ACTA DA ASAMBLEA aberta DE OURENSE do xoves 15 de marzo de 2012

ACTA DA ASAMBLEA aberta DE OURENSE do xoves 15 de marzo de 2012

Debido á participación de Carmen de Xinzo, reclamando axuda para o seu desafiuzamento, a orde do día quedou reducida a dous únicos puntos:

1.- Stop desahucios.

2.- Lista de tarefas accións 21 e 25 de marzo.

1.-Neste punto, Carmiña informa do seu caso:

Inminente desafiuzamento o día 3 de maio. O inmoble é unha vivenda comunitaria situada na rúa Cerdeiro, nº 3 baixo  en Xinzo da Limia e está dedicada a unha residencia de anciáns denominada Lembranzas Carmiña, que neste momento da asistencia a 11 persoas. A entidade debitaria é  unha promotora.

Despois dun debate a asemblea decide que sexa Roberto quen contacte con Stop desahucios de Santiago e que se consulte con diferentes avogad@s a súa posible implicación-axuda-participación no caso. (Ricardo contactará con Ana Belén).

A asemblea decide apoiar a Carmen para parar este desafiuzamento e se compromete en facer unha campaña de chamada á cidadanía para impedir que eses 11 anciáns sexan trasladados a outro lugar.

Invítase a Carmen á mesa redonda do 21 para que contacte con FIARE, xa que ao non ser un banco, se non outro tipo de entidade, eles poden asesorala mellor.

2.-  Neste punto Roberto toma a palabra para enumerar as tarefas realizadas e por realizar para o acto do día 21 de marzo: Mesa redonda sobre Finanzas Éticas.

– Evento en fb., feito. Roberto.

– Cartelería, feita. Idoia.

– Local: aula 2.4 do edificio de ferro, comprometido. Mario.

– Coordinación de citas e atención @s ponentes, Xulio e Maite.

– Hora de chegada da organización 18’15

– Nota de prensa anunciando o acto, Oscar Pinal (avísao Roberto)

– Xulio levará a cámara de vídeo para gravar.

– Ricardo e Esther levarán chapas

– Ricardo porase en contacto con Antón para que estén os flayers do 25 e poder repartilos ese día.

Roberto consulta a asamblea a pertinencia de explicarlles aos ponentes o que é a plataforma pola defensa do aforro público e instarlles a que se unan. Acordase aceptar esa proposta.

Para a concentración pola Banca Pública do día 25 de marzo de 2012

– Ao non estar Antón no se sabe como está o tema dos flayers e repecto a este tema Celine encárgase das correcións sobre o texto publicado como documento en Acampada Ou Debate de fb., e que será a reverso do pasquín,  e de enviárllelo a Ricardo que se porá en contacto con Antón para que colgue o deseño no fb. e se someta a valoración. En todo caso terían que estar feitos para repartir no acto do 21.

– Como no quedan cartaces de denuncia dos directivos bancarios, Roberto encárgase de facer 20 exemplares.

– Comunicar co evento creado en fb por Vigo, para toda Galicia a nosa cita para ese día e crear un evento propio para Ourense , desto encargarase (‘?)

– O comunicado de prensa tamén se lle encargará a Oscar.

– O permiso á Subdelegación do Goberno xa esta pedido. Roberto.

– Megáfono, lévao Celine.

– Facer unha pancarta: POR UNHA BANCA PÚBLICA, con axuda de Esther, montarémola na praza o próximo xoves.

– Quedouse en recadar información sobre os manifestos que circulan para ese día, en todo caso leeríamos os nosos.

– A mesa para a recollida de firmas e venta de chapas traeraa Ricardo.

– Se repartirán folletos de STOP DESAHUCIOS e da PLATAFORMA POLA DEFENSA DO AFORRRO PÚBLICO.

Sen máis remata a asamblea ás 22h.

 

   

Os comentários estão desativados.