Comezamos a asemblea ás 20’45 e acordamos tratar os seguintes temas:
1.- Acción pola banca pública do 25 de marzo
2.-Información sobre o foro ineracampadas de Chantada
3.- Análise da situación do movemento
4.- Manifestación global do 12 de maio
Que pasaron a tratarse nesta mesma orde.
1.- Despois de moito debater non quedou claro si se convoca manifestación ou concentración, en todo caso a decisión a tomar faríase máis adiante, cando contemos con máis datos.
O que si se acordou foi a realización dunha mesa redonda sobre o tema das finanzas éticas. A tal fin repartíronse as tarefas e así, para o tema das ponencias, Mayte encargaríase de contactar con Fiare, Sindicato Labrego e REAS, Diego e Idoia con Cop 57 e Roberto con Marcos; para conseguir local pensouse en que Mario podería pedir unha aula na Universidade (como non asiste, Celine encargaríase de pórse en contacto con el e comunicarllo). A data quedou fixada para o día 21 de marzo, mércores ás 20 h.
O tema da campaña de recollida de firmas, ao non haber contactado coa Plataforma pola defensa do aforro público, séguese a realizar e Roberto fai unha chamada ao compromiso de todxs nas accións de rúa que se fagan nos próximos días, el mesmo se compromete a pórse en contacto con Álvaro para fixar a data e o lugar ou lugares de entrega.
2.- Neste punto Xulio da lectura á acta do foro que está colgada en N-1.
3.- Para tratar este punto faise unha rolda de intervencións no que cada unx dxs asistentes expón o seu punto de vista que a continuación resumo.
Roberto segue a pedir compromiso co movemento.
Xulio bota en falta debate, reflexión e creatividade e considera que a nosa axenda non debería estar marcada polas mobilizacións dos diferentes colectivos en conflito.
Celine considera que máis que nunca debemos voltar a orixe do movemento e retomar os puntos que nos fixeron saír á rúa o 15 de maio pasado: Reclamar unha democracia real como única saída para frear a venda do país ao capital financeiro internacional, seguir denunciando a corrupción política e esixir a separación de poderes.
Idoia pensa que a nosas accións deberían estar encamiñadas á realización de actividades de información, formación e debate.
Mary pensa que si deberíamos facer activismo nas plataformas para levar alí a nosa mensaxe e abrir o movemento.
Martiño fai unha valoración positiva do acadado polo movemento xa que se conseguiu mover a axenda de partidos e sindicatos e crear un profundo debate dentro do PSOE.
Todxs xs asistentes coincidimos na necesidade de continuar co debate de análise e reflexión, considerando a necesidade de traer elaborados os temas, para facer a dinámica mais fluída.
Non se tratou o punto 4 debido ao tarde da hora e as 11’15 h deuse por rematada a sesión.