Despois da manifestación da Plataforma en defensa dos Servizos Públicos, fómonos achegando á Praza e a asemblea comezou ás 21h. Foi breve pero fructífera.
Acordouse falar de:
1.- Campaña Banca
2.- Comunicado de apoio a Valencia
3.- Comunicado de apoio ás Mulleres Galegas na campaña: Cara ó 8 de marzo.
4.- Foro Inter Acampadas
5.- Comunicación e medios de comunicación.
6.- Situación do movento.
E Acordouse:
1.- Trasladar ao foro interasembleas (En Chantada, este fin de semana) e á Plataforma en defensa do Aforro Público a urxencia de facer a entrega das firmas recollidas na campaña dado o devalar dos acontecementos e a imninente compra de Novagalicia Banco por o Banco de Santander.
2.- Subscribir o comunicado de apoio a Valencia publicado en Acampada de Santiago de Compostela, publicalo na web e darlle difusión.
3.- Elaborar un comunicado de apoio á campaña Cara o 8 de marzo das Mulleres Galegas, elaborao Celine, colgao nesta páxina para comentarios e precisións, para logo envialo a comunicación.
Falouse da reserva de prazas para ir a manifestación do 11 en Santiago. De momento apuntáronse 5 persoas e estamos en espera de máis para ter o número exacto e entregárllo á organización.
4. De Ourense asistirán ao Foro Inter Acampadas desta fin semana Roberto, Idoia e Diego
5.- Neste punto falouse da necesidade que ten o movemento de comunicar o seu sentido para saír ao paso das análises feitas por persoas que carecen absolutamente do coñecento so 15-M e mesmo carecen de conceptos para definilo, pero teñen o poder da palabra posta ao servizo de determinados intereses.
Roberto comentou que unha coñecida axencia de información rexeitoulle publicar a información sobre o Foro de Asembleas en Chantada.
6.- Fíxose un turno de intervencións e as conclusións da ánalise pódense reumir en:
a) O Movemento acusa o impacto causado polos medios de comunicación que tratan a toda costa de desprestixiar ao 15-M e que ante esto so nos queda a forza da transparencia, o pacifismo e a intelixencia colectiva para recordalles que a crise é global e o movemento hoxe tamén é global, que segue a haber corrupción, que a democracia ten facerse forte dende a base, que ten que haber unha separación clara de poderes.
b) Consideramos que o nacemento de Plataformas é un momento da loita cidadá pola reivindicacións dos seus lexítimos dereitos e movemento ten que estar nelas para seguir reivindicando a Praza como lugar de cohesión e debate fóra dos paraugas de partidos e sindicatos e humildemente (Mario) explicar o que somos.
Sen máis rematamos ás 10.