ASEMBLEA ABERTA OURENSE ACTA 4 DE ABRIL 2012

ASEMBLEA ABERTA OURENSE

ACTA 4 DE ABRIL 2012

  1. 12M-15M: Comézase a valoración de manifestación e acción nos días 12 de maio de 2012 e 15 de maio de 2012. CONSENSO: celébrarase manifestación e estudiaranse posibles accións o 15M de cara a expoñelas na vindeira asemblea. Redactarase UN MANIFESTO conxunto en rede (o martes 10 de abril ás 22:00h a través dun piratepad), que recolla os puntos principais polos que se convoca á cidadanía a esta manifestación. O manifesto será sometido á asemblea aberta posterior para acadar consenso ao seu redor. Asimesmo convócase reunión de organización da manifestación o vindeiro xoves 12 de abril ás 20:00h.
  1. Entrega das sinaturas recollidas no marco da campaña para esixir responsabilidades pola xestión da caixa galega. CONSENSO: realizar a entrega de xeito inmediato para o que se instará, na vindeira reunión, á Plataforma polo Aforro Público (o 14 ou 21 de abril) a que dea o seu respaldo a esta entrega ao Fiscal Superior de Galicia, D. Carlos Varela García, na cidade da Coruña á maior brevidade posible.
  1. Próximo foro 15M Galicia. O foro celebrarase o día 28 de abril na cidade de Ferrol. A Asemblea Aberta de Ourense confirma a súa participación. Como propostas levaranse: coordinación da manifestación do 12 de maio, materializada a través dun horario común para toda Galicia e na redacción dun manifesto común. Para elo, a representación que acuda en nome da Asemblea Aberta de Ourense fará chegar o seu propio manifesto.
  1. Difusión de Rebelaos! CONSENSO: realizar unha petición por parte da Asemblea Aberta de Ourense e difundir a publicación no transcurso da manifestación do 12 de maio.
  1. Desfiuzamento en Xinzo. Infórmase na Asemblea da actualidade ao redor desta cuestión e postponse á vindeira á seguinte a valoración dunha acción de apoio contra este desfiuzamento. Agárdase a presenza de Maite para informar.
  1. Reunión co Valedor do Pobo. Tamén no marco da reunión da Plataforma polo Aforro Público trasladarase a necesidade de presentar un escrito ao Valedor do Pobo D. Benigno López. (falta información á hora de redactar a acta sobre o contido do escrito).
  1. Outras cuestións:
  1. CONSENSO Realizarase contacto coa Plataforma en Defensa das Fragas do Eume para amosar o noso apoio e solidariedade. Asimesmo a Asemblea amósase conforme con colaborar nas futuras convocatorias que esta plataforma realice.
  2. Promover a difusión da campaña por un Pacto Antiincendios en Galicia. NON HAI CONSENSO. Postponse para a vindeira Asemblea na que Xulio lerá o texto.
  3. CONSENSO para que todos os nomes que figuren na rede, escritos, pancartas ou outros medios gráficos ou virtuais e fagan referencia ao movemento 15M en Ourense pasen a denominarse ASEMBLEA ABERTA OURENSE.
  4. Proposta para a convocatoria dunha acción unitaria de protesta diante da sé central da Consellería de Medio Rural en Santiago de Compostela en protesta pola xestión dos incendios forestais neste ano e no pasado. Faise constar a dramática situación que vive Galicia ano tras ano en relación a este tema e sobre todo a provincia de Ourense que acumulou o 40% do total de incendios rexistrados en todo o Estado. A proposta non acadou consenso.
  5. Realizárase unha tirada de volandeiras convocando a toda a cidadanía a participar na ASEMBLEA ABERTA OURENSE.

 

   

Os comentários estão desativados.