Consumo responsable, este nadal e tódolos días

Consideramos que o impacto medioambiental xenerado polo consumo está afectando á degradación de todo o planeta. A destrucción dos ecosistemas coa pérdida da biodiversidade, a introducción de organismos modificados xeneticamente na agricultura, a xestión da auga e a contaminación química, radiactiva e electromágnetica , están a provocar cambios persistentes e, en moitos casos,  irreversibles nas nosas relacións co medio natural e agudizan a inxusticia social e a fenda entre Norte e Sur.

Ante esta situación é necesario por en marcha un modelo socioeconómico baseado no uso racional dos recursos e igual reparto dos mesmos entre os habitantes do planeta, con propostas que nos alonxen do consumismo e da pegada de destrucción que deixa trás de si e que manteña un escenario de calidade de vida que poda ser dixado en herdanza ás futuras xeneracións que habitarán a Terra.

Por iso queremos facer unha chamada á toma de consciencia de que o cambio nos nosos hábitos diarios de consumo, son imprescindibles para acadar un mundo máis habitable.

Apostamos por un consumo responsable e ético que respecte os valores de solidariedade do planeta a través da xusticia social  e a conservación do medio. E propoñemos que nestas festas, consumistas por definición, se teñan en contan criterios ecoloxistas, sustentables e de comercio xusto á hora de facer as compras. Que se respecten as seis erres: Repensar, reestructurar, reducir, reutilizar, reciclar, redistribuir. Que se pense en favorecer ao comercio local fronte ao transnacional. Que non se consuman produtos froito da explotación laboral,e se aposte polos   que teñen a súa orixe na economía produtiva e non especulativa, que crean postos de traballo, que apoian a pequenos produtores, e que teñen un impacto social positivo.

E para afondar un pouco máis nesta visión do Consumo Responsable, aquí deixo estes enlaces que poden valer para informarnos e dotarnos de argumentos en favor dun mundo mellor e máis xusto.

 

Podedes consultar o hilo deste tema de maneira interactiva a través do facebook  no seguinte LINK e aportar novos enlaces que se sumarán a este blogue.
Gracias pola colaboración
 

Os comentários estão desativados.