Xa que tan amablemente as xuntas electorais proveennos dunha xornada de reflexión, ¿que tal se reflexionamos tod@s xunt@s?
Dende o 15M de Ourense convocamos á cidadanía a unha xornada de reflexión colectiva o vindeiro sábado 19 de novembro.
Os poderes que nos meteron nesta crise e que se negan a toma de decisions realistas a prol dun sistema máis xusto e representativo, son os mesmos que buscan lexitimarse no estado español o próximo 20 de novembro. Dende este movemento apartidista non nos posicionamos cara a elección de ningún candidato. Soamente invitamos á reflexión crítica acerca da nosa clase política e do noso sistema supostamente democrático.
A democracia somos nós e como colectivo cidadán queremos convertir a xornada do 19N nunha festa da liberdade de ideas e ideoloxías, onde tod@s tomemos conciencia das alternativas ó actual modelo de relacións económicas, políticas e sociais.
Porque soamente a través do intercambio colectivo de ideas acadaremos un sistema onde as voces dos cidadáns e das cidadás sexan por fin escoitadas e representadas.
A DEMOCRACIA SOMOS NOS, O 19N ¿REFLEXIONAMOS?
- 12:00h Charla Coloquio e micro aberto
- 14:00h Xantar popular compartido. Cada quen trae a súa comida e compartirémola.
- 16:00h Rí do Sistema. Sesión de humor satírico sobre o sistema actual.
- 17:00h Recitado de citas ao redor da reflexión.
- 18:00h Minuto de ruído.
- 18:03h Sesión de reflexión e lectura de manifesto.