Acta da Asemblea celebrada na Praza Maior o luns 14 de novembro de 2011.

Orde do día:
O único punto a tratar é fixar o calendario de accións da semana do 14 ao 19 deste mes.
Despois dun breve debate e tendo en conta o factor tempo, medios e persoas no contexto do movemento na cidade, pensamos centrarnos en dúas accións: A do día 17 coa charla de Mario e a do día 19 coa xornada de reflexión.
  1. Para o día 17: Magos propón que xunto con Mario, interveña tamén Rober. A intervención de Rober levaría por título: “Elementos clave dun sistema electoral”. Aínda que hai discrepancia en determinados aspectos dos discursos que presentan cada un dos poñentes (democracia participativa/representativa) hai CONSENSO en que os dous participen. Respecto a esta acción xa están os carteis e os trípticos en Acero Plus para que cada quen vaia a por eles e os distribúa na medida das súas posibilidades. Se comenta que es mesmo día esta convocada unha xornada de loita na Universidade e se propón establecer contacto con Estudantes sen Futuro para invitalos a este acto.
  2. Para o día 19: Idoia lee o programa de actos que para o 19 elaborou o 15 M de Santiago e decídese adaptalo ás nosas posibilidades quedando, de momento, como se describe a continuación:
  • 12 h.- Charla coloquio (sería a mesma do 17 deixando máis tempo para micro aberto)
  • 14 h.- Comida Pícnic na Praza Cada quen traería a súa comida e se compartiría. 
  • 16 h.- Rí do sistema: Concurso de chistes con contido político-satírico do sistema actual
  • 17 h.- Lecturas e recitados de textos que faciliten a reflexión. 
  • 18 h.- Minuto de ruído
  • 18’3 h.- Liturxia reflexiva con velas e lectura do manifesto.

Considérase que este programa é un esbozo a perfilar e encher de contido nas sucesivas reunións, polo que se fai unha chamada a toda a xente que queira participar a que aporte suxerencias e contidos.
Todo o acto celebrarase con megáfono/s.

Quedouse en convocar aos medios para facer unha rolda de prensa o mércores na que se lerá o comunicado de Santiago e o programa de actividades. Estarán encargados de atender aos medios Roberto e Magos.
Idoia comprometeuse a facer cartel co programa do 19 e envialo a Acero Plus, a ver si mañá xa se pode recoller e se pode chegar a Praza con el para facer unha pegada conxunta cos dous ( O da Conferencia de Mario e Rober e o do 19 )
Tamén se pensou nas necesidades para o acto do 19: Velas, pilas para o megáfono, textos e poemas, artiluxios para facer ruído…
En outra orde de cousas, Idoia comentou que no foro de acampadas celebrado en Vigo se dixo que os de Cash de Madrid veñen a Pontevedra a falar da plataforma contra o copago da Seguridade Social e que sería interesante contactar con eles, para que aproveitando a viaxe fagan bolo tamén por Ourense. Encárgase Celine de contactar.
Tamén se informa de que Mayte chamou para comentar que non pode asistir pero que está traballando nos textos de Roberto sobre o tema da bancarización das Caixas.
Sen máis levántase a sesión ás 21’30 h.

 

 

   

Os comentários estão desativados.