativismo, Noela
Sobre o local todas coincidimos en que sería ideal dispor da sala de abaixo do Liceo e pensamos que Martiño sería a persoa ideal para negociar este asunto. Tamén se barallou o solicitar a sala pequena do Auditorio, xa que case todas coincidimos en que un Aula na Universidade non sería o máis axeitado.
Respecto ao finanzamento se fixo un cálculo aproximado de 600 €. Para conseguilos propuxéronse varias ideas que para levalas adiante compre que alguén se faga cargo delas:
– Deseñar uns marcapáxinas que se venderían por 1 ou 2 €.
– Oscar prón facer postais coas súas fotografías ou fotografías de quen quera cedelas para vendelas por un módico prezo.
– Oscar tamén propón facer unha exposición de fotografía, os beneficios recadados, serían para finanzarnos.
– Deseñar un logo para bolsas de nylon tipo mochilas (saen baratas) e falar con Dani Conde para que as encargara a empresa que serigafiou as camisetas.
– Organizar un concerto benéfico. Para isto Miguel se encargaría de falar cunha sala da cidade e Mari Jose e Montse cos da Auriense e logo valorar o local en función dos grupos que puidésemos contactar.
– Respecto dos petos Celine se encarga de falar con Esther para o tema das pegatas que levarían para identificalos.

4.- Campaña Stop Nepotismo: Quédase para o luns día 4 ás cinco da tarde fronte os xulgados para ler o manifesto que sería reelaborado por Martiño e facer a performance de Caza Corruptos (conviría estar un pouco antes para vestirnos). A acción difundirase mediante un evento creado dende a páxina de AAO, mediante un mail que Oscar enviaría á prensa e mediante unha volandeira que habería que ter feita e impresa para a próxima Asemblea, elaboraríaa Martiño que si non pode ir a facer as copias, diríao con antelación para algún de nós se encargase de recollelas.

5.- Manifestación en Madrid para o día 23. Encárgase Miguel de pórse en contacto coa xente de Redondela que fretou os autobuses para acción de Rodea el Congreso e dar difusión á convocatoria.

6.- Manifestación de Stop Desafiuzos en toda Galicia. Hai consenso en que AAO convoque en Ourense esta manifestación para o día 16 de febreiro ás 19h con saída da Alameda e co seguinte percorrido: Alameda, rúa de Pontevedra, rúa Valentín Lamas Carvajal e rúa do Paseo, para finalizar fronte a Subdelegación onde se lería o manifesto (que será unitario para toda Galicia). Haberá unha quedada o venres 15 na Praza para facer a pancarta (as letras faríanse en airon fix coa colaboración de Esther) e dos cartaces encargaríase Roberto.

7.- Difusión das accións da AAO para o vindeiro mes:
Decidiuse que se fará un cartaz convocando ás accións que apoia a asemblea:
– Campaña Stop Nepotismo, para o día 4
– Manifestación Stop Desafiuzos, para o día 16
– Manifestación do 23 F en Madrid.
(contamos coa colaboración de Martiño)

8.- Rogos e preguntas: Celine roga que se respecte a decisión da asemblea de non colgar no muro de Acampada Ourense Debate informacións de sindicatos e partidos. Isto causou incomodo nalgún asistente da asemblea, polo que se ve necesario o retomar o tema para debatelo novamente.

Os comentários estão desativados.