INDIGNADAS 15-M OURENSE CARA AO 8 DE MARZO

Dende o movemento de Indignadxs Acampada 15-M Ourense apoiamos o manifesto de Mulleres Galegas en Loita polos Nosos Dereitos na campaña Cara ó 8 de marzo porque sabemos da opresión que o patriarcado neoliberal está a infrinxir ao coxunto da humanidade, en particular a nós as  mulleres e nos negamos a aceptar unha sociedade na que os mercados sustitúan as persoas, na que os servizos públicos gratuítos se convirtan en nichos privados de mercado.

Coas Mulleres Galegas rexeitamos os recortes sociais, nos ámbitos asistenciais e de coidado que implican un deterioro na autonomía e liberdade da muller e exisimos a socialización de coidados e tarefas asistenciais.

Non toleramos o estado de confinamento do traballo da muller en tarefas invisibles temporais e precarias (22% menos de salario, 15’4% menso de prestación por paro, 38% menos de pensión).

Reclamamos o poder e a liberdade sobre o noso corpo. Non imos deixar que o neoliberalismo goberne a nosa forza produtiva e reprodutora.

Queremos un cambio de raíz no sistema que dé por abolida a lacra humana do patriarcado.

 

CONTRA OS RECORTES! CONTRA O SISTEMA CAPITALISTA E PATRIARCAL! PORQUE SE NOS TOCAN A UNHA,  TOCANNOS A TODAS

MANIFESTO DAS MULLERES GALEGAS EN LOITA POLOS NOSOS DEREITOS

Por todo isto, neste 8 de marzo, as mulleres feministas galegas en loita polos nososdereitos, ESIXIMOS:

– Medidas concretas e recursos públicos en todos os ámbitos para erradicar aviolencia machista (educativos, sanitarios, de información e de protección).

– Sanidade pública, universal e gratuíta de calidade, con atención especializada ásaúde das mulleres.

– Ensino público, gratuíto, non sexista, laico, de calidade e en galego.

– Prestacións sociais e pensións dignas. Establecer medidas de acción positivapara evitar as desigualdades no acceso e na contía das pensións, derivadas desituacións de discriminación.

– Medidas para equiparar os dereitos laborais e de protección social dastraballadoras do servizo doméstico cos demais réximes.

– Medidas que faciliten a regularización das persoas migrantes residentes e quegarantan a plena igualdade de dereitos co conxunto da poboación galega.

– Accións dirixidas a eliminar as desigualdades salariais, a temporalidade, aprecariedade dos traballos feminizados e a sobreexplotación das mulleres.

– Aplicación da Lei de titularidade compartida nas explotacións agrarias.

– Unha política laboral, agraria, alimentaria, fiscal e social en función dasnecesidades da cidadanía, que estableza medidas de acción positiva para poñerfin á discriminación das mulleres e que poña freo á emigración da mocidadegalega.- Servizos sociais públicos de calidade que dean cobertura ás necesidades decoidado de familiares e persoas a cargo.

– Medidas que permitan compatibilizar a vida persoal, familiar e laboral, tantoaos homes coma ás mulleres.

– Medidas urxentes para a creación e a estabilidade do emprego. Implantaciónde medidas dirixidas a eliminar a discriminación salarial das mulleres.

– Medidas que garantan unha vida plena para as persoas con diversidadefuncional.

– Dereito a gozarmos a nosa sexualidade, sexa cal for a nosa orientación sexual ea desenvolver un proxecto de vida en liberade e equidade.

– Respecto aos nosos dereitos sexuais e reprodutivos, que inclúe o control dosnosos corpos, garantindo o dereito ao aborto gratuíto na sanidade pública.

Domingo 11 de Marzo, sae á rúa connosco para berrar polos nosos dereitos!Participa na mobilización que sairá ás 12 horas da estación de tren de Compostela!

Os comentários estão desativados.