Reunión polo aforro público. Acta

HORA E SITIO DE EN CONTRO:11/02/12

Según acta da reunión do día 14 de xaneiro(última reunión) punto de encontro facultade de farmacia

lugar da reunión casa do vento.

Finalmente o punto do encontro e a reunión faise no local de Panxea (rúa da Rosa 36)

ASISTENTES:

Cop 57;attac; mesas pola converxencia;Asambleas 15m (Vigo, coruña,Lugo,Vilagarcía,Compostela,a Mariña,Ourense.

 

OPINIÓN PARTICULAR:

No correo de google grups cambiase o punto de en contro para reunirse en Panxea,que na acta do día 14 de xaneiro era na facultade de farmacia,e dado que non todos puideron accerde ese correo os da asamblea do Morrazo dirixironse a casa do vento que fora onde se quedara para reunirse,perden- do parte da reuión por non deixar ningunha nota de aviso na casa do vento.

Eu manifestei o meu total desacordo coa falta de coidado con un tema tan serio como é iste si temos en conta que hai xente que se desplaza de moi lonxe.Deberiase ter esperado no punto de encontro prevendo que alguén non se enterase do cambio.Xa pasou mási veces,non é serio.

notouse certa presa en rematar a reunión pois o local pechaba ás 14:00;penso que nunha reunión diste tipo non se debe estar condicionado por un horaio tan rixido pois faltou media hora para rematar puntos que o meu modo de ver era importante traer zanxados.

A miña valoración desta xuntanza é non máis de aceptable;pero tendo en conta que son moitas e normal que non todas sain ben.

 

PUNTOS TRATADOS:

 

Valoración da accíón do día 9: en xeral participación escasa , salvo vigo que se xuntaron 500 persoas; moitas eran afectadas polas preferentes de toda a comarca,tiveron momentos de tensión coa policia.

Lugo o seu representante (Alvaro)fai notar que practicamente se ocupou il só do tema da difusión e da organización ainda que logo xuntouse xente da asamblea e recollerón firmas.

Opinión xeral ainda que escasa participación,cumpliu o seu obxetivo de axudar a centrar o foco no tema da banca e as caixas.

No tema das preferentes varios comentan que se acercou xente a informarse e tratouse a idea de recoller datos e intentar contactalos entre iles.Morrazo observa que alí parece haber unha palataforam que tenta facer frente niste tema. ComeNtaronlle que se sumase a nos e seica notaron reticencias,pois eles solo lles interesa o seu tema.Todos coincidimos en que e un erro pois sumandose farian máis forza e o fin o das preferntes non deixa de ser unha pinga no tellado da banca que ten que ser refoRmado..a pinga dos deshaucios a das preferntes etc.Ainda así Morrazo tentará buscar sinerxias entre iles e deixanos contacto para informar os afectados de Ourense.

Miguel quinteiro de COO 57 pasaranos información máis concreta das preferentes.

 

actividades e movilizacións:

logo dun debate,nesta ocasion un pouco redundante en puntos acordados en xuntanzas anteriores, e na miña opinión non moi rendable;acordase seguir coas actuacións locais en función das posiblidades de cada vila seguese de acordo coa movilización do día 25 de marzo por vilas e co lema por unha banca pública.

Por falla de fechas (posibles) para reunirse antes do 25 de marzo ,invitase os diferentes membros da plataforma a asistir o foro de asambleas do día 25 de febreiro en Chantada que servirá para perfilar algúns puntos que non se pecharon ,por ter que cerrar o local (Panxea) onde nos encontrabamos.

Falase da marea violeta,marea roxa, e a accón de drx o día 24 e si nos sumamos. Comentase a importancia de seguir con este tipo de activismo e de facelo en función das posibilidades de cada cidade.

A opinión xeral e que non se percibe o ambiente preciso para facer unha manifestación unica en Compostela

paxina web da plataforama:

parece que compostela irá aportando información a esta web(“incluidas os lugares de reuníón”) para ter un sitio onde buscar información actualizada.Deberase concretar mellor ese tema poois non quedou ben zanxado falla de tempo.

fecha de entrega das firmas:

vertense duas opinións moi marcadas,unha e facer a entrega todas as firmas xuntas con difusión mediática nuha soia vez, e a outra facer varias entregas en diferentes veces con difusión mediática.

Non conseguimos chegar a un acordo por falla de tempo,tentarase decidilo no foro xa que asistirá a plataforma.

Contactos co resto do estado:

Compostela comunicase con varios sitios do estado e resumirá as actuaciós que levamos feito e as propostas que temos para comunicarllas.

 

   

Os comentários estão desativados.