Comunicado Estudantes sen Futuro

Desde o movemento de Indignados Acampada 15-M e Democracia Real Xa Ourense, apoiamos o Manifesto de Estudantes sen Futuro de face á mobilización que realizan o día 29 de febreiro froito da convicción compartida de que a educación, xunto coa saúde, a vivenda, o traballo digno, o benestar, son bens en común, é dicir dereitos universais, inalienables.

Deste xeito, as privatizacións e fulminantes recortes nos servizos públicos en xeral e na educación en particular demostran que o obxectivo das elites políticas e económicas que hoxe gobernan o mundo non é soamente o de conseguir masas de estudantes e traballadores ?flexibles?, pouco cualificados, conformistas senón sobre todo, facer destes bens en común un negocio e da vida unha mercancía.

As ondas mercantilizadoras dos últimos anos contra a educación e a universidade concrétanse en reformas estruturais que teñen a súa orixe tanto no goberno español (bacharelato de tres anos, reforma das PAU) como desde Europa (Plan Bolonia, Estratexia Universidade 2015), e que afectan de cheo ás condicións de vida e de formación do estudiantado; precarizándolas e flexibilizándoas; a fin facelos ?rendibles? para a lóxica do Mercado e a súa hexemonía.

Por todo iso, hoxe reiteramos as nosas demandas que lograron mobilizar por centos de miles de persoas en España e a decenas de millóns no mundo ao longo do último ano:

  • ¡Non somos mercancías en mans de políticos e banqueiros!
  • ¡Esta crise é unha estafa!, e
  • ¡O cambio é global!

Á vez que unimos as nosas voces ás voces das compañeiras e compañeiros estudantes a quen se lles quere negar un futuro digno, e esiximos con elas e eles:

– Unha educación pública, gratuíta, laica e de calidade, ao servizo das maiorías e non dos mercados.

– Alto á represión policial e depuración de responsabilidades penais e políticas. Reivindicamos o noso dereito á liberdade de expresión e a ser críticos coa sociedade que nos rodea, polo que expresamos a nosa total solidariedade coas compañeiras e compañeiros agredidos recentemente en Valencia, e con todas aquelas persoas que sufriron e sofren a violencia institucional da Mercadocracia.

Pola defensa dos nosos bens en común. Contra o imperialismo dos mercados e a súa estratexia de privatización dos servizos públicos e mercantilización da vida, o mércores 29 de febreiro toma a rúa con nos polos nosos fillos e por un futuro máis digno e pleno para todas e todos.

 

   

 

Os comentários estão desativados.