#12M15M. TOMA A RÚA!!!

Hoxe, non somos as únicas persoas que están na rúa, moit@s mulleres e homes de todo o mundo decidimos libre e fraternalmente facer ouvir a nosa voz este 12 de maio, para denunciar o estado actual do noso planeta e esixir a aplicación de políticas axeitadas ao fomento e promoción do ben común.

 

E estamos aquí porque tomando a rúa, tomando a palabra,  tomamos conciencia do noso propio poder, vencendo as barreiras do terror psicolóxico que usan para bloquear a nosa capacidade de resposta. Porque co noso empoderamento facemos que toda doutrina do shock sexa inútil. Incluso a reforma do Código Penal que forma parte desta estratexia.

Pero contra a censura, as mellores armas son a intelixencia e o inxenio e teremos que demostrar mestría na nosa capacidade de improvisación. Se incluso a resistencia pacífica pretende ser criminalizada, e xa que a violencia non é o noso camiño, teremos que inventar.

Vindicamos a solidariedade e o apoio mutuo como valores esenciais da humanidade fronte á competitividade, o egoísmo e a avaricia, promovidos pola ideoloxía inmoral dos mercados e reforzada pola hexemonía cultural dos grandes medios de comunicación, auténticos instrumentos deste sistema inxusto e insolidario.

 

Un sistema no que a actual distribución dos recursos económicos é tal que condea a unha inmensa maioría da poboación mundial á pobreza ou á incertidume diaria, e as xeracións do futuro a unha herdanza marcada polos riscos medioambientais provocados para o beneficio duns poucos.

 

Reclamamos a xustiza social e non imos dar nin un só paso atrás na defensa dos nosos dereitos e os nosos representantes teñen a obriga de facer valer as nosas necesidades.

 

O #12M15M non debe quedar nunha manifestación, senón que é un novo comezo: debemos  retomar a participación cidadá non violenta, activarnos coma sociedade civil ata cotas que esta democracia aínda non ten coñecido. Por iso chamamos a tomar as prazas e que estas sexan recoñecidas coma lugar primordial na base da democracia. Chamamos a tomar os barrios, as escolas, as universidades, os centros culturais… para transformar a sociedade e vivir nun mundo mellor.

 

Hoxe espertamos, estamos informados e vimos aquí non só para protestar, senón para propor alternativas que permitan remediar a situación e avanzar cara un mundo máis democrático, onde reinen os valores humanos e os soños d@s anterg@s que nos precederon na loita contra a opresión en todo o planeta. Un mundo no que, en vez de privilexiar a dimensión monetaria, cada home e muller teña garantido o dereito á libre procura da felicidade persoal e comunitaria.

Por dun desenvolvemento economico e social sostible e equitativo.

Pola  conservación estricta do medio ambiente natural e a non privatización dos seus recursos.

Pola preservación da nosa identidade cultural,

Por un bo goberno que garanta a estabilidade social,  base da armonía nas nosas relacións e nosas vidas

Os comentários estão desativados.