Acta asemblea 25 de xaneiro

O día 25 de xaneiro de 20012 ás 8’30 da tarde no Trampitán ten lugar a asemblea do movemento 15 M Ourense cos seguintes puntos da orde do día:

1.- Campaña de recollida de firmas da campaña Caixas Galegas.

2.- Stop desahucios.

3.- Manifestación contra a Icineradora do Irixo.

4.- Rogos e preguntas.

Que se pasaron a tratar como, en sintese, a continuación se descrebe:

1.- Faise unha valoración positiva das recollidas que dende hai unhas semanas se veñen realizando e se fai unha nova convocatoria para seguir recollendo o luns ás 18’30 fronte ao Telepizza do barrio do Couto.

2.- Neste punto Oscar Pinal informa do caso do desfiuzamento a Beatriz, no Concello do Pereiro.

Ante esta situación e as similares que podan xudir na nosa provincia, faise unha rolda de intervencións ao redor da pregunta: ¿Que podemos aportar a este problema dende o movento?

Despois de escoitar varias opinións e debatilas se consensúa:

– Facer unha pequena campaña para informar a cidadanía consistente en elaborar uns pasquíns nos que en esencia figure unteléfono de contacto e un e-mail, para que os posibles afectados e cidadanía interesada se poda por en contacto con nós e entre elxs. A tal efecto Oscar préstase a ceder un nº de teléfono e a crear unha conta de correo, e Idoia a elaborar os pasquíns co compromiso de que estarán a punto para levalos o domingo a manifestación do Carballiño.

Tamén hai un compromiso de repartilos tamén aproveitando a recollida de firmas.

– Prestar o noso apoio incondicional a Beatriz, falar con ela para a realización das accións que se consideren oportunas e darllela máxima difusión ao seu caso.

– Porse en contacto co alcalde de Castrelo do Miño, concello que se pronunciou en favor da dación por impago e establecer contactos co Concello de Ourense para que se posicione fronte ao tema.

3.- Respecto este tema consensúase acudir a manifestación convocada para o domingo ás 12’30 no Carballiño contra aIncineradora do Irixo. Para acudir establécense dúas citas: Ás 11 na Praza de abastos na que haberá dous coches particulares, para a xente que non teña medio de transporte e outra ás 12 na “Pista Roxa” (parquing do Carballiño). Ricardo levará o “trapo” e unha pequena pancarta.

Neste punto e ante a posiblidade de recoller firmas para a campaña das Caixas, consensúase que non se recollerán durante a manifestación, xa que xs convocantes recollerán para si, pero ao final da manifestación intentarse facer recollida.

4.- Non hai rogos e preguntas.

Sen máis asuntos que tratar, rémata a asemblea ás 22`30.

 

   

Os comentários estão desativados.