Acta do 22 de Marzo de 2010

Acta día 22 de marzo de 2012

Puntos tratados:

1- Concentración día 25 (Por unha banca pública)

2- Charlas.

3- Debate finanzas éticas.

4- Postura diante da folga xeral.

1- Concentración día 25 (Por unha banca pública)

Trátanse determinadas cuestións relacionadas coa loxística do acto. Lembrase que o mesmo comezará ás 19h onde a “leiteira” na rúa do Paseo.

2- Charlas.

Valoración positiva da charla celebrada onte no campus universitario de Ourense.

Proponse a celebración con carácter periódico -(bi)/mensual- dunha charla que poida ser de interese para a cidadanía. Quédase en que para a próxima asemblea se traian propostas concretas.

3- Debate finanzas éticas.

Co gallo da celebración no día de onte da charla sobre finanzas éticas, propónse para aquelas persoas interesadas no tema continuar a profundizar no estudio das diversas alternativas propostas na mencionada charla. De xeito máis concreto, proponse que cadaquén, de xeito individual, se intente informar/formar  sobre o tema para, de xeito colectivo, e nun prazo de dúas/tres semanas, facer unha reunión conxunta para intercambiar pareceres.

Na próxima asemblea, proporase data para esta xuntanza.

4- Postura diante da folga xeral.

Coméntase que o domingo, aproveitando a concentración, se concretarán as acción a levar a cabo.

 

Os comentários estão desativados.