Acta da Asemblea do 15M Ourense – 11 – 1 – 2012

Acta da Asemblea do 15M Ourense  – 11 – 1 – 2012

1-Reunión da Plataforma de Defensa do Aforro Público

2-Mesa informativa

3- Apoio á Plataforma en contra da incineradora en O Irixo

1. O 15M estará presente na reunión da Plataforma Galega en Defensa do Aforro Público que se celebrará en Santiago de Compostela o 14 de xaneiro de 2012. Defenderase o apoio á convocatoria unitaria dunha concentración/manifestación nesa mesma cidade durante o primeiro trimestre do presente ano. Tamén se lanzará a proposta de preparar unha nota de prensa que reflexe a postura do 15M Galicia para ser emitida no momento en que se produza a posible absorción de NG Banco por parte doutra entidade financeira. Esta postura pasaría tanto pola denuncia da actual sitación de expolio no sistema financeiro galego, como polo plantexamento de alternativas que promovan iniciativas de aforro público como sería a creación dunha Banca Pública ao servizo dos intereses dos cidadáns e dos sectores produtivos.

2. O domingo 15 de xaneiro instalarase novamente unha mesa informativa na rúa do Paseo de Ourense a partires das 12:30 para continuar coa campaña informativa e de recollida de sinaturas para dirixir á fiscalía e solicitarlle que inicie investigación ante os posibles delitos que se derivan da xestión das Caixas Galegas nos últimos anos.

3. O 15M de Ourense manifesta o seu apoio total á Plataforma en contra da instalación dunha incineradora de lixo no Concello do Irixo. Asimesmo acudirá á manifestación convocada para o día 29 deste mes na vila do Carballiño, ás 12:30 na Praza do Concello.

 

   

Os comentários estão desativados.