Informe das actuacions realizadas no Twitter
Hola Compañeiros son Nolas C. e hai dúas semanas que comecei a colaborar encargádome de xestionar a conta de AcampadaOurerense no Twitter.
Dicirvos que non sei se o seguistes un pouco ou o seguides, pero dicirvos que a experiencia está a ser moi positiva. A cousa fluctúa cada día (os tuit van a mil e hai moita xente traballando, moita información na rede, xa sabedes), pero hoxe pola mañá 17 agosto temos 1.240 seguidores, uns poucos máis que hai 15 días e cada día súmase máis xente que nos manda mensaxes de ánimo. É moi gratificante.
Eu o que intento facer é seguir aos que nos siguen e basicamente retuitear (reenviar a todos os nosos seguidores) a infomación que chega desde practicamente todas as acampadas españolas( desde Sol, Norte e Sur) e tamén algunas estranxeiras, como a de París.
A relación con algunhas acampadas como a de Málaga, Almería, Donosti as Palmas está sendo moi boa, intento apoiar as causas nas que nos piden que colaboremos e que por suposto creo que son moi xustas. Eles a verdade é que din que están encantados de que lles axudemos a difundir as súas mensaxes e eles tamén as nosas. O certo é que a relación flúe e pódese dicir que estamos ben conectados co resto do movemento 15M.
Por resumirvos un pouco algúns temas sobres os que se estivo falando este días:
-As revoltas de Londres, a marchaindignada a Bruxelas, marchadameseta, os desahucios, en concreto o previsto para Puerta del Hierro en Madrid…
– Estes días estiven moi activa teño que dicilo apoiando a causa de Bouziane promovida desde Málaga e Almería, (mándovos información, por favor mirádea) pedían 5.000 sinaturas para conseguir que non o repatríen e en 3 días xa tiñamos as sinaturas, a ver agora que pasa, continúa o trámite.
- Tamén intento colgar temas de información xeral á que penso que non debemos ser alleos como a #Vergonzantehambruna en Somalia, que está aí, ainda que moitas veces se nos esqueza porque non o vemos. Noticias de última hora e cousas relacionados con Galicia como o tema dos incendios (que especialmente como xornalista me ten moi indignada)
- Por suposto os temas económicos que ocupan moito espazo na rede. Mercados, Prima de Risco, tasa Tobin, Xuros, recurtes sociais, recurtes en xeral como o tema dos concellos e as Diputacións (que ben podían desaparecer xa)
En fin un montón de cousas, pero quero que saibades que eu intento sempre mirar e ler a información antes de colgala ou retuiteala, algo que dá choio, pero polo dagora non tiven problemas. (deformación ou fomación profesional non sei)
Ah, que me esquecía Importante … tuiteo tamén anunciando as cousas e actividades que se programan en AcampadaOurense e os temas nos que se está a traballar. Hora da asamblea e dos grupos de traballo.
Non sei, gustáriame que me derades a vosa opinión (algún xa ma destes e moi ben, jeje) e que me desedes ideas para colgar e mellorar a información que ofrecemos. Eu como non teño facebook, nin quero telo, miro a páxina do blog e vou colgando as actas. Se hai salgo por favor avisade!!
Agora mesmo xa non se me ocurre nada máis. Que saibades que se alguén pode colaborar tamén estaría ben. É moi fácil e divertido e coidado, engancha!!
Nada máis ata a vindeira semana non podo pasarme pola Plaza por iso quería contarvos un pouco, para tervos informados. Pero para calquera cousa que precisedes aquí estou, bueno no Twitter, je,je
Saúdos Nolas C.