PERIODICIDADE DAS ASEMBLEAS:
Despois do debate consensúase mantela como está, os xoves ás 20:00h na Praza.
No taboleiro de facebook publicarase a orde do día e pídese aos asistentes que confirmen, na medida do posible, a súa asistencia a través dun comentario. No caso de non celebrarse algunha semana tamén se avisará no taboleiro.
STOP DEFIUZAMENTOS:
Infórmase da convocatoria dunha concentración de denuncia o venres 28 en toda Galicia. En Ourense será fronte á sé central de NGB na rúa do paseo ás 19:30h. Dase lectura ao manifesto e a asemblea subscríbeo por consenso.
Proponse contactar coa Plataforma de Afectados polas Preferentes para convocalos. Loxística: Rober levará o megáfono, Alba merca pilas e Óscar lerá o manifesto.
Noutra orde de cousas, infórmase do acordo verbal acadado con NGB para conseguir unha dación en pagamento para unha afectada por un desfiuzamento. Asimesmo infórmase da asistencia a unha charla organizada polo colexio de avogados de Ourense sobre este tema.
Considérase que entre os asistentes non había afectados polos desfiuzamentos e coméntase a necesidade de organizar unha nova charla.
PLATAFORMA POLA BANCA PÚBLICA:
Celebrará xuntanza o 2 de xaneiro en Compostela. Infórmase dos seguintes puntos a tratar na reunión.
A preparación dunha RESPOSTA CIDADÁ para denunciar o expolio das caixas galegas no momento en que se produza a súa venda definitiva.
Creación de dous GRUPOS DE TRABALLO dentro da plataforma, un na liña da denuncia da cúpula das caixas e do caso das preferentes e outro centrado na procura de alternativas como a Banca Pública.
Proponse iniciar un censo de aforradores da CAIXA RURAL GALEGA para organizarse de cara ás súas asembleas.
II ANIVERSARIO 15M:
CICLO DE CONFERENCIAS – CONSTRUÍNDO ALTERNATIVAS 2
– Decrecemento: Mércores 22 de Maio – Carlos Taibo – 20:00h. CONFIRMADA Coordina Martiño
– Desobediencia Civil. Jorge Álvarez Yagüez. Prof. Filosofía Política. De Ourense. Coordina Celi. En proceso de contacto
– Xornalismo. Coordina Alba, Manuela e Laura. Contactada Rosa Mª Calaf. Pode vir entre o 3 e o 15 de maio. Agardando fixar a data definitivamente. Hai que concretar a loxística.
– Finanzas Éticas. Coordina Rober. Tamén pode ser Xan Martínez de Coop57
– Cooperativismo/soberanía alimentaria/transxénicos. Coordina Noela.
– Procesos horizontais e asemblearismo. Coordina Martiño/David Bruzos. ESCUA, 15M, Saumede, Xornadas de Agroecoloxía.
– Consumir menos, vivir mellor. Toni Lodeiro (cooperativa Xoaninha Ferrol). Coordina Noela.
Outras propostas: educación, feminismo, democracia dixital… (sen concretar), traer xuristas, letrados e avogados para que dean unha charla máis completa sobre os desafiuzamentos, dación en pago para xente afectada e xente que realmente necesita información de que facer.
Tentaremos fixar as datas nos mércores de maio, agás a primeira que sería o xoves día 2. No caso de non poder fixar datas os mércores escolleríamos os xoves. Tamén do mes de xuño.
Por concretar: lugar, loxística, hospitalidade, prensa, cartelería…
Hai máis ideas sobre o aniversario no evento creado ao efecto, pero están por concretar: proxeccións, teatro de rúa…
HORTAS URBANAS:
Bernardino e Miguel comprométense a informarse do funcionamento noutras cidades e tamén contactarán co concello e outras asociacións de Ourense. Informarán na vindeira asemblea.
RECOLLIDA DE ROUPA E ALIMENTOS:
Proponse iniciar unha campaña. Dispoñer dun local, solicitar colaboración de bares, recoller polas casas. Óscar e Miguel comprométense a informar na seguinte asemblea.
INFÓRMASE DUNHA CONCENTRACIÓN EN APOIO A ALFON:
Detido durante a folga do 14N e aínda en prisión. Terá lugar o venres 28 as 20:00h fronte á subdelegación.
FINANZAS:
Proponse incluir na orde do día da vindeira asemblea un punto relacionado coa procura de novas fontes de finanzamento do 15M de cara a afrontar os gastos de loxística no 2013.