Charla informativa sobre incineracion de residuos

A INCINERACIÓN DE RESIDUOS:

Efectos sobre a saúde e o medio ambie

Charla de información e debate

Xoves 26 de xaneiro ás 8 da tarde no Centro Cívico do barrio de A Ponte (Rúa Euloxio Gómez Franqueira)

Intervén: Fins Eirexas, xeólogo

Qué leva consigo a instalación dunha Incineradora?

  1. Queimar materiais tóxicos como plásticos, pinturas, produtos derivados do téxtil, disolventes… A combustión destes materiais emite dioxinas e gases moi contaminantes, en moitos casos de efectos canceríxenos.
  2. O lixo débese reducir, reutilizar, recuperar e reciclar. Están a cobrarnos impostos por reciclar para logo xuntar todo o que separamos e queimalo. A Xunta minte e estáfanos cos nosos tributos.
  3. A incineración contamina os cultivos, o ar, as augas, os animais, e en definitiva, a saúde. Vivimos nun medio rural con aceptábel calidade ambiental, cultural e social. Non queremos contaminación a cambio de empregos precarios que poñen en perigo a nosa saúde.

A Saúde non se vende

A Saúde non se merca

 

   

 

Os comentários estão desativados.