ACTA DA ASEMBLEA do 20 de setembro de 2012

A AAO reuniuse o 20 de setembro e falaron disto:

  • Aprobaron a acta da reunión anterior, acordouse apopiar e difundir a convocatoria do 25S, algúns irán a Madrid, inforomuse dunha iniciativa semellante en Compostela, “Ocupa o Parlamento”, tamén se informou que non hai buses dende Vigo.
  • Noutro punto falouse de realizar un plebiscito a pé de rúa sobre os recortes, como non había máis información deixouse o tema para outra asemblea.
  • Sobre a recollida de sinaturas para a ILP sobre a dación en pagamento informouse de que a AAO xa está inscrita como entidade oficial colaboradora. Hai consenso e un alto nivel de implicación nesta cuestión. Seguiranse recollendo sinaturas durante setembro e outubro para entregalas. Faise un chamamento á participación neste proceso. Presentouse por rexistro no concello de Ourense unha solicitude de moción para que se apoie esta ILP. Tamén, a instancia da AAO, o alcalde de Manzaneda presentou a mesma moción en todos os Concellos de Galicia. Emitirase unha nota de prensa para informar desta ILP á cidadanía Ourensá. Sobre a cuestión das redes e do facebook falouse de que Poyo se encargaría de manter a web actualizada e que se publicarían contidos máis breves e fáciles de ler, non só as actas.
  • Tamén se comentou que o facebook podería utilizarse dun xeito máis eficaz: a páxina do facebook para publicar ligazóns e o AcampadaOU Debate para organizarse e debatir e alimentar de ideas a asemblea.
  • Sobre a cuestión de finanzas, gastáronse 17,40€ en papelería (fotocopias e folios para difusión 25S) e 34€ para acreditarse na recollida de sinaturas na ILP. Fíxose durante a asemblea un aporte de 20€ entre 4 persoas. Chegados ao final houbo un interesante debate sobre a situación socioeconómica actual e sobre o papel e as accións promovidas pola AAO.

Os comentários estão desativados.