WE ARE ONE

Hoxe 11- 11-11, aquí e agora acudimos á chamada que chega dende o outro lado do océano e dende alí nos di:

 

WE ARE ONE

Todos e todas somos un, 

somos unha.

 

Para democratizar a democracia e crear unha nova cultura, unha nova vida baseada no consumo responsable e sostible.

 

Somos un

Somos unha

 

Para evitar a concentración do poder en mans duns poucos e reclamar a nosa soberanía.

 

Para acelerar os cambios do noso planeta coa revolución mundial pacífica.

 

Estamos aquí pola paz no mundo enteiro e polo amor, que é a liga que une á humanidade.

 

Para dar fe de que esta transición que estamos vivindo, está sendo o máis amónica posible, porque armoniza coa Nai Terra.

 

E aquí e agora elevamos a luz e a vibración do planeta e axudamos a ancorar esta nova enerxía, asumindo o noso compromiso como seres humanos ante o cosmos, mantendo a dirección indicada pola voz do corazón e manifestando o que  somos, facendo o que realmente vimos a facer.

 

Estamos aquí para que a información, que nos axuda a medrar, non sexa destruída e que a comunicación flúa, para que cada vez sexamos quen de organizarnos mellor.

 

Xa caeron as vendas que nos cegaban e se derruban as barreiras que nos limitaban.

 

Que a luz ilumine a mentira!  Que a evolución humana consiga un mundo mellor e digno de ser vivido!

 

E dende o chakra do corazón unificamos os corazóns de toda a familia planetaria coa luz en todos os seus planos e manifestacións.

 

SOMOS CONSCIENCIA COLECTIVA

SOMOS AMOR

SOMOS LUZ

 

OCUPEMOS AS RÚAS

OCUPEMOS O MUNDO!!!


Os comentários estão desativados.