Caixas de Aforro de Galicia

As centenarias Caixas de Aforro de Galicia con 7000 empregados e 1100 oficinas, hai dous anos tiñan 75000 millóns de euros en activo e hoxe só valen 181 millóns, e dicir o 0’25%.

Que pasou con esa cantidade enorme de diñeiro que se esfumou?

Quen é o responsable?

Que está pasando?

 Nos últimos 20 anos unhas cúpulas directivas de directivos ladróns e os seus parentes e amigos, adicarónse a saquear e a especular con ese diñeiro e co enorme poder que iso lles daba.

 Que fixeron?

 1.- Saír da súa zona de traballo natural, Galicia, abrindo 300 sucursaís por o resto de España e 18 no extranxeiro!

2.- Meterse de cheo na especulación en bolsa, no ladrillo e o seu urbanismo depredador, en obras faraónicas e nos caprichos dos políticos.

3.- Abandoar a súa histórica dedicación á vivenda de Proteción Oficial e préstamo a particulares, familias e PYMES; os préstamos a empresas sempre estaban mediatizados polas súas corruptelas caciquís.

4.- Todo iso producíu enormes crecimentos nos seus balances, pero todo con pés de barro, que se afundiu coa crise.

5.- Os 200 directivos das Caixas esqueceron que eran empregados e administradores do diñeiro doutro, e se comportaron coma propietarios ricos e déspotas ( retribuccións millonarias, contratos blindados, fondos de pensións milmillorarias, etc…) concedendo préstamos privilexiados a familiares, amigos ou a eles mesmos para gastos suntuarios, mansións, becas, etc.

 Actualmente a tan cacarexada fusión das Caixas Galegas convertiuse nun grande desastre para a xente de Galicia que lles confiaba os seus aforros. Convertíronse nun Banco intervido polo Estado   (que ten o 93% do seu patrimonio) que aportou 3600 millóns  euros de todxs os españxs para o seu saneamento, pero que pronto venderán ao mellor postor (seguramente os dous grandes bancos españois)

Unha panda de avariciosos e ladrons galegos, botaron a pique máis de 100 anos de esforzos e pequenos aforros.

Eses directivos, administradores e conselleiros, deberán ser investigados, procesados e xulgados como responsables deste saqueo e desastre.

A Xunta de Galicia é responsable por ter deixado actuar impunemente, e enganándonos, ultimamente, con que a fusión era unha gran solución.

O Banco de España non supervisou, que era a súa obriga, para frenar a terrible especulación; en cambio adicouse a dar consellos, que ningúen lle pedía, para abaratar o despido.

Os partidos galegos e sindicatos non se atreveron a pedir contas nunca e calaron ante os poderosos directores e conselleiros, hoxe fuxidos con milmillonarias compesacións e xubilacións.

 Porque esta loita?

PARA CONSEGUIR ENXUICIAR E RESPONSABILIZAR PLENAMENTE A ESAS CÚPULAS DIRECTIVAS.

TEMOS 5 ANOS DE INTERVENCIÓN ESTATAL DAS CAIXAS BAIXO O NOME DE NOVAGALICIA BANCO. NESE TEMPO HAI QUE LOGRAR QUE NON SE PRIVATICE E VOLTE A FUNCIONAR COMA UNHA CAIXA OU COMA UN BANCO PÚBLICO.

 

Os comentários estão desativados.