ACTA 15 DE MAIO DE 2012
-Tratouse o tema do percance dos escoltas de Feijoo frente aos Estudantes Sen Futuro, Plataforma SOS en Defensa dos Servicios Públicos e 15-M Ourense na 3ª presentación do proxecto “Hospital 2050”, en medio de todos os recortes en sanidade. Quedou claro, segundo o testimonio dos asistentes que o viron. A única intención era a de declarar o descontento cara a este proxecto. A resposta dos escoltas foi moi desagradable, co inocente estudiante. A actuación da policía considérase aceptable e neutra.
Clara terxiversación dos medios de comunicación, cos feitos acontecidos.
Decídese, consensuadamente, facer únicamente unha serie de comunicados express dende as 3 organizacións á prensa no mesmo día, para esclarecer a evidente inocencia do rapaz.
Unha compañeira da Asemblea do Barco de Valdeorras propón que tal comunicado se imprima e se grape aos xornais que circulen polos bares e cafetarías.
Respecto á proposta de convocar unha rolda de prensa para desmentir a noticia divulgada por certos medios da prensa dixital, Alba fai consideración de que Asemblea Aberta Ourense non ten por que protagonizar esa acción, que de convocala debería ser o colectivo de Estudantes sen Futuro quen o fixera.
-Infórmase da existencia do espazo en facebook Acampada Ou Debate.
-Aniversario do 15-M
Neste punto é Roberto quen fai un breve resumo do feito neste ano de loita
-Puntos da orde do día anterior na acta de onte:
•1 Banca pública:
Resumíronse as accións levadas ao cabo en torno ao tema.
Falouse da unión coa Plataforma polo Aforro Público, das recollidas de sinaturas (inclusiva da entrega das 3000 sinaturas e da decisión que se tomou, de continuar coa recollida de sinaturas.)
Necesario reivindicar a banca pública, fronte á privada.
Presentación de Roberto e dos méritos conseguidos grazas a el e ao seu esforzo en torno ao tema.
Resumiuse a historia da creación da Plataforma en sí, dende ATTAC.
Falouse da recollida en toda Galiza e da Auditoría da Débeda en Barcelona.
Neste punto abrése un turno de palabra.
O sr. Pepe expón que a consecución dunha banca pública é inviable xa que para conseguila tería que ser unha decisión da UE no seu conxunto e que a nivel local as únicas accións realmente interesantes son as que como onte se fixeron na porta da Diputación dentro da campaña STOP Nepotismo.
Miguel reflexiona sobre a imposibilidade de que os gobernos podan facer nada a ese respecto e propón a necesidade de seguir acometendo accións de rúa que chamen a atención e conciencien á cidadanía.
Manolo Outeiriño fala da imposición do evanxelio neoliberal na economía financieira e recomenda a lectura de dous textos: ” Manifesto de Economistas Aterrados” e a “Clase Capitalista Transnacional” de Leslie Sklair que expoñen claramente a suposta desvinculación entre o poder político e económico e a transferencia da soberanía coa implicación que esto conleva na desnacionalización das políticas sociais.
Mary, pola súa parte, fai a consideración de que a poboación ten información sobre a ocupación de cargos bancarios por parte das familias políticas, aínda que os medios de comunicación éstén en mans de dos bancos a través das grandes empresas.
Manolo volta a tomar a palabra para facer unha reflexión sobre o caso arxentino e sobre a proposta da creación dun banco malo que asumiría a débeda e lla entregaría ao FMI.
•2 Apoio áos afectados polas preferentes:
Resumiuse a realidade da relación cos da plataforma das preferentes (explicouse o problema das preferentes).
•3 Asambleas constituíntes:
Neste punto Roberto informa que a Asemblea Aberta Ourense está en contacto coas Asembleas Constituíntes do Estado por si é posible iniciar o proceso na cidade.
•4 Auditoría da débeda:
–
•5 Estructura das asambleas:
–
•6 Situación do 15-M en EEUU, información recibida dun visitante de Portland.
Os puntos 4 e 5 quedaron sen tratar debido a hora e ao cansazo das accións deste día de aniversario no que a loita se fixo máis palpable que nunca.
VIVA O 15 de MAIO!!!