Dende a Asamblea cidadá ourensé acordouse suscribir e apoiar o movemento de mulleres galegas en loita.
Facémonos eco do seu chamamento y remitimos a información polo seu interese social. Podese obter mais información no Evento de facebook
Boas,Informamos do lanzamento da campaña nacional do 8 de marzo baixo o lema “MULLERES GALEGAS, EN LOITA POLOS NOSOS DEREITOS!”, convocada por diversos colectivos da Galiza (Andaina, CIG, CUT, Faraxa, FeminismosCompostela, Marcha Mundial das Mulleres, Nós Mesmas, Rede Feminista Galega, SLG, e STEG).
Nela explicaremos en que consiste a campaña a nivel comarcal e nacional, presentaremos o manifesto acordado e a mobiliazación prevista en Compostela para celebrar o día Internacinal das Mulleres, que terá lugar o domingo dia 11 de marzo en Santiago de Compostela. A presentación terá lugar en Santiago de Compostela o próximo martes 14 de febreiro, na libraría Lila de Lilith (rúa Travesa, 7) ás 12.00 horas da mañá. Gostaríanos moito contar coa vosa presenza. Animámosvos a coñecer, participar e difundir o evento. |