SOMOS O 99%

Esta acción de hoxe é para facernos oír, para dicir alto e claro que

o Goberno de España e os das Comunidades Autónomas, xunto aos dirixentes da máis altas institucións do Estado, estannos levando á quebra ou a unha intervención dunha magnitude descoñecida ata o de agora.

 

E queremos facer ruído, para manifestar a nosa perplexidade ante a actuación dun goberno que é partícipe (e sospeitamos que beneficiario) deste saqueo impune, ao que asistimos sen recibir ningún tipo de información dos medios de comunicación sumisos os seus amos e señores

 

Estamos atónitos ante as manobras de ocultamento das contas dunha entidade Bankaria, quebrada polos propios políticos que nos gobernan, membros dos seus consellos de administración, que o único que lles importa é perpetuarse no poder a costa de incautarnos os nosos máis báscos dereitos.

 

Eles sabían dende fai un ano o que estaba pasando, por iso colocaron O sr. Rato que non só non informou, senón que enganou aos seus clientes poñendo accións a venda e abusando da confianza que estos depositaron nos empregados desa entidade.

E se o sabían porque non implementaron un gabinete que lle fora buscando a solución: Moi sinxelo, porque pór medidas que desen fin á desfeita, suporía a fin da súa caste corrupta e parasitaria.

 

Roubáronlle á xente, pero non o consentiremos: Non confiaremos neles!

 

Preguntámonos por que non houbo control desas emisións. O Estado ten responsabilidades e algún día terá que asumilas.

 

Primeiro dixéronnos que necesitaban 7 mil millóns de euros, despois 10.000, 15.000,  19.000 e agora  xa son 23.500 millóns. Cifra que si supón renunciar a políticas como:

Subir un 20% as pensións,

Cubrir 18’5 veces o programa de becas.

Incrementar o 28% o gasto en educación e sanidade.

Subir o 13% o gasto social en España.

Multiplicar por 11 a Axuda Oficial ao desenvolvemento.

Ampliar 167 veces as actuacións de apoio ás PYMES

Ou cubrir 4 anos de investigación e desenvolvemento, entre outras .

 

Pero non é sómente Bankia.

A débeda financieira deste país ronda os 700.000 millos de euros, para os que os recortes en sanidade e educación son só un aperitivo.

Asumir esta débeda supón arrasar o país para moitos anos,  tirar pola borda o futuro das próximas xeneracións, condenándoas á precariade de por vida.

 

Rexeitamos esta visión do futuro.

 

Sabemos que ninguén vai a vir a salvarnos, que saír desta situación é algo que nós compete a nós:

Nós temos que solucionar os nosos propios problemas!

 

Xa é hora de pensar o cambio de réxime político (este enxendro post-franquista). Temos que botalos. Eles non van soltar xamais o poder.

Temos que conseguir que a xustiza actúe e, aínda que sabemos que nunca un ladrón corre diante doutro ladrón, temos que presionar para que os imputen (delitos acumulan dabondo) e os leven á cadea.

 

E ao mesmo tempo iniciar un proceso constituínte que nos permita elixir o futuro que queremos. Nunca coma agora teñen sentido as accións pacíficas que percorren a xeografía española, nunca coma agora, deberemos estar todas na rúa presionando polo cambio dun sistema político imposto no 1978.

 

Por iso, dende aquí queremos facer un chamamento á toda a cidadanía ourensá, partidos, sindicatos, asociacións veciñais e de todo tipo, e plataformas de defensa varias, a que leven esta iniciativa de protesta activa aos seus respectivos colectivos e fixemos citas unitarias de protestas sucesivas.

 

NON PODEMOS QUEDARNOS ATÓNITAS, TEMOS QUE REACCIONAR, SAIAMOS UNIDAS PARA RECLAMAR  A SOBERANÍA E O PODER QUE É NOSO.

SOMOS O 99%

Os comentários estão desativados.