Comunicado de rexeitamento das agresións acontecidas en Madrid o 17 e 18 de agosto

Ante os acontecementos que tiveron lugar a noite do 17 ó 18 de agosto na Porta do Sol en Madrid, o movemento 15M de Ourense (#acampadaourense) maniféstase profundamente en contra da carga policial que os manifestantes sufriron no exercizo do seu dereito á protesta. Unha actuación totalmente desproporcionada e co único obxectivo de coartar a liberdade de expresión da poboación, farta de abusos por parte dos poderes establecidos.

Así mesmo, tamén consideramos que as causas que levaron a este grupo de cidadáns a manifestarse son totalmente lexitimas e que, como esta asemblea manifestou o día 11 desde mes, subscribíndose ó manifesto da plataforma laicismo.org, estamos profundamente en contra de que se malgasten fondos públicos en celebracións relixiosas de calquera credo.

Esperamos que tanto unha situación, a carga policial desproporcionada, coma a outra, o desafortunado patrocinio e derroche económico do estado ás actividades relixiosas, rematen definitivamente e que as rúas se convertan en espazos de convivencia para todas e todos os cidadáns.

Os comentários estão desativados.