ACTA ASEMBLEA OURENSE 7 DE MARZO DE 2012

ACTA ASEMBLEA OURENSE 7 DE MARZO DE 2012

Puntos a tratados:

1- MANIFESTACIÓNS SINDICALES FIN DE SEMANA DO 10/11 DE MARZO

2- ORGANIZACIÓN MESA REDONDA DO  21 DE MARZO (FINANZAS ÉTICAS ????)

3-ACTOS DÍA 25 DE MARZO (PLATAFORMA EN DEFENSA DO AFORRO

4- ACTOS DO DÍA 8 DE MARZO (DÍA DA MULLER)PÚBLICO)

5-RECOLLIDA DE SINATURAS PARA PRESENTAR ANTE O FISCAL POLAS ACTUACIÓNS EN NCG.

6- ACTOS DO 12-M.

7-DATA DA PRÓXIMA ASEMBLEA

1- MANIFESTACIÓNS SINDICALES FIN DE SEMANA DO 10/11 DE MARZO

Acórdase facer unha convocatoria para o sábado 10 de marzo no parque de San Lázaro -diante da Subdelegación- ás 12h., coincidindo coa chegada da manifestación organizada pola CIG.

En canto á manifestación do domingo 11, acórdase non facer acto algún ao coincidir con outros aos que xa se confirmou presenza.

2- ORGANIZACIÓN MESA REDONDA DO  21 DE MARZO (FINANZAS ÉTICAS ????)

Confírmase a presenza de membros de FIARE, REAS Galicia, Sindicato Labrego Galego e COOP57. Acórdase non invitar a ninguén máis para facer máis operativa a xornada.

Buscarase concretar o lugar de celebración da mesma (Universidade, Edificio de Ferro, Salón de Actos do Edificio Sindical…).

Confírmase como horario de celebración as 19:30h. sendo as ponencias dun máximo de quince minutos.

Realizarase un contacto coa prensa para difundir o evento (Emilio).

Acórdase facer unha pegada de carteles para o día 14 ás 20h. (punto de encontro praza Maior).

*Queda confirmado el local en la universidad*

*Se modifica la hora de comienzo de la ronda a las 19.00hs*

3-ACTOS DÍA 25 DE MARZO (PLATAFORMA EN DEFENSA DO AFORRO PÚBLICO)

Acórdase facer unha concentración -con mesa informativa- na rúa do Paseo, ás 19h. onde a estatua de “A Leiteira”.

Roberto fará o correspondente comunicado á Subdelegación do Goberno.

Organización de “flyers”: Antón (coméntase a posibilidade de abrir un documento no facebook para abrir a colaboración, de todos os que queiran, á hora de facer o texto; decídese quedar o venres 9, ás 20:30h. na praza Maior, para consensualo)

4- ACTOS DO DÍA 8 DE MARZO (DÍA DA MULLER)

Celine expón que se realizarán unha serie de actos, que darán comezo ás 19h. no inicio da rúa do Paseo -xunto o parque de San Lázaro-. Manifesta a importancia de asistir a estes actos, así como os que se celebrarán o domingo 11 en Santiago de Compostela.

5-RECOLLIDA DE SINATURAS PARA PRESENTAR ANTE O FISCAL POLAS ACTUACIÓNS EN NCG.

Celine comenta que sería importante pechar canto antes este tema. Roberta comunica que hai a posibilidade de entregalas antes do día 25; intentará contactar co resto de membros da plataforma en defensa do aforro público para decidir sobre este tema.

6- ACTOS DO 12-M.

Celine fala de convocar asembleas na praza convocando á radio/prensa, así como da importancia de facer debates nas asembleas (para elo, cada un dos asistentes podería preparar, en profundidade, un tema  para tratar).

Mari propón facer un cartel co seguinte lema “12-05-2012 Todos á rúa”. Este cartel podería estar visible durante as celebracións das asembleas semanais.

Idoia manifesta que non se deberían expoñer alternativas para non dar opción que se volvan en contra.

Maite propón facer un programa de temas a tratar nas asembleas.

Roberto propón como tema a debatir facer unha análise do libro de F.R. Mora “Sobre el 15M”

7-DATA DA PRÓXIMA ASEMBLEA

Será o xoves 15 de marzo do presente ano.

 

   

Os comentários estão desativados.