ACTA DA ASEMBLEA do 6 de setembro de 2012

As 20h 15m. e coa presenza de 20 persoas, da comezo a Asemblea para tratar os seguintes puntos na orde do día:

1.- Recollida de sinaturas para a ILP dación en pago e aluguer social.Presentación da moción ao Concello.

2.-Denuncia das cúpulas das Caixas Galegas: Estado da cuestión. Entrevista co fiscal.

3.-Manifestación en Compostela(alameda) en defensa servizos público so sábado  as 11:30.

4.- Acción do 25 de setembro. Postura da asemblea.

5.-Tormenta de ideas para a campaña electoral.

6.- Acción Global 13 de outubro cacerolada mundial.

7.- Continuidade das asembleas e búsqueda de local.

8.- Información sobre as xestións realizadas cara ao ciclo de conferencias para este outono.

 

Que foron tratados como a continuación se describe.

1.- Roberto informa do traballo de recollida de firmas que levou a cabo neste verán de xeito individual, polo que pide colaboración aos membros da Asemblea, xa que a campaña remata en outubro. Varias persoas ofrécense voluntarias e queda fixada unha cita para o vindeiro martes día 11 na Leiteira da rúa do Paseo de 11 a 14h e pola tarde de 17 a 21h.

Neste mesmo punto se consensúa entregar ao Concello ese mesmo día o escrito de solicitude de moción pola Dación en Pago.

Tamén se informa da posibilidade de que o nome da Asemblea Aberta de Ourense figure na web da organización http://www.quenotehipotequenlavida.org/, para elo habería que pagar 30 euros. Neste punto abriuse un debate no que se acordou informarse da finalidade que tería esa aportación, dado o escueto das nosas finanzas, polo que a decisión queda pendente.

 

2.- Infórmase ás novas asistentes da campaña de información e recollida de firmas para presionar a fiscalía anti-corrupción, levada a cabo na anterior tempada. Roberto propón solicitar unha entrevista co fiscal para informarnos sobre o estado no que se encontra a investigación.

Respecto ao tema da acusación particular, Roberto informa dos contactos que stá mantendo cun avogado de Santiago de Compostela que vai a levar o tramite legal e o que aínda non falou dos custes económicos que isto suporía.

Neste punto tamén informa Roberto da reunión levada a cabo no mes pasado en Compostela con Attac Galicia xa que eles tamén apoian a campaña pola Banca Pública e a devandita acusación particular.

Neste punto Carlos Vello propón falar co avogado Ourensán Nemesio Barxa.

Tamén se informa da proposta da Plataforma por unha Banca Pública de crear un grupo de presión en Caixa Rural Galega, xa que moitos de nós eliximos esta Caixa como alternativa aos bancos existentes.

 

3.- Neste punto se propón acudir á manifestación convocada unitariamente polos sindicatos para este sábado día 7 en Compostela pola defensa dos servizos públicos. Queda Montse encargada de averiguar as horas e lugares de saídas de autobuses e informase que  quen queira asistir o confirme nalgún dos sindicatos convocantes para reservar praza.

 

4.-  Infórmase das vicisitudes polas que pasou esta convocatoria, na que si ben o movemento #15M (fundamentalmente Sol) nun primeiro momento desvincularase, no día de hoxe está pola unidade na plataforma ¡En Pie! http://plataformaenpie.wordpress.com/

Ábrese unha rolda de palabra na que se comenta a posibilidade de que a convocatoria para esta acción poda se constitutiva de delito, aínda así a Asemblea maniféstase a favor de que se convoque a cidadanía ourensá a participar xa que si non a convocamos nós ninguén vai a facelo. O como a imos convocar queda pendente para a próxima xuntanza.

Tamén quedouse en contactar coas asembleas das outras cidades galegas co fin de informarse das accións destas respecto ao tema e proporlles a contratación de autobuses conxuntamente. Encargaranse Roberto e Jorge.

Dado que hai tempo que non temos contacto, proponse convocar un foro de asembleas en Ourense, para ver o estado do movemento en Galicia. Sobre este punto hai consenso, o que queda é organizala.

 

5.- Neste punto ábrese unha rolda de intervencións por esta orde:

Roberto suxire que unha acción doada de levar a cabo sería a de retomar a campaña de Stop Nepotismo e ir disfrazados e cun manifesto (podería valer o xa elaborado por Martiño con algunhas correccións para adaptalo á Campaña electoral) ao mitins do PP (encargaríase Jorge de recadar información sobre as datas dos mitins).

Jorge propón facer unha contra-campaña (farían falla cartos) con carteis, fotocopias de folletos para informar á cidadanía dos desaguisados da lexislatura de Feijoo. Tamén propón facer un sainete da Campaña (escribiríao el) para representar  a caza e compra de votos por parte da castuza política.

Bernardino suxire reivindicar un partido político “mendicante” tipo as ordes mendicantes da Idade Media.

Tamén se baralla a posibilidade de convocar ás forzas políticas a un debate público.

 

6.-  Informase sobre a convocatoria mundial, impulsada polo movemento mexicano Yo Soy #312, para unha cacerolada o día 13 de outubro. Sobre esta acción hai consenso, pero deixase para máis adiante a realización da mesma.

 

7.- Sobre a continuidade das asembleas e visto o éxito da convocatoria de hoxe, non se trata o tema. Sobre o local decídese seguir na praza e cando chova ou faga frío celebralas no Trampitan como viñamos facendo ata o de agora.

 

8.- Respecto ao ciclo de conferencias para este outono-inverno confírmase a de Miguel Vázquez Freire para finais de setembro, principios de outubro co título: DEMOCRACIA, RAZÓN DIALÓXICA E CONSTRUCIÓN DE CONSENSOS.

Tamén se falou con Manolo Outeriño (estivo  hoxe na praza) sobre a posibilidade de que se comprometera a participar no ciclo de conferencias cunha sobre Medios de Comunicación, ao que aceptou gustosamente coa condición de que o avisaramos con dúas semanas de antelación.

 

9.- No punto de rogos e preguntas Miguel Inglés propón a creación dun fondo de alimentos para as persoas necesitadas pedindo a colaboración de supermercados e grandes superficies de alimentación, e na mesma liña crear un fondo de libros coa mesma finalidade.

A idea pareceu ben, pero o compromiso de realizala caería sobre el e as persoas que voluntariamente quixeran colaborar.

 

Sen máis asuntos que tratar remátase a asemblea de hoxe ás 22 horas.

Os comentários estão desativados.