Acta da Asemblea do día xoves 16 de febreiro de 2012

Acta da Asemblea do día xoves 16 de febreiro 2012-02-17
Trampitán, 20:45 hrs.

Roberto expón unha serie de puntos que considera oportuno tratar na reunión, os cales abórdanse por orde de urxencia:


1. Mobilización sindical do domingo 19 de febreiro. Exponse a convocatoria por parte dos sindicatos maioritarios que sairán a protestar en contra da reforma laboral. Exponse o que se farán por parte de Acampada Sol (saír como bloque crítico) , exponse as opcións e debátese, longamente, sobre a conveniencia, viabilidade (or ser días de entroido) e modalidades de participar. Finalmente ACÓRDASE:
– Realizar un comunicado crítico coa actitude que tiveron estes sindicatos fronte ao goberno e chamando a unha concentración fronte á Subdelegación do goberno (Ricardo)
– Coordinarnos coa Asociación de Alumnos de Traballo Social, quen teñen pensado unha concentración de zombis para ese mesmo día e lugar (Maria)
– Crear un evento en FB con este motivo (Diego)
– Crear e levar unha pancarta esixindo a Folga Xeral Xa (Celine, Maria, Idolia? ?)
– Repor o megáfono extraviado e levalo (Celine)


2. Mobilización estudantil do 29 de febreiro
Mario expón brevemente a súa presenza na Asemblea de Estudantes sen futuro e informa da súa intención de facer unha mobilización estudantil. Acórdase:
Facer un comunicado convocado a sumarse a esta mobilización (Mario)


3. Coordinación con outros movementos cidadáns. (mareas)
– Marea Vermella (desempregados) acórdase facer un comunicado (Ricardo) chamando a sumarse á iniciativa desta marea en termos de convocar aos desempregados a manifestarse e organizarse todos os días 9 de cada mes fronte ás oficinas do INEM.
– Marea Violeta (movementos feministas en defensa das políticas de igualdade e os dereitos das mulleres) Celine expón o seu achegamento e apreciacións da asemblea convocada pola MMM de Ourese á instancias das mulleres do Sindicato Labrego Galego e a Rede Feminista coa consigna: CAMIÑANDO CARA O 8 DE MARZO, á que asistise o pasado 14 de febreiro e expón as diversas iniciativas que se teñen:
– 28f, Realización dunha mesa redonda no liceo coa participación da Plataforma pola Sanidade pública, Traballadorxs Sociais e unha persoa do STEG ( Sindicato de traballadorxs do Ensino Galego)
– 1ºM, Charla organizada por Amigos da terra co título: As Mulleres alimentan o mundo (data e hora por determinar) na que se tratarán contidos de Soberanía Alimentar.
– 8M, performance as 19 h para colgar poesías e pensamentos nas árbores do paseo.
– 11M, manifestación en Santiago, para a cal habería que informar sobre cantas persoas asisten e pagar 7 € por persoa se se fai uso dos autobuses que alugará a organización. Debátese sobre os colectivos presentes na reunión da marea violeta e se confrontan posturas distintas achega do feminismo e os feminismos, sen chegarse a ningún acordo.

Ás 22:30 hrs, pola falta de quórum debido a que varios dos asistentes deben de marcharse dáse por terminada a Asemblea.

 

   

Os comentários estão desativados.