Manifestación LUME NUNCA MAIS

LUME NUNCA MÁIS: MANIFESTACIÓN EN OURENSE
  22DE OUTUBRO EN OURENSE

A PLATAFORMA CIDADÁ EN DEFENSA DO MONTE GALEGO convoca a toda a cidadanía galega á unha manifestación que terá lugar o vindeiro sábado 22 de outubro na cidade de Ourense ás 19:00 h para reclamar unha nova política forestal de prevención e loita contra os incendios que están a arrasar o monte galego. A saída terá lugar dende o Parque de San Lázaro para rematar na Praza Maior, onde se dará lectura ao manifesto.

Baixo o lema LUME NUNCA MÁIS. O NOSO MONTE IMPORTA, os diferentes colectivos e cidadás que conforman esta plataforma fan unha chamada ás institucións e á sociedade civil galega para que tomen conciencia das medidas urxentes que o comité reclama no documento de BASES EN DEFENSA DO MONTE GALEGO que se lerá durante a rolda.

Para presentar a convocatoria, as razóns e as propostas da Plataforma Cidadá en Defensa do Monte Galego, así como os últimos informes sobre a catástrofe dos incendios no noso país, estarán presentes na rolda de prensa: Xosé Santos, axente forestal e Daniel Conde do 15M de Ourense.

DATA DA ROLDA: VENRES, 21 OUTUBRO
HORA: 12:00
LUGAR: Praza Maior de Ourense
ASUNTO: Manifestación do sábado

 

   


Os comentários estão desativados.